sábado, febrero 03, 2018


REFRANEIRO DA REXIÓN DO BIERZO
DO MES DE FEBREIRO.
por Javier Lago Mestre.
Coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo
falaceibe@yahoo.es

"Xaneiro e febreiro son bo tragadeiro" (os animais comen máis sen pastos, provocan máis gastos á economía labrega).
"Xaneiro xiabreiro, febreiro trapalleiro, marzo picoso, abril amoroso, sacan o maio forido e fermoso".
“Durea a mala veciña, o que a neve en febreiriña” (nevaradas de longa duración).
“Febreiriño louco, un día pior que outro”.
"Febreiro embusteiro, un pouco louco trae chuvia e sol, de todo un pouco".
"Refráns que non sexan verdadeiros e febreiros que non sexan loucos, poucos".
"En febreiro amence coma anoitece, e durante o día fai o que lle apetece" (mes louco na climatoloxía).


“Febreiro merendeiro”.
“Se malo é xaneiro, pior é febreiro” (o malo inverno climatolóxico vai a máis).
"Se febreiro ri, o frío revive".
"Polo s. Valentín (14 de febreiro), o inverno chega ao seu fin".
"Se en febreiro quente estás, en Pascua tiritarás".
“En febreiro un rato ao sol e outro ao humero”.
"Sol de febreiro, non dura un día enteiro".

MES DE ABUNDANCIA DE AUGAS:
"Auga de febreiro, cada día un centeiro".
"Si chove en febreiro, , bon cebadeiro" (boa colleita de cebada).
"Auga de febreiro, chea o celeiro".
"Se chove en febreiro, cebadeiro".
"Febreiro chaguaceiro, ratos ao suco e ratos ao eiro".
"En febreiro entra o sol en calquera regueiro e en marzo en calquera garzo".
"Auga de febreiro fai bo palleiro" (bo pra os cereais que virán).
"Chegando febreiro, deixa a fonte e vete ao regueiro" (augas por todas partes).
"Entroido barbudo cando has de vir, martes cando has de ir".


REFRAIS DOS NOSOS ANIMAIS:
“En febreiro busca a sombra o can, en marzo o can e o amo” (pola calor que pica xa).
"En febreiro busca a sombra o can, pero a últimos non a primeiros".
"En febreiro, anda a loba no riceiro, sete a sete no carreiro" (por Santiago Castelao Diñeiro).
“Perdiz en febreiro, búscaa no xebreiro (lugar frío)”.
"O febreiro quente trae o demo no ventre" (a calor de febreiro é mal presaxio).
"Sementa avea en febreiro se queres sacar diñeiro".

DITOS DE SAN BRAIS:
"Por S. Brais unha hora máis".
"Fabas, se queres máis en S. Blas (2 febreiro)".
"Por S. Brais, hora e media máis".
 "Por  S. Brais os teus allos sementarás".
 "Por S. Brais a cigoña verás".
 "Mociños a S. Brais que festas non veñen máis" (pola cercanía da Semana Santa),
"Polo s. Brais (3 de febreiro), hora e media máis" (por Manuel Rodríguez y Rodríguez)


  POLA CANDELARIA.
“Anque a Candelaria (2 de febreiro) chore, que deixe de chorar, a metade de inverno está por pasar”.
"Se pola Candelaria frora, o inverno está fóra".
"Pola Candeloria, mitá de inverno fóra, se chove ou venta inda entra".
"Cando a Candeloria (2 de febreiro) ri o inverno vén aí"
"Cando a Candeloria chora o inverno xa vai fóra, e anque ría ou anque chove, aínda quedan corenta días de mala sona".
 "Polas Candeas, quel chores, quel deixes de chorar, medio inverno fóra".
“Vimos das Candelas e imos para o San Blas (3 de febrero), aproveitaros mociñas que festiñas non hai máis” (en Cuaresma non hai festas).

OUTROS SANTIÑOS DE FEBREIRO.
"Polo S. Valentín (14 febreiro) o inverno chega ao seu fin".
"Por Santa Eulalia (12 febreiro) o tempo sempre cambia".
"Por Santa Marta (23 febreiro) entra o sol polas sombrías, pero non nas más frías".
"Polo S. Matías (antes 24 febreiro) iguálanse as noites cos días".
"Polo San Matías (antes 24 de febreiro) pega o sol polas ombrías, e as tres semanas, polas ombrías e solanas ".


O REVIRADO ENTROIDO.
"Por san Antón (17 de xaneiro) carnestolendas son".
"Dende s. Antón (17 de xaneiro), mascaradas son".
"Entroido ao sol, Pascua ao tizón" (Se fai calor no entroido haberá friaxe na Pascua).
"Ei vén, ei vén, ei vén o carnaval, tan bonito como era, e deixárono escapar" (Xosé Lois Foxo, Cancioneiro de Oencia e contorna, 2013).
"Entroidiño larafuzán, comiche-la carne deixache-lo pan".
"Entroidiño larafuzan, comiches a carne e deixace-lo pan".
"Martes lardeiro e domigo de pascua, cada lardeiro na súa casa".
"Alegrías, entroido, que mañá será cinza"
"Entroido, bo santo, Pascoa non tanto".
"Polo S. Matías (antes 24 de febreiro, pasouse ao 14 de maio dende 1969) anda co antroido ás porfías" (competencia sobre quen é antes).
"S. Matías (antes 24 de febreiro, hoxe 14 de maio) e o entroido andan a porfiar".
"As mociñas de pouco seso dende S. Antón fan entroido, e as de pouco máis, dende S Blas".


"Día de antroido echa a Pascoa".
"Entroido á raxeira, pascoa á lareira".
"Aí vén o entroido, é festa rachada, os nenos na escola faremos festa rachada", "en carnaval ningunha cousa está mal".
"No entroido nada senta mal".
"Vén antroido, vén axiña con máscara e barullo, para poder brincar coas mozas e para encher ben o bandullo".
"Adeus martes de entroido, unto vello e longaniza, escondeivos compañeiros, que hoxe é corte de linza".
"Adeus martes de entroido, adeus meu amiguiño, asta domingo de Pascoa non comerei máis touciño".
"Antroiro, pandoiro, pasou por eiquí tocand a gaita e dicindo que si"
"Este é o santo entroido, é o santo verdadeiro, o que quere o santo entroido é que lle enches o fardeiro".
"Acudide ó santo entroido c´unha xarriña de viño se queredes que este santo vos prepare un maridiño". 

O BIERZO, FEBREIRO DE 2018
www.facebook.com/javierlagomestre


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es