jueves, septiembre 14, 2006

FESTAS PATRONAIS DE PONFERRADA VINDICATIVAS

FESTAS PATRONAIS DE PONFERRADA VINDICATIVAS
DE FALA CEIBE N´O BIERZO.
falaceibe@yahoo.es

Aproveitando a estadía dos ceibes na celebración das Festas patronais de Ponferrada fixemos un chisco de activismo vindicativo. Así continuamos co recurso do buzoneo de materiais de Fala Ceibe polos concellos, neste caso polos de Ponferrada, Camponaraia, Cacabelos, Vilafranca e Toural dos Vaos. Sen discriminar a partido ningún, deixamos panfletos ceibes aos seus concellais sobre as nosas demandas en relación cunha maior protección legal da nosa lingua na rexión e cun máis recoñecemento do Consello d´O Bierzo no propio Estatuto de Autonomía de Castela e León. Durante a nosa viaxe polos ditos concellos tamén fixemos pegadas de cartelería nas paradas do autobús. Xa na cidade de Ponferrada colocamos os nosos sobres con materiais ceibes nas sedes do partidos (PSOE, PP, IU, PB e MAS), na procura de concienciar a estas formaciois verbo da necesidade de incluír as nosas demandas culturais nos seus programas políticos de cara ás elecciois de maio do 2007.

Tamén fixemos unha nova doazón de libros infantís e xuvenís en galego para o bibliobús da Deputación de León, xa que este vehículo percorre O Bierzo occidental, vai polos pobos e aldeas que aínda non tein bibliotecas municipais.

Aproveitamos esta ocasión para informar da estratexia vindicativa de Fala Ceibe para o que resta do ano 2006. O tema máis importante que temos que desenvolver é a reforma do Estatuto de Autonomía de Castela e León. O Bierzo xógase moito neste período de tramitación deste proxecto de lei. Fala Ceibe intentará ter protagonismo na reforma desta lei rexional porque pretendemos acadar a oficialidade do noso idioma d´O Bierzo e da Alta Seabra. Neste sentido, para presionar máis aos políticos da Comisión parlamentaria de reforma do dito Estatuto de Autonomía (www.ccyl.es) intentaremos conseguir o apoio da Patria Galega: do seu Parlamento, dos partidos, das instituciois, dos colectivos e das persoas individuais. Será difícil que os políticos de Castela e León nos concedan o recoñecemento de oficialidade para o galego d´O Bierzo, pero prometemos dar, unha vez máis, a batalla institucional e social, como xa fixemos na anterior reforma estatutaria de 1998, e que tan bos resultados deu finalmente malia o rexeito primeiro que tivemos tamén daquela de moitos que permaneceron pasivos ¿qué farán nesta ocasión eses criticois?...

Anticipamos que tamén participaremos activamente na Xornada Bercianista, organizada polo partido do Bierzo (www.partidodelbierzo.org), para a primeira fin de semana deste novembro de 2006, e que consistirá na presentación de dous relatorios sobre a historia das divisiois territorias d´O Bierzo, e maila política territorial da formación bercianista, e un debate final que contará coa participación de representantes dos distintos partidos que explicarán as súas propostas de recoñecemento da especificidade territorial da nosa rexión nos Estatutos de Autonomía de Castela e León e do Consello d´O Bierzo.

Ponferrada, setembro de 2006

http://www.falaceibe.tk
http://www.ciberirmandade.org/falaceive

5 Comments:

Anonymous Anónimo said...

tamen estivo ben a pegada de carteis dos do foro cultural da provincia do Bierzo

http://foroculturalprovinciaelbierzo.blogspot.com

iso tamén foi unha festa vindicativa, moi bercianista, por suposto, puxa o Bierzo ceibe

12:10 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

o partido do Bierzo quere a axuda de todas as formacións políticas de Castela e León de carácter rexionalista para formar unha coaligazón de cara ás eleccións do maio do 2007. Oxalá se consiga algo ao final

12:13 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Jornada bercianista para el día 3 de noviembre de 2006. Todos tenemos que acudir para apoyar el autonomismo berciano en el Estatuto de Castilla y León. No faltéis!!

12:26 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

novo blog galego-berciano en:

http://porcoespinhoparlanchim.blogspot.com

entra para saber máis do galego

12:33 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

curso de lingua galega no concello da Veiga de Valcarce, tedes tempo para apuntarvos ata o 29 de setembro. A titulación que se expide é a oficial da Xunta de Galiza tras 60 horas. Tfno. de contacto (987543006)

apúntate xa!

12:26 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home