domingo, agosto 28, 2011

SUBINDO POLAS BEIRAS DO SIL ATA PONFERRADA (1ª PARTE)

Itinerario do roteiro pola ribeira do río Sil por Valiña e Peón.



SUBINDO POLAS BEIRAS DO RÍO SIL ATA PONFERRADA (1ª parte).
Por Xabier Lago Mestre.




Tras cruzar o viaduto da estrada N-120, atopamos o desvío á dereita para O Carril e maila Valiña. Subimos a ponte que atravesa a dita estrada e o monte A Sufreira. Dende eiquí albiscamos un feixo de imaxe da Serra da Enciña da Lastra e do val do río Selmo. A seguir cortamos a vertente montañosa e baixamos para a ribeira do Sil. Pola estreita estrada arrodemaos o recodo da paraxe de Momao. Mentres pedalemos apreciamos como o gran río berciano alimenta coas súas augas a vexetación arbórea, a cal parece querer comer o antedito viaduto pola altura das súas copas.


Na ladeira da montaña pola que circulamos amosa as paraxes de Pena do Gato, Campanarios, Cabalón… Antes de chegar a Valiña vemos a zona de leiras, na parte máis baixa. Por fin entramos en Valiña, xunta ao regueiro a Rivitesa, que nace no Cerro de Bouzas de Vilarrando. O outro regueiro de Firulledo trae as súas augas da Meira Larga. Valiña ten xa casa rural moi ben restaurada. A estrada remata neste pobo. Amablemente unha veciña madrugadora, son as outo horas, indícanos por onde segue a corredoira para Peón.


Baixamos dende Valiña e atopamos como o poderoso Sil morde a ladeira da montaña. Consecuencia desta acción fluvial nalgún treito da nosa corredeira está a piques de desaparecer ante a ameaza de derrumbe porque o río esnaquiza a súa base de roca. Tambien valoramos o esforzó comunal dos veciños noutrora xa que tiveron que traballar arreo para picar o camín comunal na curtante de pena de lousas. Razón pola cal teimamos en que habería que rexistrar todas estas corredoiras veciñais e logo conservalas axeitadamente.


Pouco despois cruzamos por un fermoso souto onde vemos o estado de crecemento das espiñosas castañas. Dá gusto relaxarse camiñando polo seu interior. Por aquí anda a devesa de Valiña, máis enriba, na ladeira atopamos o Pico da Devesa (766 m.). A andaina continúa agora chopeiras. Dentro delas sorpréndenos pisar tanto canto rodado. Os veciños botaban estas pedras para manter as corredoiras. As pedras empecen que medre a vexetación e manteñen os camiños mellor durante as inundacióis periódicas do río Sil. Paraxes encantadas de Couto, O Freixal, Ladeira e mailo Marquesado, en referencia a un territorio dos donos de Vilafranca. O caserío de Peón desvíase do noso camín ribeireño.



O Bierzo, agosto de 2011.























Links to this post:

Crear un enlace

<< Home