MEMORIA DA ALDEA BERCIANA DE MATALAVILLA,
Po rFALA CEIBE DO BIERZO.
falaceibe@yahoo.es
Por sorte para todos e todas temos varios libros que pescudan na historia local a través da descoñecida microhistoria. Neste caso temos Matalavilla, memoria de una aldea leonesa, dos autores Adolfo Fernández Pérez e Ovidio García Fernández. Esta aldea pertence ao concello histórico de Palacios do Sil, e para nós berciano por pertencer ao actual Consello Comarcal do Bierzo.
Comeza o seu amplo texto analizando o releve, o clima,a vexetación e maila fauna, así como a súa situación viaria a través dos seus carreiros (roderas ou camíns carreteiros) e contorna hidrolóxica, cos seus regatos que abastecen guertos e chinares (liñares). Os regatos son aproveitados tamén con baldadas de madeiras e paredois de pedra.
Segue o libro co capítulo titulado” La agricultura tradicional al borde de la crisis”. Entramos así na lectura sobre a explotación do terrádego, coa rotación de cultivos no secano, ou as posibilidades do regadío cos liñares. Segue co ciclo productivo (sembra, recolección do centeo, o acarreo, salientado o outono como xeira de froitos.
A explotacións dos prados e o monte comunal tiñan unha importancia destacable para a economía campesiña. Incluso se ten en conta a trashumancia gandeira da montaña, para iso as cabanas e brañeiros. Sistemas secundarios do sistema productivo eran: a caza e maila pesca, a mata do gocho, os cortíns contra os osos, os artesanos, a rebusca de froitos.
A COMUNIDADE DE VICIÑOS DE MATALAVILLA.
O apartado “Vivir en comunidad” resulta dos máis interesantes. A asamblea de viciños, chamado concechu, procura regular a vida da comunidade agrogandeira. Ben analizados o chamado ordenamento da auga, a organización gandeira, as veceiras de cabras e ovellas, o agarre de touros, as facendeiras comunais, os muiños de uso público, para rematar co xogo de bolos.
Novo capítulo é a “Estructura social e familiar” co estudo do igualitarismo comunitario, a muller, a importancia familiar na transmisión educativa e cultural (cancióis, refráns, contos…). A seguir, os ritos de paso do ciclo vital, co nacemento, o bautizo, a escola, a mocería no seu aspecto sexual, a soltería, o noviazgo e mailo matrimonio. A norte, co seu rito funenario na montaña, e o culto ás ánimas. O ciclo festivo resalta os seus apectos sociais e relixiosos.
De anexo, un vocabulario local moi interesante, de seu ástur-leonés, ademáis do refraneiro e contos, rematando cos xogos antigos. Neste tipo de estudos non pode faltar o correspondente e necesario arquivo fotográfico que recuperan recordos ante os nosos ollos abraiantes.
O Bierzo, xaneiro de 2013
http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es
1 Comments:
que hables de matalavilla, perteneciente a la tradional comarca berciana de ''rivas del sil'', cuna del astur-leónes (o pachuezo) y a la vez abogues por un bierzo ''ceibe'' e ''galego'', me resulta cuanto menos HIPÓCRITA.
Publicar un comentario
<< Home