martes, febrero 27, 2018

REFRANEIRO DO BIERZO NO MES DE MARZO.


REFRAIS BERCIANOS DO MES DE MARZO NO BIERZO,
por Xabier Lago Mestre,
Coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo,
falaceibe@yahoo.es

“Marzo sacou a vella ao sol, e matouna dun pedazo”.
"En marzo a veleta nin dous días está queda".
“Cando marzo maiea, maio marcea”.
“Polo S. Xosé (19 de marzo), deces e merenda ao pé” (obriga de dar comida ás dez da mañá e merenda aos xornaleiros ao ser os días máis longos).
“Marzo airoso, abril chuvioso, sacan o maio florido e fermoso”.
“Marzo igularzo” (porque se igualan os días e as noites).
"Marzo marzudo, mete as barbas no cu".
"Auga de marzo, pior que a mancha no paño".
“Se marzo vén ao revés, nin deixa pastor nin res”.
"Auga en marzo, herbazo"
“Cando marzo volve o rabo, non deixa ovellas con pelexo, nin pastor deszamarrao”.
“Sol de marzo mata a dama no pacio” (sol de marzo traizoneiro).
"Pola Encarnación (25 de marzo), as últimas xeadas son" (S. Castelao Diñeiro)


SOBRE OS ANIMAIS DE MARZO:
“Onde vexas culebra en marzo, verás neve en maio”.
“Ollo á perdiz, se canta en marzo, ano feliz” (os bos presaxios do canto da perdiz).
“Marzo anidarzo, abril huévil e maio paxaraio” (sobre a reproducción das aves).
“A culebra en marzo, a neve en maio” (relación de calor en marzo e frío en maio).
"Marzo marcero, pola mañá cara de rosa e pola tarde cara de can".
“Pascuas marcíais, famentas ou mortais”.
"De marzo á metade, vén a anduriña e o tordo vaise".
“Polo vinte de marzo dá o sol unha sombriña e xa canta a anduriña” (chegan as anduriñas).



SOBRE OS TROCOS BRUSCOS DO TEMPO:
“Marzo marzán, pola mañá cara de rosa, e pola tarde cara de can”.
"Marzo marcial, de día cara de gocho e de noite cara de can".
"Marzo marceador, que de noite chove e de día fai sol"
“Marzo marcial, de día cara de cocho, de noite cara de can”
"Marzo louco, se malo é un día pior é o outro".
"Se marzo vén ao revés, non deixa pastor nin res".
"Pola Encarnación (25 marzo) os últimos xeos son"


CONSELLOS AGROGANDEIROS DESTE MES.
"Horta de marzo, cesta no brazo"
"Marzo amola e abril esfola".
"Se queres ver a túa viñaregalada, fai a poda en marzo e en abril a cava".
 “Se ronca ou trona en marzo, apreta a cuba con mazo” (preparación da cuba de viño).
“Marzo espigarzo e abril espigas mil” (sobre augurios de boas colleitas).
“Se marzo volve o rabo, adeus ó teu gando”.
“Ralva en marzo, bima en S. Xoán, sembra en outubro e collerás pan”.
“O que queira ovellas catro, rapeas no mes de marzo”
"Cada cousa no sou tempo, i o aire no mes de advento".
"Todo o excusa o allo, menosa pica de marzo".


CHEGOU A CUARESMA DE MARZO.
"Adeos martes de entroido, adeos meu amiguiño, asta domingo de Pascoa non comerei máis touciño".
"Gran pesar me pone con su venida la Cuaresma dolorida"
"La Cuaresma y la justici para los ruines"
"La Cuaresma y la cadena para los pobres hecha"
La Cuaresma solose hace corta al que tiene que pagar en Pascua"
"Para el pobre la Cuaresma para el rico el carnaval"

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

0 Comments:

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home