REMEDIOS PROTECTORES TRADICIONAIS NA REXIÓN BERCIANA (2ª PARTE)
REMEDIOS PROTECTORES TRADICIONAIS NAS SERRAS ENTRE GALIZA E O BIERZO (2º PARTE),
por Xabier Lago Mestre,
REMEDIO CONTRA O COLLEDIZO E MAILO MULVEIRO.
Trátase esta doencia dunhas ampollas urticantes que poden aparecer no corpo. A crenza popular teima en que se causa polos animais que andan sobre as roupas. Para procurar remedio había que acudir ante a coutadora, que facía o coutamento. O seu ritual abranguía tres cruces co dedo pulgar da man dereita, sobre a parte do corpo ponzoñosa, mentres recitaba:
“Se es de araña vaite á parraña,
se es de sapo márchate arrastro,
se es de culebra vaite para terra,
se es de salamanca vaite para barranca.
Polo poder de Deus e da Virxe María, un Padrenoso e un Avemaría”.
ARRESPONSADORES CONTRA AS ALIMAÑAS.
Tamén había pesoas encargadas de contrarrestar o efectos perversos das alimañas que atacaban as persoas, as colleitas e os gandos. Os arresponsadores recitaban conxuros contras as bestas negativas. Nas terras de Cervantes declaraban o seguinte: “Responso ao glorioso San Antonio de Padua pedíndolle que nos garde todo o que está no monte mal gardado, de golpes, ribados, beados do monte bravos e mansos. Que non se acerquen a eles nin con cen pasos de distancia en redor, ni a tocarles con dente, nin con moa, nin con perna, nin con unlla, nin con cousa alguna, nin can, nin lobo, nin oso, nin raposa”.

Concretamos un responso contra o perigoso lobo:
“San Antonio glorioso,
embouca zorro e lobo,
de preias e uñas,
e boca e todo”.
Tamén hai responsos negativos para facer que os lobos ataquen os gandos:
“Bouzas largas, monte espeso,
tantos lobos como pelos,
vintecinco ás ventas,
e outros tantos por detrás”.
“Bouzas largas, monte espeso,
tantos lobos como pelos,
vintecinco ás ventas,
e outros tantos por detrás”.
Outro responso contra os lobos sen referencias relixiosas:
“Lobo, lobete,
tapeiche o gorchete coa pedra e un torró,
para que non podas gorgolechar máis.
Nin arriba, nin abaixo con o pder…”

Responso para a acechante aguia das serras:
“Aiga maldita,
na serra estás escrita.
Abre juchelas (unllas),
e pecha puñelas (ás).
E deixa a presa que levas.
Co poder de Deus…”
“Aiga maldita,
na serra estás escrita.
Abre juchelas (unllas),
e pecha puñelas (ás).
E deixa a presa que levas.
Co poder de Deus…”
A ENFERMIDADES DA SOMBRA E DO AIRE.
A sombra é unha enfermidade que afecta aos neniños. Tamén acontece o mesmo co aire, que repercute especialmente sobre os cativos de 4 a 6 anos. Por exemplo gárdase aos neniños dos defuntos porque estes despiden a sombra de malas consecuencias para que eles con collan a citada sombra. Certos animais tamén traen o aire, caso da cobra, araña, toupeira, serpe e demais, así como provocan a sombra a galiña choca. Nos Ancares e Courel teñen costume de afumar, provocado por outros animais como pintas (salamandras), sapos, sarabanduxas e lagartos.

COUTADO CONTRA AS QUEIMADURAS.
Para curar as queimaduras había que soplar tres veces sobre a parte afectada e recitar:
“Cristo e San Xoán,
por un camiño van.
Cristo lle dixo: anda, Xoán.
Non poido que hai un queimado.
Dalle tres soplidos e quedarás sano”.

COUTADO DA DICIPELA, XIPELA OU DIXIPELA.
Mestúranse tres gotas de aceite nunha cunha con auga milagreira. Móllanse tres ramas de oliveira e pásanse sobre as partes enfermas facendo cruces, e dícese:
“Bichos e bichas,
o fogo me ardía.
Indo pola costa da sabia arriba,
encontrein o noso señor,
e pregunteinlle que lle facía:
Con tres ramiñas de olivo,
en tres gotas de aceite e auga da fonte fría.
Co poder de Deus, da Virxe e da Samaría”.
O Bierzo, agosto de 2011.
www.obierzoceibe.blogspot.com
http://sites.google.com/site/obierzoxa

www.partidodelbierzo.es
<< Home