jueves, diciembre 05, 2013

ROTEIRO POR SALAS DE LOS BARRIOS E VILLANUEVA DE VALDUEZA

ROTA ENTRE SALAS DE LOS BARRIOS E VILLANUEVA DE VALDUEZA,

Por Xabier Lago Mestre.
falaceibe@yahoo.es

Principiamos o roteiro na cidade de Ponferrada. Este domingo outonal está moi frio pola xeada da noitiña. Pouca xente na capital só algún ciclistas coma nós. Subimos con esforzó para o Castelo e logo baixamos para a ponte Mascarón. A chaira permite desfrutar dos termos do Bao e da Romana. Enfronte xa a igrexa de Santa María do pobo de Campo que nos recibe co toque das campás. 



Subimos pola estrada pola paraxe de Valdesalas. Á dereita, os cerros do Souto e Calabaza, mentres pola esqueda temos o abeiro de Valdellama e Barcello. De seguido a ermida do Santo Cristo de Villar de los Barrios. Abraia o seu grande portalón cuberto nun lateral. Sabemos da razón desta importante obra arquitectónica por mor das feiras que tiñan lugar en setembro en honra do seu patrón. Ademais, este portalón servía de lugar de reunión das xuntas veciñais, "según nos solemos ayuntar en semejante día para nombrar las personas que an de usar y ejercer  los ofiçios de juez e regidorese procuradores e otros ofiçiales (...)".


ANTIGO CÁRCERE DO CONCELLO DOS BARRIOS DE SALAS.


POLO ANTIGO CONCELLO DOS BARRIOS DE SALAS
 

Dende eiquí subimos, á esqueda, pola estrada para Salas. Por sorte, un ciclista chamado Primitivo, natural desta contorna, acompáñanos pola costa. Grazas a el sabemos que Salas foi concello municipal ata o 7 de febrero do ano 1980 en que se anexionou a Ponferrada. Este antigo concello estragado estaba formado tamén por Vilar e Lombillos, ademáis dos pobos de San Cristobal de Valdueza, Espinoso de Compludo, Compludo, Carracedo de Compñludo, Palacios de Carracedo e Bouzas. O dito concello municipal chamábase históricamente Los Barrios de Salas pero, trala supresión do municipio, pasou a ser simplemente Salas de los Barrios.


CASA DA XUNTA VECIÑAL 
DE SALAS DOS BARRIOS
(ANTIGO CONCELLO MUNICIPAL) 


Xa na entrada do pobo de Salas, atopamos o antigo cárcere en ruínas. Segundo o noso amigo Primitivo, no mesmo lugar houbo un arco grande que tiña funcióis de porta do pobo. E tamén, a escasos metros, vemos o novo edificio situado onde estivo o concello municipal. Unha placa recorda Pozo de Concejo. Esta casa tamén foi escola, as nenas no andar baixo e os neniños para o andar primeiro. Agora serve de dependencias da xunta vecinal de Salas.


                                        PLACA DO RUEIRO DE SALAS DE LOS BARRIOS

De novo subimos nas bicis para facer o retorno para Vilar, costa abaixo mellor. Na ermida do Cristo, tomamos o desvío para San Lorenzo, polo antigo camín dos Maragatos, saíndo xunta ás antigas escolas baleiras. Subimos polo souto de San Félix, e logo as paraxes viñateiras de Las Maticas e El Canto. Pola nosa corredoira atopamos outros camiñantes, aos cales pedimos indicacióis sobre o noso acertado camín para San Esteban de Valdueza. Sen problemas seguimos para o chamado Alto de San Esteban (705 m.). Dende equí principiamos  o descenso, non pola estrada, senón pola estreita costa Mataburros, ata chegar ao rueiro de San Esteban de Valdueza.


                                   ERMIDA DO STO CRISTO DE VILLAR DE LOS BARRIOS 


NO CONCELLO MUNICIPAL DE SAN ESTEBAN DE VALDUEZA.

Xa no interior desta poboación falamos cunha velliña para localizar o seu antigo concello municipal. Indícanos que o edificio contén no soto a porta do calabozo dos presos.  Por unha escaleira exterior se sube ao andar superior. Aproveitando a amable conversa, tamén sabemos da existencia do antigo edificio do concello tradicional, nunha planta baixa, porque o primeiro andar ten outro propietario, agora un veciño de Barcelona. Quedamos moi agradecidos por tanta información sobre o goberno de San Esteban de Valdueza. O antigo concello municipal estendíase por todos os pobos do val de Valdueza, ademáis do val veciño de Villanueva que subía para San Adrián e Ferradillo. Este concello municipal desapareceu por integración en Ponferrada o 14 de xuño de 1974.


ANTIGO CONCELLO MUNICIPAL 
DE SAN ESTEBAN DE VALDUEZA


Saímos do pobo pola estrada de Villanueva de Valdueza que tamén vai para o cumio da Aquiana. A razón desta viaxe é asistir á inuguración da renovada praza dos Bolos. Por outro veciño de Villanueva sabemos que esta pequena praza é o lugar de xuntanza do seu concello tradicional. Na mesma localización está a casa do concello rural que serve de consultorio médico. Fóra deste edificio hai unha fogueira para asar castañas, e nos baixos unha paella xigante da cal darán boa conta os seus viciños á hora do xantar. Para isto aínda terán que agardar que as autoridades visitantes inauguren a praza dos Bolos e se fagan as fotos oficiais para os medios de comunicación.



Mentres percorremos o pobo de Villanueva, intentamos localizar as dúas prazas que dividían o pobo para as xurisdicióis dos dous gobernadores populares elixidos polo concello tradicional, segundo consta na documentación histórica do século XVII. Por desgraza, o pobo non puido manter a súa autonomía gobernativa trala compra gravosa do seu señorío ao Bispado de Astorga. Por iso, poucos anos despois, o señorío comunitario dos viciños pasou de novo a depender dun señor foráneo trala venda correspondente.


PRAZA DOS BOLOS DE VILLANUEVA DE VALDUEZA
CASA DO CONCELLO TRADICIONAL (ESQUEDA)


O Bierzo, decembro de 2013.

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

0 Comments:

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home