AS CEMENTEIRAS BERCIANAS VECIÑAS.
AS CEMENTEIRAS BERCIANAS VECIÑAS,
Por Javier Lago Mestre,
Autor libro El Bierzo provincial.
Temos atopadas varias fotos antigas
das cementeiras bercianas de Toural dos Vaos e Parandoes. Estes achádegos serven
para dar a coñecer esas instantáneas ao grande público, porque a nosa cultura é
todos, e de paso, amosar un artigo con algúns comentarios. As ditas fotos
aéreas son da década dos anos cincuenta, polo tanto en branco e negro.
A
mediados do século XX había un gran desenvolvemento industrial na rexión do
Bierzo. Velaí a existencia das minas de carbón e ferro, os ferrocarris de Renfe
e MSP. Ademais existía muita necesidade de cemento para a construcción de
encoros hidroeletricos ao longo do río Sil, as canles de Cornatel, Sil alto e de
rego do baixo Bierzo, as térmicas de carbón, fábricas, edificios urbanos, etc.
O
desenvolvemento deste capitalismo industrial precisaba de materiais cercanos.
Son os casos do ferro, carbón, auga, madeira e cemento. Todas esas construcioes
anteditas precisaban de cemento. No Bierzo destacaron as cementeiras de Cosmos,
en Toural dos Vaos, e Bergidum-Vilafranca, en Peranzaes. Ambalas dúas unidas
polo ferrocarril de Toural para Vilafranca. Un pequeño ferrocarril que en
principio tiña previsto dous proxectos anexos para Galicia. O primeiro para continuar
para Asturias (Vilaodrid e Ribadeo), e o segundo ramal, a conexión por Becerreá
para la capital de Lugo. Por desgraza non se levaron a bo porto polo seu custo
e escasos beneficios económicos capitalistas.
Na foto da cementeira de Parandoes podemos ver a vinculación co ferrocarril. Ten un apartadoiro para trens cementeiros polo sur. Tamén existe ao norte o cableado para o transporte dos baldes que baixaban da canteira do monte Cotrón. A cementeira estaba perto das canteiras da Mirandela e Penabranca. Tamén na instantánea vemos as estradas para Vilafranca, Vilela, Viladecáns e Toural dos Vaos. Chegado o seu momento, a fábrica de Parandoes tivo a dura competencia da outra cementeira sureña cunha mellor canteira. O peche da cementeira sita en prado Sordo, permite hoxe desfrutar das paraxes de Rebolas, Xardín, Cortinas, Fonte Moral, Racela, etc.
A cementeira de Cosmos existe desde novembro de 1924. Sita nas paraxes de sta. Olalla e san Martín, o seu complexo industrial ten evolucionado muito. En 1927 tiña tres fornos que queimaban o mineral e en 1965 construen outro forno máis. Primeiro tivo un cableado para traer o mineral nos baldes, mais en 1970 fíxose unha cinta transportadora, que evitou os perigos pola perda de carga dos baldes. A canteira está nos pagos de Novalín e Valdecerexais e fonte do Souto. O mineral xa na cinta transportadora atravesa as paraxes de Porcalla, Carril e Carrúa da Rata. E non podemos esquecer que houbo outra canteira cercana, Penamala, nos lugares de Salgueiro e Barrosín, pertecentes a Paradela do Río, xunto á estrada para Valdeorras. Foi pechada polos perigos de desprendementos de pedras sobre os autos.
LUITA POLA CAPITALIDADE
MUNICIPAL.
Aproveitamos
a ocasión para recordar outros aconteceres históricos paralelos. Referímonos aos
conflictos pola capitalidade municipal que ten ben estudado M. Rodríguez y
Rodríguez. Toural dos Vaos medrou por mor do ferrocarril e maila fábrica
cementeira. Isto supuxo elevar a categoría do seu núcleo urbano. Por iso
xurdiron as discrepancias coa antiga capital, Viladecans. Ante este conflito institucional
e territorial, temporalmente leváronse os servizos administrativos para
Parandoes , barrio Tesedo (1900), ademais de establecer nel a feira, un lugar
intermedio, e ben comunicado por carreteira e ferrocarril. En 1926 se tramita
el cambio de denominación municipal e mailo establecemento da sede capitular en
Toural dos Vaos. Mais xurdiron as protestas das veciñanzas de Valtuille, igrexa
de Campo e Viladecáns por ese traslado da sede municipal alegando a lonxanía. O
propio Gobernador de León tomou resolución a favor da capitalidade de Toural.
O
comentado conflito municipal pola capitaldiade non foi o único na rexión do
Bierzo. Algo semellante sucedera con outras poboaciois ferroviarias. Son os
casos de Congosto e san Miguel de las Dueñas (centro mineiro do ferro), tamén
entre Torre do Bierzo e Albares (antiga capital), ou entre Torre e Brañuelas pola
Silva e Montealegre que querían ser bercianos.
O Bierzo, febrero de 2023.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home