viernes, septiembre 16, 2011

SUBINDO POLAS RIBEIRAS DO SIL PARA PONFE (2ª PARTE)



SUBINDO POLAS RIBEIRAS DO RÍO SIL PARA PONFERRADA (2ª PARTE),

por Xabier Lago Mestre.



CRUZAMOS O RÍO SIL.
Tras pasar polo terreo da chamada Cortiña atopamos unha ponte de madeira acementada, polo que atravesamos o río Sil, camín de Viladepaos. As paraxes de Pallarín, a Campa, A devesiña, O muíño e As Barrancas pola dereita do río Sil, pola outra banda esquerda, na ladeira montañosa, temos Os Corteliños, Gallardeira e Orgaño. Atrevémonos por un camín de As Meanas, onde entramos unha ampla chopeira, vemos moitos claros de cortas, pero no más profundo do bosque, onde remata o camín, invadido pola vexetación de ribeira, vemos os mellores exemplares, salvados aínda das cortas. As fotos darán constancia fidedigna do achádego vexetal na mesma internet.


Entramos no pobo de Vilaverde da Abadía, por suposto refírese ao mosteiro de Carracedo, a escasos quilómetros de distancia. Ao longo da súa estrada principal, atopamos bos exemplos de casas labregas, moitas agora restauradas. Unha desas casas abráianos máis, no portón baixo, vemos pintado o escudo da Deportiva ponferradina e tamén a letra do himno completo do noso equipo. Por se algún lector ten curiosidade por velo que saiba que está preto da praza de San Blas, non ten perda.


A noso río Sil fai unha grande curva, na zona do regueiro. Enfronte, na ladeira montañosa, temos Olgaño, O Francelo, O Cobacho, e máis enriba San Xoán de Paluezas, coa súa ermida da Estrela. Máis adiante albiscamos as maxestuosas barrancas de Santalla, e enriba delas O Carballal e Os foxos.


Entramos en Devesas, castelanizado en Dehesas. Soamente a 9 quilómetros xa de Ponferrada. Enfronte desta localidade, ao lado do río Sil, temos Priaranza do Bierzo e despois Vilalibre da xurisdición, o seu nome xa o di todo, na rota da antiga estrada para Ourense. As ribeiras do río amosan o Humeral, prado Nuevo, A Lameira, A Malladica, As Suertes, O Toralín, As Pozas, A Chousa, xa xunta Toural de Meraio, ben regado polo río Valdueza. Como dato curioso que poucos coñecen comentamos que as amplas terras da xunta veciñal de Toural de Meraio cruzan o río Sil e ocupan gran parte da zona da Martina, chegando a traspasar la línea de ferrocarril que vai para Galiza, colindando eiquí coas terras da xunta veciñal de Fontesnovas. Exemplos claros do patrimonio territorial dos concellos veciñais do Bierzo central.


Voltamos ao antigo S. Pedro de Devesas para seguir por barrio de Arriba, A Loba e O Serín e atopar o cruce coa estrda N-120 para Galiza. A población moderna da Martina, en honra da súa primeria ocupante da finca. A estrada recta ofrece o final na cidade de Ponferrada, pasando antes polos barrios de Flores del Sil e do Temple.


O Bierzo, agosto de 2011.
www.obierzoceibe.blogspot.com
http://sites.google.com/site/obierzoxa










Links to this post:

Crear un enlace

<< Home