lunes, marzo 07, 2016

REFRANEIRO LABREGO DE FEBREIRO NA REXIÓN DO BIERZO,



REFRANEIRO BERCIANO DE FEBREIRO.

polo Coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo,
falaceibe@yahoo.es

"Xaneiro e febreiro son bo tragadeiro" (os animais comen máis sen pastos, provocan máis gastos á economía labrega).
"Xaneiro xiabreiro, febreiro trapalleiro, marzo picoso, abril amoroso, sacan o maio forido e fermoso".
“Durea a mala veciña, o que a neve en febreiriña” (nevaradas de longa duración).
“Febreiriño louco, un día pior que outro”.
"Febreiro embusteiro, un pouco louco trae chuvia e sol, de todo un pouco".
"Refráns que non sexan verdadeiros e febreiros que non sexan loucos, poucos".
“Febreiro merendeiro”.
“Se malo é xaneiro, pior é febreiro” (o malo inverno climatolóxico vai a máis).
"Se febreiro ri, o frío revive".
"Se en febreiro quente estás, en Pascua tiritarás".
“En febreiro un rato ao sol e outro ao humero”.
"Sol de febreiro, non dura un día enteiro".


MES DE ABUNDANCIA DE AUGAS:
"Auga de febreiro, cada día un centeiro".
"Si chove en febreiro, , bon cebadeiro" (boa colleita de cebada).
"Auga de febreiro, chea o celeiro".
"Se chove en febreiro, cebadeiro".
"Febreiro chaguaceiro, ratos ao suco e ratos ao eiro".
"En febreiro entra o sol en calquera regueiro e en marzo en calquera garzo".
"Auga de febreiro fai bo palleiro" (bo pra os cereais que virán).
"Chegando febreiro, deixa a fonte e vete ao regueiro" (augas por todas partes).
"Entroido barbudo cando has de vir, martes cando has de ir".


REFRAIS DOS NOSOS ANIMAIS:
“En febreiro busca a sombra o can, en marzo o can e o amo” (pola calor que pica xa).
"En febreiro busca a sombra o can, pero a últimos non a primeiros".
"En febreiro, anda a loba no riceiro, sete a sete no carreiro" (por Santiago Castelao Diñeiro).
“Perdiz en febreiro, búscaa no xebreiro (lugar frío)”.
"O febreiro quente trae o demo no ventre" (a calor de febreiro é mal presaxio).
"Sementa avea en febreiro se queres sacar diñeiro".


PEDIMENTOS PARA OS SEUS SANTIÑOS DO MES:
"Por S. Brais unha hora máis".
"Fabas, se queres máis en S. Blas (2 febreiro)".
"Por S. Brais, hora e media máis".
 "Por  S. Brais os teus allos sementarás".
 "Por S. Brais a cigoña verás".
 "Mociños a S. Brais que festas non veñen máis" (pola cercanía da Semana Santa),
"Polo s. Brais (3 de febreiro), hora e media máis" (por Manuel Rodríguez y Rodríguez)
“Anque a Candelaria (2 de febreiro) chore, que deixe de chorar, a metade de inverno está por pasar”.
"Cando a Candeloria ri o inverno vén aí, cando a Candeloria chora o inverno xa vai fóra, e anque ría ou anque chove, aínda quedan corenta días de mala sona".
 "Polas Candeas, quel chores, quel deixes de chorar, medio inverno fóra".
“Vimos das Candelas e imos para o San Blas (3 de febrero), aproveitaros mociñas que festiñas non hai máis” (en Cuaresma non hai festas).
"Polo S. Valentín (14 febreiro) o inverno chega ao seu fin".
"Por Santa Eulalia (12 febreiro) o tempo sempre cambia".
"Por Santa Marta (23 febreiro) entra o sol polas sombrías, pero non nas más frías".

O Bierzo, marzo de 2016.
www.obierzoceibe.blogspot.com


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es