A EMIGRACIÓN DO BIERZO EN AMÉRICA.
A EMIGRACIÓN BERCIANA EN AMÉRICA,
Por Xabier Lago Mestre.
Son muitos os bercianos
que emigran por razois académicas ou profesionais da nosa rexión. Feito que
todos sentimos porque sabemos que alguis machan para non voltar. Agora ben,
houbo nos séculos pasados outras emigraciois máis duras. A fines do século XIX a enfermidade da
filoxeira provocou a perda de milleiros de vides. Isto provocou a perda de
traballo agrario e maila forzada emigración dos labregos viñateiros para
América. Logo, na segunda metade do século XX, tivemos unha nova vaga de
emigración para os centros industriais de España e de Europa, Alemaña, Franza,
Suiza, etc.
Nesta ocasión queremos falar da dita emigración para
América por mor da leitura do libro Semillas
de León en América (2024). Trátase dun estudo dos emigrantes leoneses en
Hispanoamérica. Por suposto, a meirande parte do libro dá protagonismo á
emigración leonesa. Agora ben, hai un apartado que fai fincapé nas referencias
á emigración berciana. Resulta que nun principio os emigrantes organizáronse
alén do océano por comunidades comarcais, casos de Sayago, Maragatería e O
Bierzo. Esta organización dos bercianos de aló é descoñecida para a meirande
parte dos bercianos de eiquí. Por iso imos pescudar nalgúns datos de interese.
En Bos Aires os bercianos organízanse no chamado Centro
Berciano a fines de 1914. Segundo o autor, Juan Alvarez Domínguez, hai muitas referencias
na documentación á rexión do Bierzo, non así á comarca. Logo temos unha
territorialidade clarexa na rexión. O autor teima que esta referencial rexional
no es casual y respondería a una
intencionalidad manifiesta de los redactores. Ademais, no libro dos
Estatutos do Centro Berciano xorde como símbolo identitario o escudo da ponte
de Ponferrada coroada.
O dito autor relaciona este ativismo emigrante co bercianismo primario, como sentimento de
arraigo coa terra nai, e nega unha reivindicación política porque non se
menciona a provincia de Vilafranca. Abraiante resulta que o Juan Álvarez
Domínguez tampouco nomee a provincia do Bierzo, creada en 1486, e presente ao
longo da Idade Moderna. A historia sempre é utilizada segundo os intereses leonesistas.
Nos Estatutos lemos amor a su patria y a su
región, en clarexa competencia nominativa coa región leonesa. Recordemos
que existía o Centro Región Leonesa e
ámbolos dous utilizaban a denominación rexional para reafirmar a súa
territorialidade respeitiva, nada de subordinación berciana.
O Juan Álvarez Domínguez salienta la personalidad identitaria para con los que un porcentaje de los
bercianos se definan (y se identifican). Todo o cal leva a procurar a
diferenciación cos veciños. Ademais, o autor comenta que ámbolos Centros Leonés
e Berciano son coetáneos, logo hai ánimo coletivo de separación das dúas
organizaciois.
O libro refírese aos intentos de unión entre os centros
leonés e berciano (ano 1922). Todo semella indicar que houbo varias negociaciois
mais foron negativas, arribándose a la
conclusión de que no puede hacerse nada favorable por ser inadmisibles algunas
condiciones (páx. 243). Posteriormente, retoman as negociaciois mais a
delegación leonesa determina en vista de
que nuestros delegados no merecen confianza (al parecer) a dicho centro (berciano),
se dé, por terminado el asunto. Logo novo fracaso nun acordo final de unión,
León sen O Bierzo. Por un informe da asemblea xeral leonesa, de 1923, sabemos o
problema de entendemento cos bercianos, por
desear condiciones inaceptables, tales como cambio de designación para nuestra
asociación. Por mor doutro documento, concretamos esas demandas bercianas, cambia la denominación amplia y aunadora de
Región leonesa. Lamentablemente las fusiones no tuvieron éxito. O Bierzo
pretendía ter un recoñecemento da súa denominación e territorialidade.
Por suposto, co paso do tempo a existencia do Centro Berciano
non foi doada. Os centros comarcais tiveron problemas para existir pola
escaseza de socios, problemas de financiamento, consecución de locais e custo
dos servizos prestados. Aínda así ben sabemos do esforzo do Centro Berciano
para crear a escultura da Carrasca de Ponferrada, en homenaxe a Enique Gil y
Carrasco (1926). Trala desaparición do Centro Berciano (1930) muitos bercianos
pasaron a formar parte do Centro Región Leonesa. Na súa revista León xorden variadas e parciais informaciois
sobre a nosa rexión. Un emigrante leonés en Arxentina, escribe nesa revista de
1934, sobre Ponferrada que otra diversidad de tipos que intercambiando en
sus conversaciones muchas palabras en bable leonés, el primer idioma
castellano, chocando abiertamente con el idioma actual. Abraia que ese
leonés confunda o galego do Bierzo co seu bable. Mentres que o político
republicano leonés, Félix Gordón Ordás, publica un libriño titulado La
Región idiomática del Bierzo (1935) onde se recoñece o idioma galego.
Un aspecto curioso que
o autor do comentado libro descoñece son as relaciois entre o Centro Berciano e
a emigración galega. Temos numeros datos sobre os contactos entre bercianos e
galego en Arxentina. A Agrupación instructiva de Frades organizou aos bercianos
(xornal Correo de Galicia, 1926). O
chamado grupo os Amigos do Bierzo aproveitan o xornal El Despetar Gallego (1926) como medio de comunicación cos seus
asociados. Este xornal foi o medio de difusión da Federación de Sociedades
Galegas que cede aos bercianos a súa sede na rúa Balta de Bos Aires. O Congreso
da Federación de Sociedades Galegas (1927) aproba extender su obra cultural a la región berciana y que El Despertar
Gallego gallego publique información de dicha región como de cualquier punto de
Galicia. Tamén o xornal El
Heraldo Gallego fixo a mesma política de promoción da Casa do Bierzo (1927).
Por suposto, dende os
xornais de Galicia non faltaron os artigos sobre a territorialidade e lingua
galegas. No Correo de Galicia lemos, tierras
del Eo y del Bierzo hay 200.000 personas que hablan nuestra lingua gallega (1927). No mesmo xornal indícase,
si rigiese en España una auténtica división en regiones naturales, el Bierzo
sería nuestro, y de otras más aún (1928). Capital resulta o conflito comentado
entre os Centros Berciano e Leonés fronte á axuda e achegamento aos emigrantes
galegos por parte berciana.
O Bierzo, febrero de
2026.
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)

0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home