sábado, febrero 19, 2011

CONFERENCIA SOBRE O BIERZO GALEGUEIRO NA CIDADE DA CORUÑA.


CONFERENCIA:
“A CULTURA GALEGUEIRA NA REXIÓN DO BIERZO.
OS PROCESOS DE RESISTENCIA LINGÜÍSTICA ESTREMEIRA”,
por Xabier Lago Mestre, do colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.


DÍA, HORA E LUGAR:
Martes, 1 de marzo de 2011, na Fundación Caixa Galicia, Cantón Grande, cidade da Coruña, 19.30 horas.
ORGANIZA:
Asociación Cultural O Facho.


INTROITO SOBRE O CONFERENCIANTE.
-Natural da cidade de Ponferrada. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Salamanca. Traballou de profesor de idioma galego en Ponferrada e de castelán na cidade de Atenas. Actualmente exerce como empregado público nun centro cultural da provincia de Zamora.
-Membro da Comisión de Cultura do partido do Bierzo, onde tamén é asesor das relacióis con Galiza.
-Como coñecedor da problemática lingüística do Bierzo ten participado en entrevistas, debates e conferencias. Nestes anos publicou numerosas colaboracióis nos xornais comarcais, de León e Galiza (Longalingua, Xornal de Galicia, A Nosa Terra…) e páxinas de internet. Os seus traballos de investigación e divulgación refírense á lingua, historia, tradicióis, dereito consuetudinario e autonomismo territorial.
- É coordenador do colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo, de defensa da lingua e da cultura galegas no Bierzo. O nacemento deste colectivo tivo lugar no ano 1998, como reacción á negativa de impartir a materia optativa de galego no instituto de ensino secundario, Álvaro de Mendaña, de Ponferrada.
-Como membro de Fala Ceibe ten participado en variadas actividades vindicativas: a celebración do Día das letras galegas, recollida de libros galegos para as bibliotecas municipais e escolares, demanda do ensino do galego nos centros escolares, recoñecemento legal da lingua galega no Estatuto de Autonomía de Castela e León, e na Lei da Comarca do Bierzo (2010), recuperación do sinal da TVG dixital…
-Co seu cargo de voceiro do colectivo Fala Ceibe posibilita a xeración e difusión periódica de noticias sobre a nosa minoría etnocultural galegueira, a través dos medios de comunicación comarcais, provinciais, autonómicos, tanto de Castela e León coma Galiza. Deste xeito a dita minoría acada un protagonismo informativo, descoñecido en décadas anteriores, o que permite a súa visibilidade social.

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home