lunes, noviembre 25, 2013

DRAGONTE 2013: DRAGOMÁN E ROMARÍA DA VIRXE DO CARME.

DRAGONTE 2013: DRAGOMÁN E ROMARÍA DO CARME,

Por Xabier Lago Mestre.
falaceibe@yahoo.es

CARA A CARREIRA DE DRAGOMÁN.


Por primeira vez acudimos á festa deportiva do chamado Dragomán. Trátase dunha carreira deportiva que se celebra a fines de novembro entre as localidades de Vilafranca e Dragonte. Chegamos á vila do Burbia dende a cidade de Ponferrada montados nas nosas bicis. Unha longa ringleira de autos anuncia a presenza de moitos deportistas de fóra. No Castelo dos antigos marqueses ten lugar a concentración de todos e todas. Na entrada do Castelo hai reparto de balde de quentiños cafés e pastas de chocolate. Dende logo queeste líquido vén moi ben para atemperar a friaxe da xeada mañaneira. 



Áparte da Dragomán, outra razón da nosa chegada a Vilafranca é que podemos entrar no Castelo vello. Ninguén de todos nós coñece o seu interior. Así, cámara en man por fin penetramos no patio de armas. Coméntanos que os propietarios só permiten a entrada durante as festas patronais do Cristo e no día da Dragomán. Así pois, temos moita emoción por poder penetrar na fortaleza señorial. Para recordar este fito histórico, facemos un video mentres alzamos a vista para os seus altos muros. Por desgracia, só unha cuarta parte do recinto está restaurado. Dende logo que necesitaría moitos cartos para recuperar dignamente este principal monumento de Vilafranca. Oxalá poidamos velo en todo o su esplendor nun futuro.

A PRIMEIRA CARREIRA DE ANDARÍNS.

A carreira comeza para os chamados andaríns, segundo anuncian a ruidosa foguetería. Mentres as familias baixan para a ribeira, entre pais, mais e fillos, o resto de corredores queda calentando unha hora máis. Nós subimos cos andaríns a primeiras costas de Dragonte. Este primeiro tramo é o máis dificultoso para todos e todas. O noso lento camiñar permite desfrutar da formidable paisaxe, tanto do val coma da ribeira do regueiro San Xoán. No máis alto temos o cerro da Anguía cos seus 710 metros de altitude. A partires de eiquí a suba é un chisco máis doada. Nosoutros seguimos a mirar para o fondo do val, cheo de arboredo de folla caduca. A seguir os primeiros soutos en pendente. De seguro que tanta castaña berciana foi ben aproveitada polos viciños nos magostos. 



Soan de lonxe as bombas da foguetería. Son parte do anuncio da saída dos corredores maiores. De seguro que en pouco tempo baixaran dende o parque da Alameda para o viaducto do Burbia. Agardamos que a segunda carreira nos dea tempo para chegar antes que eles a Dragonte. Pero non é así, por mor do noso lento camiñar e moito parolar, pasado o desvío para o barrio de abaixo de Dragonte, sentimos detrás os autos que anuncian a chegada dos campións. Sacamos a nosa bandeira berciana para saudalos e darlles folgos aos primeiros. 



Non temos máis tempo, damos media volta pois temos que voltar para Ponferrada. Na capital do Bierzo agárdannos os novos irmaos da Coruña. Pola tarde xogamos os da Deportiva cos do Deportivo no Toralín. Hai que chegar a tempo para o xantar o bocata de terneira berciana coas nosas peñas ponferradinas. Mentres baixamos saudamos e animamos aos componentes da ringleira de corredores. Algúns deles suben disfrazados e outros case que sen forzas. Dá gusto baixar en bici a terrible costa de Dragonte. Comentamos de voltar para o vindeiro ano.

A ROMARÍA DA VIRXE DO CARME DE DRAGONTE.


Sempre foron moitos os familiares de Vilafranca que nos louvaron esta romaría do Carmen de Dragonte. Pois nada este verán, polo mes de agosto, acudimos por primeira vez aos ditos actos relixiosos. Coas nosas bicis subimos para Dragonte, a hora temprana porque sabíamos da calor do medio día. Aínda así a calor foi de xustiza nese mediado de agosto.


Antes de entrar en Dragonte puidemos beber auga fresca da fonte veciñal. Cando chegamos á igrexa a misa xa comezara. A ateigada celebración atendeu o homilía do cura. O cal dixo que levaba toda a maña recibindo a romeiros de todas partes da contorna. Así nomeou a Moral de Valcarce, Corrais, e máis aló, de Barxas, tamén de San Fiz de Seo, Vilagroi, o máis ao sul, Meledena e Os Maxos.  Moitos destes romeriros xa non están nesta misa, pois xa regresaron con tempo ás súas localidades de orixe. Incluso hai exemplos de emigrantes bercianos que retornan polo verán. Os seus familiares, fillos e netos, falan outran linguas estranxeiras. 



Por fin chega a hora da saída da virxe en romaría. A verdade é que fai un percorrido moi curto porque só dá a volta á súa pequena igrexa. Un chisco defraudamos sí quedamos por este último feito relixioso. A xunta veciñal aproveita a ocasión para facer caixa coa posta dun bar na praza. A xente dinos que a romaría xa non é o que foi porque a relixiosidade decae dende anos. En décadas do século XX chegaban xentes incluso de Galiza na procura das milagres da Virxe do Carme. Supoñermos que agora a xente xa non cre coma antes tampouco. De tódolos xeitos paga a pena subir para Dragonte porque as súas paraxes son formidables.  Nosoutros dende logo que voltaremos.



O Bierzo, novembro de 2013.
www.obierzoceibe.blogspot.com


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es