martes, marzo 28, 2006

PEDIMENTOS DO BIERZO AO CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA.

PETICIOIS DE FALA CEIBE DO BIERZO
AO CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA.

A Asociación Cultural Fala Ceibe do Bierzo (http://www.falaceibe.tk/) diríxese ao Goberno da Xunta de Galicia para lle facer unhas peticiois en relación coa protección e mailo fomento da cultura e a lingua galegas da comarca.

1ª. Con relación ao Convenio de Colaboración para o ensino do galego en O Bierzo, firmado pola Junta de Castela e León e maila Xunta de Galicia (Vilafranca do Bierzo, 18 de xullo de 2001), propoñemos que se revise e se mellore o seu contido. Neste sentido pedimos que se fixe a realización de campañas informativas anuais sobre a oferta da materia de galego nos centros escolares de O Bierzo, aproveitando o principio de cada nuevo curso académico. Tamén que se cree a Sección de Lingua Galega no Centro de Formación do Profesorado e Innovación Educativa de Ponferrada (CEFIE), do que formen parte todo o profesorado de galego da comarca.

2ª. Solicitamos a sinatura dun Convenio de Colaboración co Consello Comarcal de O Bierzo relacionado co uso administrativo da lingua galega por parte das corporaciois locais (ente comarcal, concellos e pedanías) nos eidos da restitución toponímica, estudios sociolingüísticos, cursos de galego para funcionarios, documentación bilingüe, cartelería, rotulación e demais. Neste sentido consideramos básica a creación do correspondente Servicio lingüístico polo Consello Comarcal.

3ª. Respecto aos medios de comunicación dependentes da Xunta de Galicia (TVG, Radio Galega, tv dixital) reclamamos unha mellora da súa recepción en O Bierzo, así como unha maior cobertura informativa das noticias relacionadas con esta comarca na súa diversa programación. Deberíase establecer unha corresponsalía destes medios de comunicación públicos en Ponferrada.

4ª. A Xunta de Galicia debe ter en conta as bibliotecas municipales e escolares, así como ao bibliobús da Deputación leonesa que percorre os pobos, á hora de realizar doaciois de libros en galego. Neste tema hai que valorar a gran dificultade que temos os bercianos e as bercianas para conseguir libros en galego nas librerías de O Bierzo. Tamén se fai necesario a extensión a O Bierzo das campañas de fomento da lectura pola Consellería de Cultura e de promoción do uso do galego pola Dirección de Política Lingüística.

5ª. Propoñemos a sinatura de Convenios de Colaboración coa Universidade de León que ten un campus en Ponferrada, coa Fundación Universidade de Verán de Castela e León, dependente da Consejería de Educación, e co Instituto Castellano e Leonés da Lingua con sede en Burgos, para a realización de cursos universitarios relacionados coa cultura e a lingua galegas de Castela e León presentes en As Portelas da Seabra zamorá e O Bierzo.

6ª. A Xunta de Galicia debe ter presente na programación das súas actividades culturais a posibilidade de que estas tamén se leven a cabo nos concellos de O Bierzo, caso da música, teatro, seminarios, etc, facendo especial énfase nas celebraciois relacionadas co Camiño de Santiago.

7ª. A promoción cultural e turística dos espazos naturais comuis entre Galicia e O Bierzo debe ser outro obxectivo, caso de Os Ancares, A serra da Enciña da Lastra, O Courel. E asemade debe suceder co Camiño de Santiago e maila rota de inverno a través de Borreis, A Ponte Domingo Flórez e Valdeorras, a romana Vía Nova de Bergidum por As Médulas a Braga, a ruta dos encoros pantanos do Sil, etcétera. Para isto a Xunta de Galicia, o Consello Comarcal e o Grupo Leader plus Interautonómico Os Ancares poden realizar acciois conxuntas en feiras turísticas, edición de folletos, mapas, páxinas web e sinalizaciois bilingües, etcétera.

8ª. Animamos á Xunta de Galicia a utilizar os medios de comunicación de O Bierzo (xornais, radio, televisión e internet) para executar as súas campañas publicitarias cando teñan algunha relación coa comunidade galego-falante da comarca. Así pode acontecer coas campañas de fomento da lectura en gallego, de prestixio do uso social deste idioma, de cine galego e demais. Incluso sería convinte subvencionar directamente o uso do galego escrito ou oral por parte dos medios de comunicación de O Bierzo.

9ª. A Xunta de Galicia non pode pasar por alto a necesidade de colaborar activamente coas asociaciois locais, culturais, musicais, etc, casos do Instituto de Estudios Bercianos e do Centro Galicia de Ponferrada, que tanto prestixian e fomentan a cultura e maila lingua galegas de O Bierzo.

10ª. Recordamos tanto ao Goberno da Xunta de Galicia como ao Parlamento de Galicia a necesidade de que a nova reforma do Estatuto da Comunidade Autónoma fixe no articulado un maior compromiso político coa protección e o fomento da cultura e a lingua galegas dos catro territorios periféricos, caso da comarca Navia-Eo en Asturias, As Portelas da Seabra zamorá e O Bierzo en Castela e León, e mailo vale de Ellas en Cáceres.


A.C. Fala Ceibe do Bierzo
falaceibe@yahoo.es
Tfno. 695344293 (tardes)

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

O Bercio sempres foi Lión, nen Galiza nen Castela. Mesmo as palabras "berzio"ia "butelo" vennen de dúas palabras sturlionesas (bierzu)ia (butiellu) buscáilas nu dicionário da ALLA que significan "cuna" ia "estómago".
A bandeira berciá é inspirado nu pendón d´armas du conceillo de ponferrada, logo úa sinna guerreira lionesa.
Que quede ben claro, o feito de que falemos Berciao ou galego oriental non quer decires que sexamos galegos. En México fálase hespannol ia non por iso van seres hespannois; como tamén non son lioneses nin sturianos us mirandeses. Estes son us nosos erros.
POR UNH BERCIO BERCIÁO DE VERDADE

ia úa cousía Eljas ten fronteira con Galiza.
Non sabedes de qué coiro falades, teis úos páxaros na testa...

12:29 p. m.  

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home