jueves, noviembre 21, 2013

PROTECCIÓN DOS SOUTOS VECIÑAIS NO BIERZO (2ª PARTE).

FORMAS DE PROTECCIÓN DOS SOUTOS POLAS XUNTAS VECIÑAIS.

por Xabier Lago Mestre.
falaceibe@yahoo.es

Veremos a seguir como se protexen os soutos por parte das xuntas veciñais, segundo queda de manifesto nas súas ordenanzas concellís. 

Nas ordenanzas sobre castañis de San Xoán de Palozas (1684), na antiga meirindade de Cornatelo, regulaméntase polo miúdo a prohibición das cortas, "hordenaron que ninguno sea osado a cortar arboles del concejo que sea fructifera de qualquier genero que sea devaxo de pena de un miedro de vino, y ademas el arbol queda para el concejo y por cada pie de arbol que cortare tiene que plantar otros dos, pena de doce cañadas de vino (...)".

Outro tanto acontece no dito San Xoán de Palozas coas pequenas cortas de gallas, "que ninguno sea osado a cortar de caña en dichos castañales i otros arboles para leña, ni rramallo pena de que por cada deixe sea executado por la primera vez en dos cañadas de vino y por las demas veces a al alvedrio del dicho reximiento y concejo (...)".



Recollemos de novo as ordenanzas do concello de Noceda para ler que "Y que ningún vecino sea osado a cortar ningun arbol fructifero de los plantados o que se plantares, sin licencia del Procurador de cuyo barrio fuere, y cortado que se ha de plantar otro junto al sitio donde se cortare, y no plantandose pague de pena media cantara de vino para cuyo barrio fuere y puesta a la costa o plantar otra (...)".  Quen corte unha árbore precisa autorización do Procurador de cada barrio, e quen non o fixese así será obrigado a plantar de novo ou multado. 

A protección dos soutos realízase tamén coa prohibición da entrada dos animais. Nas ordenanzas do concello de Castropodame vixílase a presenza dos bois, "28. Item ordenamos y mandamos que no entren en los sotos del concejo ningún buey que no se trabaje con él (...)".

Mírase moito pola delimitación das unidades agrogandeiras. Co establecemento de lindeiros protéxense mellor as terras concellís fronte ás privadas, por exemplo das cortas, rozamentos ou pastos indiscriminados. As ordenanzas de Lusio, do ano 1722, indican "como tambien el que no se corte ni arranque en la dehesa que llaman M. e que determina por arriba con can. y rodera concejil, por abajo con soto concejil, por un lado con barbecho y por el otro con soto particular (...)". Además de regulamentar o tema dos gandos, "y también ordenaron que cualquiera que con sus ganados y en otra manera rompiese los cotados, pague por cada vez una cañada de vino (...)".



Outro problema para as xuntas veciñais bercianas é o que se refire ao tema dos desfollaxes nos soutos. Nas ordenanzas de Cabarcos (ano 1740) "ordenaron y acordaron que ninguna persona pase a deshojar y cortar cañas de los castaños y más arboles ajenos pena de los daños y de una cañada de vino por cada vez (...)".

Nas ordenanzas de Ozuela e Orbanallo son moi completas nestes temas que tocamos. Respecto ao perigo dos animais nos soutos, neste caso dos porcos, "en el tiempo de la fruta, ningún vecino eche sus puercos fuera hasta el sol salir so pena de dos cañadas de vino, si de noche fuere hallado debajo del arbol pague cuatro cañadas aplicadas para el dicho concejo, y sea parte para le acusar cualquier vecino de dicho lugar (...)".

ESCUDO DO CONCELLO BERCIANO 
DE PÁRAMO DO SIL.


Seguimos en Ozuela e Orbanallo para comentar da persecución que hai sobre os que collen froitas de noite, sen a vixilancia debida, "item que ningún vecino ande de noche cogiendo fruta, so pena de una cantara de vino para el concejo (...)". Por último, para os que varean en arbores alleos, "que ningún vecino ande con vara ni trocho en arbol ajeno, so pena de dos cañadas de vino para el concejo (...)".

E a mesma política concellil emprégase nas comarcas viciñas. Nas Omañas, concretamente nas ordenanzas de Vega de Magaz (ano 1847), prescríbese que "mandamos que el que cortare, descepe, arranque o descortece algún arbol del plantio o del monte coto del concejo sea de la cuantia que fuese se juzgara el resarcimiento de daños con arrreglo a la ordenanza (...)".

DIVERSAS DIVISIÓIS DAS PROPIEDADES SOUTEIRAS.


Temos visto como a meirande parte dos soutos están en montes comunais (dereito de propiedade do chan) e que son as xuntas veciñais quen regulamenta os seus usos. Pero os castiñeiros poden ser de propiedade particular, xa vimos como eran os propios vicipos quen os plantaba e sacaba deles a produción froiteira, madeira, leñas ou follaxe.  Logo hai un dereito de vo sobre a arbore para o viciño propietario do castiñeiro. Tamén pode haber outro dereito de superficie do que derivan os pastos de herbas, rastroxeiras ou sembradíos.



Para a explotación concreta dos soutos de castaños, nalgúns deles dividíanse internamente o seu arboredo na xeira da recoleción. Así sabemos que en San Xoán de Palozas, na merrindade de Cornatelo, a través das súas ordenanzas antigas, que "hordenaron que si sucediere soltar las castañas de dichos castañeles por concejo vaian a coxerlas de cada casa dos personas y no mas, y si los castañales se rrepartieran por quiñones, todos los que coxieren dichas castañas las vareen de manera que no hagan daño a dichas castañales quebrandolas o desgromandolas, pena de seis cañadas de vino cada uno que lo hiciere (...)".  É dicir, regúlase a presencia de apañadores, dous por cada casa, para reducir os conflitos entre eles. Igualmente repártense as zonas de recollida ou quiñóis. Sabemos que na comarca do Courel estas delimitacióis territoriais se chaman Adras.

O Bierzo, novembro de 2013.
www.obierzoceibe.blogspot.com


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es