domingo, agosto 08, 2021

PPTA. DE XUNTA GALEGOBERCIANA PROVINCIAL.



PROPOSTA DE XUNTANZA GALEGOBERCIANA PROVINCIAL.

PARA SÁBADO 4 DE SETEMBRO DE 2021.


O coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo convoca unha xuntanza galegoberciana para o sábado 4 de setembro de 2021. Esta xunta galegueira está aberta aos coletivos UB e AQ, así como ao resto de coletivos e persoas que queiran acudir.

PROPOSTA DE ATIVIDADES.

1.      Encontro para facilitar o contacto directo entre os coletivos FC, UB e AQ.

2.      Realización de concentracióis reivindicativas ante o concello de Ponferrada (10 horas) e  Consello comarcal. Posterior desprazamento en bus ALSA até Vilafranca (11 horas) para continuar as concentracións no concello de Vilafranca e igrexa de s. Nicolás El Real (12 horas), sede da antiga provincia de Vilafranca do Bierzo. Elaborarase pancarta reivindicativa para a ocasión coa proposta inicial de texto O BIERZO, 5ª PROVINCIA.

3.      Xuntanza en Vilafranca para debater sobre diversos temas, casos do activismo provincialista na internet, compartir reivindicaciois futuras (anos 2021 e 2022), elaboración consensuada dun Manifesto provincial, elaboración de propostas para o bercianismo político, etc.

4.      Percorrido histórico provincial polas rúas de Vilafranca para os asistentes.

5.      Reparto de pegatinas de balde coa nosa bandeira Cruceira.

6.      Regreso en bus a Ponferrada (17horas).

O Bierzo, agosto de 2021.



www.obierzoceibe.blogspot.com

falaceibe@yahoo.es



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es