O REFRANEIRO XEOGRÁFICO DA REXIÓN BERCIANA.
REFRANEIRO
XEOGRÁFICO RENOVADO DA REXIÓN DO BIERZO,
Por Xabier
Lago Mestre,
Coletivo
cultural Fala Ceibe do Bierzo.
falaceibe@yahoo.es
A nosa rexión ten
numerosos entes localidades organizados mediante concellos. Todos eles formaron
parte da chamada Provincia do Bierzo que tivo continuidade histórica ao longo
de toda a Idade Moderna (séculos XVI ao XVIII). Esta Provincia forxou a
identidade territorial e institucional que chega até a actualidade. Mais os
ditos concellos tamén tiveron a súa conciencia identidaria local. Por iso
atopamos diversos sinais desa competencia entre os distintos entes de poboación
(barrios, aldeas e vilas). Os chamados ditos territoriais da rexión recollen
esas desputas verbais entre os concellos bercianos. Velaí a seguinte
recompilación de ditos que reflicten este contexto competitivo entre os
pobos.
En
conxunturas económicas malas, que provocaron graves crises agrarias
xeneralizadas e continuas na rexión, onde faltaba o esencial alimento,
resultaban frecuentes as acusacióis de ladróis entre pobos que desputaban polo
que consideraban seu.
-“Si vas a Toreno,
guarda la
alforja y el perro.
Si vas a
Librán,
guarda la
alforja y el pan”.
-“San Pedro
de Trones
corenta
veciños
cinquenta
ladróis”.
-“Paradela,
mala terra,
Chana peor
que ela,
en Borréis
preguntaréis,
e en San
Xoán xa o veréis”
"San
Juan amenaza
y S. Pedro echa de casa" (en Bembibre,
sobre a finalización dos contratos de arrendamiento).
Nun
contexto histórico cheo de ideoloxía cristiá os ataques fundaméntanse no
maniqueísmo relixioso.
-“Gente de
Los Barrios,
gente de
los diablos
matan a los
bueyes
y aran con
cristianos”.
A peculiar
situación xeográfica e montañosa de moitos pobos do Bierzo estimula o inxenio á
hora de incidir no illamento periférico. Noutros casos prodúcese unha pacifica
delimitación entre eles.
-“Semos de
Primout
onde o sol
nunca entrou
e unha vez
que entrou
nos
pasmou”.
"En
Primou
donde nunca
entró el sol
y cuando
entró a todos sorprendió"
-“Saceda,
Noceda, Castrillo y Marrubio,
cuatro
lugares que Cristo no anduvo”.
-“Camponaraia
naraia,
e a un lado
Naraiola,
e un poco
máis abaixo
Carracedo e
as Colonias”.
Desputas no
val de Fornela. Os de Cariseda defenden que son máis cabeceira do Bierzo que
fornelos fronte aos de Peranzaes:
“Fornelacos
de Peranzaes,
Cabeceiros os
de Cariseda”
“Os de Fresnedelo,
non son fornelos,
con antigo Castelo”.
“Couto de
Corraes son tres,
couto de
Barxas son máis,
couto de
Melezna dan pena” .
“Portos da nosa
terra,
nordés
Ancarés,
por Lumeiras
sairás”
“De Valboa
ao Portelo,
do Valcarce
ao Cebreiro”
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home