miércoles, agosto 24, 2011

ESTEROTIPOS ANTIGALEGOS NA LITERATURA CASTELÁ (1ª PARTE)





ESTEROTIPOS ANTIGALEGOS NA LITERATURA CASTELÁ DO SÉCULO DE OURO (1ª PARTE),
Por Xabier Lago Mestre, Fala Ceibe do Bierzo.
falaceibe@yahoo.es



O pobo galego foi obxecto dun proceso secular de desprestixio etno-cultural por parte da cultura rival de Castela. O poder cultural tratou de asoballar a cultura e a lingua galegas porque éstas cuestionaban coa súa existencia a unidade da patria e a primacía de Castela. A lingua castelá tiña o privilexio do control ideolóxico e social na Coroa de Castela. Tomamos pois os exemplos que nos proporcionan os escritores casteláns, principalmente do Século de Ouro español, para demostrar o proceso de desprestixio dos galegos e das galegas, da súa cultura minorizada e mailo territorio periférico.


O ESCRITOR LOPE DE VEGA.
Lope de Vega recolle na súa obra que “Gallegos. Gente non sancta./ Esto el vulgo que los nobles/ es de lo mejor de España”. Recordemos que foi secretario do Conde de Monterrei e camareiro do Marqués de Sarria, por iso cóidase de criticar á nobreza galega, para a cal traballou. Do mesmo autor temos, “Galicia, nunca fértil de poetas/ mas si de casas nobles,/ ilustres capitanes y letrados”. Algo tería que ver nisto último da falta de literatos galegos que a súa poboación tivese que expresarse forzosamente por escrito nunha lingua allea, a castelá.


Non pode faltar a misoxinia propia da época Moderna. En “La Burgalesa de Lerma”, Lope comenta que “hay gallega, rolliza como un nabo/ entre puerca y mujer, que baja al río/ y lava más gualdrapas que un esclavo/ cantando como un carro en el estío”. Na comedia “Don Juan de Castro” lemos “bella Estefanía/ ninfa gallega, mas bella/ que una potranca doncella”. O autor identifica á muller galega cunha potranca, o cal é interpretado por Chad Leahy como que a muller galega é indómita, coma yegua que rexeita ser montada. As galegas que ían a servir á capital da Corte non eran santo da súa devoción. O mesmo acontecía cos criados, “Porque han de ser los criados/ (salvo en todo los gallegos)/ obedientes como ciegos, y, como mudos, callados”.


A obra de Lope amosa como os galegos, ante tanto desprezo castelán, intentan facerse pasar por portugueses, xa que a lingua lusa goza de máis prestixio cá galega. Vexamos pois un curto diálogo entre personaxes.
“ANG.- ¿De donde sois?/
DL.- Soy gallego/
CAR.- Y yo, hablando con perdón. /
ANG.- Por cierto, buena nación./
DL.- Jamás yo mi patria niego./ Galicia es mi natural./
ANG.- Pues es no poco maravilla;/ que el gallego acá en Castilla/dice que es de Portugal”.


Na comedia lopesca “Santa Casilda”, un lacaio galego declara: “De Galicia natural/ adonde entre otros esclavos/ cautivé, cogiendo nabos,/ que era batalla naval”. Aproveita a ocasión para mofarse do traballo labrego.

O TIRSO DE MOLINA.
O escritor teatral Tirso de Molina, na súa obra “La gallega Mari-Hernández” tamén teima na semellanza entre os dous idiomas, galego e portugués, “No dice mal el portugués lenguaje/ Pues se distingue poco/ De la lengua gallega”. Noutro diálogo tirsiano escribe o seguinte:
“Angélica, ¿qué oficio sabréis hacer mejor?
Don Luís, sabré guardar yeguas.
Angélica, ¿criaréislas bien?
D. Luís, Sí, por Dios: el vellas pone coidicia.
Carrasco, tuvo una yegua en Galicia, casi, casi como vos.
Angélica, Qué buena comparación.”
Comparación entre a egua galega e as mulleres que terían que ser montadas polos homes.

Na obra “Mari-Hernández, la gallega”, Tirso pon na boca da galega Dominga “Soy, por vida de mi padre/ tan virgen como mi madre/ me parió”. Outro personaxe replica, “son muchas gollerías/ pedir doncellez gallega”. Críticas alusivas á falta de virxinidade galega que non se reclamaba aos homes, por suposto.


O POETA FRANCISCO DE QUEVEDO.
O poeta Francisco de Quevedo apoia esta esta estratexia antigalega no seu romance “Instrucción y documentos para el noviciado”, no cal inclúe “Con un cuerto de turrón/ y con agua y con gragea,/ goza un Píramo barata/ Cualquier Tisbe Gallega (…)”. Clara referencia ás criadas galegas, das cales os satíricos ríanse delas por sucias e estúpidas. O outro romance “Hero y Leandro en paños menores”, contén:
“Corita en cogote,/
y Gallega en ancas;/
Gran mujer de pullas/
para los que pasan (…)”.
Novo exemplo da burla pola presunta e subxectiva fealdade das galegas.


En fin, o Quevedo aproveitouse das desgrazas galegas para provocar a risa fácil e sen xeito. Para este escritor Galicia tamén era terra tida “en desprecio por ruda, bárbara y remota”. También aproveita a súa musa para rimar,“Gobernando están el mundo,/ cogidos con queso añejo,/ en la trampa de lo caro,/ tres gabachos y un gallego”.

O Bierzo, agosto de 2011.
http://sites.google.com/site/obierzoxa








Links to this post:

Crear un enlace

<< Home