POLOS CAMÍNS HISTÓRICOS DOS MONTES AQUILANOS (2ª parte).
OS CAMÍÑOS HISTÓRICOS POLOS MONTES AQUILANOS (2ª PARTE),
por Xabier Lago Mestre.
PASOS ENTRE POMBRIEGO E LLAMAS DE CABREIRA.
Seguimos pola estrada principal da ribeira do Cabreira que chega a Pombriego. Nesta poboación (480 metros) tivo grande importancia polas súas feiras, os días 11 de cada mes. O seu núcleo consta de 9 barrios: Os Chanos, A Devesa, A Veiga, O Palacio onde se reunía o seu concello veciñal, A Reata, O Entrallo, As Huelgas, O Barrial e Portela. As súas festas teñen lugar en San Antonio (13 de xuño), San Roque (16 de agosjto) e San Clemente (23 de novembro). Ademais tivo dúas ermidas, a de San Roque, no camín para Benuza, e a Nosa Señora. Pombriego tamén recibía xente dos cercanos Benuza e Sotillo de Cabrera que podían seguir camín para O Bierzo.
Polo que se refire ao camín histórico para O Bierzo. Todo o noso percorrido será polo val do requeiro Rozana, lembranza das tradicionais bouzas da zona. Saímos pola zona do Xardón, máis adiante os corrais de Arganeo, baixo o dominio do Sierro (1245 m.). Na zona do Carballal hai varias lameiras, Larga, Redondo e Vieya. Máis enriba A Campa de Branuelas coa choza de antigos pastores. Nos cumios xorden as Penas de Ferradelo (1442 m.), cos seus portelos de Paradela e Ferradelo. Eses camíns antigos refírense aos Calellos e maila Calzada. Alén deles o noso Bierzo, que tanto baixa para Paradela de Muces coma para Ferradelo e Santa Lucía de Montes.
Voltamos para a estrada do río Cabrera camín de Santalavilla. A súa poboación aséntase en tres barrios, O Val, A Igrexa e O Barrio. Sendo as súas festas adicadas ao patrón San Pelayo (26 de xuño). Dende eiquí principiamos novo camín para O Bierzo. Para isto hai que subir xunta a ribeira do Campo das Danzas. O camín vai pola zona da Caleya, que conta coa presencia de castiñeiros e logo de zufreiros. Nos prados do Yungo xorde o regueiro do Guiana que remata na mallada do Bispo. Máis enriba desaparecen os zufreiros a prol dos carballos. Enriba a Campa das Danzas (1450 m), onde se xuntaban virxes viciñas e tamén aquelarres de bruxas, segundo a tradición. Dende eiquí baixada para San Adrián de Valdueza e Villanueva de Valdueza. Tamén se pode ir para o Collado (1353 m), debaixo da cresta dos chamados Doce Apóstolos (1581 m) e o cumio de Aquiana (1846 m), e atravesalo cara a Montes de Valdueza e San Cristobal.
CAMÍNS CABREIRESES DENDE ODOLLO E NOCEDA.
O núcleo louseiro de Odollo (950 m) conta cos seus barrios de Oteiro, A Igrexa e Quintanilla onde se atopa a ermida de Santa Lucía. As súas festas son O Corpus e San Pedro (29 de xuño). Perto deste pobo está a ermida da Virxe do Val, padroa da Cabreira, coa súa festa o primeiro domingo despois da Pascua de Resurreción. Romaría de moita sona que aínda hoxe recibe visitantes tanto do Bierzo coma da Cabreira.
O camín para O Bierzo sube polo regueiro da Serra. Atopamos o muíño El Carril e varios corrais gandeiros. Dura costa para o Chano do Fueyo coa fonte das Rigueiras. pola dereita sae o val da Morteira co seu antigo bosque vello. Para enriba sucesivas malladas O Gavián, do Medio e Alta. Os cumios máis altos están representados polas Verdianas (2121 m), Silla da Yegua (2135 m), A Portillina (2049 m), co seu paso para a vertente berciana, e baixada polo regueiro do Silencio para o pobo de Penalba de Santiago.
Tamén houbo camín dende Noceda, pobo que tivo a súa orixe en asentamento de pastores trashumantes. A súa festa é Santa Madalena (último domingo de xullo). Este camín foi usado polos cabreireses de Saceda, Nogar, Marrubio e pobos de Lousada para acudir aos mercados e feiras do Bierzo. Subimos para os prados do Espiño, atravesamos o collado Cantino (1491 m) que nos permite descender para ao val do regueiro Cabo. A suba nos leva para os muíños de Noceda, xunta o regueiro do Couso. Na chamado val de Caprada hai varios pasos montañosos para a rexión berciana, casos das baixadas para Bouzas e Penalba de Santiago. Polo norte, pechan os montes Aquilanos os cumios Meruelas (2020 m), Morredeiro (2031 m) e Cabeza da Yegua (2082 m), Silla da Yegua (2135 m) e mailo alto das Verdianas (2121 m).
Para finalizar, aínda queda outra rota para O Bierzo dende a villa de Corporais. Núcleo que ten tres barrios: Pedrosa, O Castro e O Mercado onde se celebraba comercio o domingo. Este camín foi utilizado polos viciños da Cabreira Alta. Saímos polo barrio de pedrosa, subindo pola ribeira do Eira, preside o camín o monte Teleno (2185 m). Pola nosa dereita resta o collado do Palo (1838 m) que dá paso para a bisbarra da Maragatería. Máis adiante o chano das Ovellas (1950 m). Na Boca do Casar atravesamos varios cordais montañosos. A seguir o alto de Meruelas (2020 m), para despois mudar de vertente montañosa e entrar no Bierzo (1870 m) camín do chamado Morredeiro.
O Bierzo, maio de 2014.
http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home