martes, octubre 13, 2009

DESPREZO DOS GALEGOS NA LITERATURA CASTELÁ (1ª PARTE)


DESPREZO DOS GALEGOS NA LITERATURA CASTELÁ (1ª PARTE),
Por Xabier Lago Mestre, Fala Ceibe do Bierzo.



O pobo galego foi obxecto dun proceso secular de desprestixio etno-cultural por parte da cultura rival de Castela. O poder cultural tratou de asoballar a cultura e a lingua galegas porque éstas cuestionaban coa súa existencia a unidade da patria. A lingua castelá tiña o privilexio do control ideolóxico e social na Coroa de Castela. Tomamos pois os exemplos que nos proporcionan os escritores casteláns, principalmente do Século de Ouro español, para demostrar a proceso de desprestixio dos galegos e das galegas, e da súa cultura minorizada.


Lope de Vega recolle na súa obra que “Gallegos. Gente non sancta./ Esto el vulgo que los nobles/ es de lo mejor de España”. Recordemos que foi secretario do Conde de Monterrei e camareiro do Marqués de Sarria, por iso cóidase de criticar á nobreza galega, para a cal traballou. Do mesmo autor temos, “Galicia, nunca fértil de poetas/ mas si de casas nobles,/ ilustres capitanes y letrados”. Algo tería que ver nisto último da falta de literatos galegos que a súa poboación tivese que expresarse por escrito nunha lingua allea, a castelá. Noutro lugar Lope comenta que “Hay gallega, rolliza como un nabo/ entre puerca y mujer, que baja al río/ y lava más gualdrapas que un esclavo/ cantando como un carro en el estío”. As galegas que ían a servir á capital da Corte non eran santo da súa devoción. O mesmo acontecía cos criados, “Porque han de ser los criados/ (salvo en todo los gallegos)/ obedientes como ciegos, y, como mudos, callados”.


A obra de Lope amosa como os galegos, ante tanto desprezo castelá, intentan facerse pasar por portugueses, xa que a lingua lusa goza de máis prestixio cá galega. Vexamos pois un curto diálogo entre personaxes. “ANG.- ¿De donde sois?/ DL.- Soy gallego/ CAR.- Y yo, hablando con perdón. / ANG.- Por cierto, buena nación./ DL.- Jamás yo mi patria niego./ Galicia es mi natural./ ANG.- Pues es no poco maravilla;/ que el gallego acá en Castilla/dice que es de Portugal”. O escritor teatral Tirso de Molina, na súa obra “La gallega Mari-Hernández” tamén teima na semellanza entre os dous idiomas, galego e portugués, “No dice mal el portugués lenguaje/ Pues se distingue poco/ De la lengua gallega”.


O poeta Francisco de Quevedo apoia esta esta estratexia antigalega no seu romance “Instrucción y documentos para el noviciado”, no cal inclúe “Con un cuerto de turrón/ y con agua y con gragea,/ goza un Píramo barata/ Cualquier Tisbe Gallega (…)”. Clara referencia ás criadas galegas, das cales os satíricos ríanse delas por sucias e estúpidas. O outro romance “Hero y Leandro en paños menores”, contén “Corita en cogote,/ y Gallega en ancas;/ Gran mujer de pullas/ para los que pasan (…)”. Novo exemplo da burla pola fealdade das galegas. En fin, o Quevedo aproveitouse das desgrazas galegas para provocar a risa fácil e sen xeito.


Vemos pois como a muller galega é obxectivo predilecto dos soeces escritores casteláns. Por suposto, que as criadas galegas non estaban para presumir e lucirse aos ollos destes machistas da literatura do Século de Ouro. A esta dinámica antigalega tamén se apunta Jaime Orts, en 1594, “Bien es que seas gallega/ Como sardina arencada…/ Y tienes tan grande gala/ En el mal, que no se iguala/ Ninguna en tus malas tretas”. Pola outra parte, O Quijote de Avellaneda recolle “No le faltará una moza gallega que le quite los zapatos, que aunque tiene las tetas grandes, es ya cerrada de años, y como vuesa merced no cierre la bolsa, no haya miedo que cierre los brazos”. O fácil é a xeneralización, mediante os peores males sociais, o difícil é a matización dos colectivos etno-culturais.


O Bierzo, outubro de 2009.

http://www.blogoteca.com/obierzoxa
http://www.ciberirmandade.org/falaceive
http://www.partidodelbierzo.com/

0 Comments:

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home