martes, agosto 01, 2023

A TOPONIMIA GALEGA DAS LOCALIDADES BERCIANAS.

LIBRO EL BIERZO PROVINCIAL.


A TOPONIMIA GALEGA DAS NOSAS LOCALIDADES,

Por Javier Lago Mestre.

Na rexión berciana existe desde a Idade Media a lingua galega. Por suposto, este idioma está moi presente na actualidade, na onomástica (nomes, motes, alcumes…), hidrónimos, orónimos, fitónimos, etc. Nesta ocasión queremos tratar dos chamados epónimos que fan referencia aos nomes de lugares. Estes na nosa rexión berciana son abondosos. Recordemos os nomes de vilas, barriadas ou barrios. En un nivel máis pequeno, as quintas, brañas, alzadas, malladas, etc que tamén foron poboadas por gandeiros.

            Na toponimia maior salientamos os nomes de concellos. Son os casos da Veiga de Valcarce (non Valcarcel), Valboa, Trabadelo, Barxas, Oencia, Sobrado, Vilafranca do Bierzo, Corullón, Toural dos Vaos, Cacabelos, Carracedelo, A Ponte Domingo Flórez, Carucedo, Borrés, Arganza, Cabanas Raras, Camponaraia, Sancedo, Fabeiro, A Veiga de Espiñareda, Candín, Peranzaes, etc.



            Convén ter en conta os outros moitos nomes de localidades menores tamén en galego. Abrangue varias denominaciois, pedanías, barrios, lugares ou anexos. Xestoso, Busmaior, Paraxis, Ruideferros, Teixeira, Aira da Pedra, Vilela, Vilafeile, Soutelo, Soutoparada, Prado de Paradiña, Pobradura de Somoza, Ponte de Rei, Teixedo de Ancares, Naraiola, Vilaboa, Pieiros, Quilous, Rioferreiros, San Xoan de Palozas, etc.

            Outras denominaciois son os corónimos, que fan referencia a nomes de espazos xeográficos amplos (rexións, comarcas, vales…). Por suposto, temos a rexión do Bierzo, que abrangue outras comarcas. Velaí A Cabreira, Aguiar, Valcarce, A Somoza, Ancares e Fornela. Doutros tempos son as denominaciois comarcais da Cabreira alta (Truitas), Lousada (A Baña) e A Ribeira (A Ponte), Ulver (Cornatelo), Valdoza (Valdueza), Compludo, quintería de Montes, etc.



            Abraiante é a presenza da microtoponimia galega. Son os numerosos exemplos de hidrónimos (ríos, regos, regueiros…), orónimos (montes, outeiros, lombos, etc), litónimos (pedras, roqueiros…), fitonimos (carballeiras, soutos, piñeiros, devesa do Fabeiro…), zoónimos (lobeiras, oseiras, etc.

            Outros topónimos fan referencia a vías de comunicación (carreiros, sendeiros, corredoira…), explotaciois agrogandeiras (eiros, liñares, hortos, agras, brañas, morteiras, etc), fortificaciois (castros, castelos, coroas, etc.

O Bierzo, agosto 2023.


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es