domingo, mayo 29, 2011

A TOPONIMIA DA CONTORNA DE CASTROPETRE.




A TOPONIMIA DA CONTORNA DE CASTROPETRE
(POBLACIÓN DO CONCELLO DE OENCIA),
Por Xabier Lago Mestre, do colectivo Fala Ceibe do Bierzo.






Principiamos unha serie de artigos sobre a toponimia local da rexión do Bierzo. Nos casos de castelanización da toponimia daremos preferencia á lingua territorial galega. Fixamos hoxe a nosa atención na contorna de Castropetre, pertencente ao concello de Oencia, no noroeste, lindando coa bisbarra de Valdeorras, preto de Ourelo. Castropetre está xunta a estrada que vai de Oencia a Sobrado.





TOPONIMIA AO SUR.
Pena Gafarreira (814 m.) que divide os cavorcos de Verdeal (leste) e dos Oirais (oeste). Las palabras galegas cavorcos aparecen con b nos mapas toponímicos casteláns.
Xa nos lindeiros coa provincia de Ourense temos Aira de Lobos (leste), Salto do Gato e Campo do Capador (oeste), con claras referencias a animais salvaxes da zona.




TOPONIMIA DO NORTE.
No territorio norte conseguimos máis topónimos que na devandita zona sur.
Ao redor do pobo temos Souto, por mor dos abundantes castiñeiros, Airiña e Fonte. Castropetre sempre tivo sona polas súas boas augas curadeiras.
Pasando o río Selmo, xorde Maitei, e subindo, Calandros e Agar.
Terras para riba da montaña, temos O Seixón das Uces (combustible vexetal de tantos fogares bercianos), Silvaredo e, máis no alto, Valdemadeiro (subministrador de madeira).




TOPONIMIA PARA O LESTE.
En dirección para Sobrado distinguimos, á dereita do río Selmo, Xardoal, Asadeira, A Pena, Coba (por cobado do revirado río ou cova) e Chao de Moín (referencia a outro muíño rural). Pola esquerda xorden Calandros, Treitoiro, Encinas de Cubilledo e Castrillois.
Saíndo pola estrada de San Tirso, á dereita, amósase a Pena do Seixo (referencia a pedras de cuarzo), e para enriba Sucabeza (992 metros). Voltamos para a outra estrada cara a Sobrado e destacamos Ladeira dos Domingos e Antolín.
Outros topónimos máis para o río Selmo son A Trapa, A Pegada, Cubilledo, Chao de Sio, Valdepedriñas, Lamazais (monte utilidade pública, 857), Carba da Rodeira, Antefreita, As Castañais, Valiña Longa, regato Valdemesme, Roxadeira…




TOPONIMIA AO OESTE.
Saíndo de Castropetre, en dirección para a capital do concello de Oencia, seguimos o curso natural do río Selmo, agora augas enriba. Atopamos á esquerda del, Souto, Ladeira, Baboeira (da nome ao regato, val e fonte), Focaros (monte de utilidade pública 857), Xeixón e maila Ferraría (castelanizado en Herrería). Pola outra banda, á dereita, o dito Maitei, Viña, Abreiral e Raguas. Nesta banda, na ladeira da montaña, están Agar, Silvaredo, Teso Silvaredo, e máis enriba, O Seixón das Uces e O Seixón do Pan, clara referencia á searas ou bouzas de centeo por mor da altitude e orografía adversas.




O Bierzo, xuño de 2011.
www.obierzoceibe.blogspot.com
www.twitter.com/obierzoxa
http://sites.google.com/site/obierzoxa










Etiquetas: , , ,