martes, febrero 26, 2013



CURSO DE LINGUA GALEGO-BERCIANA 9.
por Xabier Lago Mestre, do colectivo Fala Ceibe do Bierzo.
falaceibe@yahoo.es

PRONOMES POSESIVOS EN GALEGO (2ª PARTE)
Vemos agora os pronomes posesivos plurais.
Para un suxeito que ten varios obxectos posuídos:
OS MEUS CABALOS TROTAN POLOS PRADOIROS DA VALOUTA, mis caballos trotan por los prados de Valouta.
OS TEUS LIBROS DE GALEGOS TAMÉN SON MEUS, tus libros de gallego también son míos.
OS SEUS PAIS NON QUREN QUE VAI A LEÓN, sus padres no quieren que vaya a León.
AS MIÑAS MONECAS ESTÁN ROTAS, mis muñecas están rotas.
AS TÚAS PATACAS SON MOI SABROSAS HOGANO, tus patatas son muy sabrosas este año.
AS SÚAS CEREIXAS DE CORULLÓN VÉNDENSE BEN, sus cerezas de Corullón se venden bien.
Con varios posuidores utilizamos os seguintes termos:
OS NOSOS  VECIÑOS NON FALAN MOITO, nuestros vecinos no hablan mucho.
OS VOSOS PARENTES NON NOS QUEREN NADA, vuestros parientes no nos quieren nada.
OS SEUS CADROS COPIAN A PAISAXE BERCIANA, sus cuadros copian el paisaje berciano.
AS NOSAS AMIGAS QUEREN IR AO TEATRO VILAFRANQUINO, nuestras amigas quieren ir al teatro villafranquino.
AS VOSAS CARTAS NUNCA CHEGARON AO SEU DESTINO, vuestras cartas nunca chegaron a su destino.
AS SÚAS FOTOS DE BEMBIBRE SON FANTÁSTICAS, sus fotos de Bembibre son fantásticas.



PALABRAS EN LINGUA GALEGA CON –L-
Marmelo (fruto membrillo), martelo (martillo)
Cebola (cebolla de huerta), colar
Colo (cuello), costela (costilla)
Crioulo (criollo)
Degolar (degollar)
Destelo (destello luminoso), engulir
Colariño (coralino marino), anel (anillo)
Mapoula (flor amapola)
Belota (fruto bellota), calo (callo)
Capela (capilla), castelán
Selo de Correos
Miolo, meixela (mejilla)
Talo das plantas
Val (valle), vasalo (vasallo)
Vila, beleza (belleza).


PRESENTE DE INDICATIVO DO VERBO CABER.
Eu caibo no auto convosco. 
Ti cabes ben na neveira poque és pequeno
 el cabe comigo na miña cama,
Nosoutros non cabemos todos xuntos no corredor
Vosoutros cabedes ben no teatro de Vilafranca. 
Eles/elas caben cando están moi xuntiñas.



MÁIS VOCABULARIO GALEGO-BERCIANO.
SABICHEIRO, persoa que pensa que o sabe todo.
BALANDRÁN, tolo, tamén descoidado no vestir.
APALAMBRADO, mozo despistado.
AVEZADO, habilidoso nas súas tarefas.
TARABELO, persoa terca, teimuda.
PAPEIRO, tolo ou paparote.
MAMELO, castaña cocida.
CAMUÑAS, viciño tacaño, tamén de mal humor.
APERTADO, agarrado,tacaño.

O Bierzo, febreiro de 2013.
www.obierzoceibe.blogspot.com



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es