sábado, agosto 13, 2011

TERMINOLOXÍA RENOVADA DO TERRITORIO BERCIANO (1ª PARTE).





TERMINOLOXÍA TRADICIONAL SOBRE O TERRITORIO RURAL NA REXIÓN DO BIERZO,
Por Xabier Lago Mestre, do colectivo Fala Ceibe do Bierzo.







TERRAS DE LABOR:
LEIRO, EIRO, EIRÍN, unha terra preparada para o cultivo de cereais (trigo, centeo, cebada…). Os máis pequenos poden aproveitarse para prados.
LORO, LORALLO, terra estreita e larga en Ancares.
CORTIÑA, CORTIÑEIROS, heredade destinada ao cultivo de legumes, hortalizas, verduras, árbores frutais e cereais, xeralmente cercada (acortiñada).
HORTA, terra cercana á casa dedicada a árbores frutais de pequeña extensión.
PRADIAR, terra de labor que se deixa un ano ou dous para prado en Ancares.
POULO, POULA, POULELLO, terra deixada sen cultivo, en barbeito.
SERNIAS, AGROS, terras para panes de cultivo de cereal.
EIXIDO, terra de cultivo á saída do pobo, cercada con marcos.
PUMAR, horto con frutais.
LIÑARES, terras de liño.
MAICEIRO, maizal.
TALLO, terra cortada e separada que se asigna a labregos.
TRAVESAS, finca longa situada de forma perpendicular á inclinación do terreo. Espazo con pendente que se traballaba de xeito transversal. No Bierzo temos a población de Vilar de Travesas e Robredo de Travesas (Noceda).
TRABADELO, por terreo chan. Temos o pobo de Trabadelo no val de Valcarce.
LATAS, CADROS, RECHAVE. Distinta tipoloxía das parcelas agrícolas, segundo as formas. Tallos, leiros rectangulares con pendente, latas en terreo chan, cadros con esta forma e rechave, mestura dos anterios modelos.
LOTES, división dun monte roturado. As terras comunais de cultivo de cereais que se dividen sucesivamente en bandas (20 hect?), lotes (10 hect?) e quiñóis (quinta parte do lote, leiro de superficie mínima).
AGRA, AGRO, AGRELO, terreo común de labradío onde os veciños teñen leiros sen divisióis visibles.



UNIDADES DE EXPLOTACIÓN AGROGANDEIRAS:
VILARES, pequeñas explotaciois completas de tipo agrogandeiro. No Bierzo temos poblacióis que tiveron esta orixe en: Vilela, Vilar de Corrais, Vilasinde, Vilanova, Vilagroi, Vilafeile, Vilarrubín, Vilar de Aceiro, Chan de Vilar, Vilariños, Vilarrando e demais.
CASAIS. Unidade de explotación familiar que non se divide. Está integrado pola súa casa co horto ou cortiña, e terras de labor ou leiras. No século XIII xorden coma casarías, cedidas polos mosteiros como foros aos seus vasalos chamados caseiros.
CHOUSA. Parcela pechada por muros de pedra para para pasto do gando.
SOLARES. Explotacióis medievais formadas por terras recentemente postas en cultivo, a casa, o corral, horto, e con dereito de participación nos comunais.
GRANXAS. Modelo de explotación dos mosteiros cistercienses (Carracedo) e bieitos (S. Pedro de Montes e Santo Andrés de Espiñareda). Era unha unidade agraria satélite do mosteiro ao que pertencía cunha dedicación agrícola e gandeira. Exemplos no Bierzo son: Granxa de S. Vicente (de Carracedo), Castellanos, Moreda e Magaz de Suso (de Santo Andrés de Espiñareda). No século XV comezan a cederse a xestión destas granxas monásticas mediante arrendamento.
QUINTAS, grande propiedade rústica con casa. Temos A Quinteira entre os casaríos da Barosa e O Carril, augas abaixo do río Sil na rexión do Bierzo.



MONTES, MONTÁDEGO:
BOUZAS, ROZAS, terreos queimados para o posterior cultivo comunal polos concellos. Terreo comunal que queiman, aran e sementan para beneficio dos veciños (facer a bouza). Cada 4 ou 5 anos había un sorteo para reparto de trozos a cada veciño que o cerca e cultiva individualmente.
SEARA, SENRA, CAVADA, ESTIVADA, propiedade comunal aproveitada principalmente para sementar cereais.
QUIÑON, SORTES, SUERTES, porcióis ou lotes de terreo de pequeñas dimensióis que se distribuían despois das rozas e bouzas entre os veciños do concello.
UCEDOS, CARBEDOS, MATOEIRAS, TOXAL, CARQUEIXAL, SARDONAL (mata de enciñas).
MORTEIRA, boscaxe vello.
CARBALLEIRAS, CARRASCO, CARRASQUEIRA, lugar de carballos ou matos de arbustos de pequena altura.
SOUTOS, ABELEIROS, BIDUEIROS, SALGUEIRAL, FRESNEDAL.
DEVESAS, terreo acoutado no que predominan as árbores autóctonas (de Fabeiro, entre Carracedo e Ponferrada). Utilizábase para pasto do gando, para obter madeira, leña e follaxe.
CADAVAL, zonas queimadas onde permanecen carbonizados toros dos matos (toxos, xestas, uces…).
ARROXO, monte baixo.
TREITOIRO, paso entre montes.
TARA, TESO, elevación do terreo.

O Bierzo, agosto de 2011.
http://www.obierzoceibe.blogspot.com/
http://sites.google.com/site/obierzoxa