XORNADA SOBRE AS XUNTAS VECIÑAIS LEONESAS.
XORNADA SOBRE AS XUNTAS VECIÑAIS LEONESAS,
Por Xabier Lago Mestre.falaceibe@yahoo.es
Seguen os temores ante a supresión das nosas xuntas veciñais por parte do gobernó Central. Dentro da dinámica de movilización social de resistencia o pasado sábado 27 de outubro celebrouse na capital leonesa unha Xornada sobre as Xuntas Veciñais. O acto público contou con dúas conferencias e un debate aberto cos pedáneos.
A primeira conferencia foi a cargo de José Antonio Serrano Álvarez que disertou sobre as “Juntas vecinales, comunales y Estado: una relación histórica conflictiva”. O seu autor destacou que no século XIX os primeiros ataques aos comunales se realizaron durante as guerras napoleónicas polas denominadas cargas de guerra. Outro tanto aconteceu durante o prolongado conflito carlista. A Facenda estatal esixía tamén cumprir cos pagamentos periódicos dos seus tributos. Os concellos rurais víanse obrigados a vender as súas terras para pagar os cupos asignados pola facenda estatal.
Ante as supresión dos señoríos os concellos rurais tiveron que demostrar a propiedade dos comunais fronte á burocracia liberal. Neste sentido recordou que unha lei do ano 1931 permitíu recuperar os comunales aos pobos. Mentres os foros agrarios foron obxecto dun gran debate xurídico ata que finalmente se recoñeceu como instrumento contractual.
OS PROCESOS DESAMORTIZADORES.
Pola outra banda, a distintas desamortizacióis tiveron tamén o seu protagonismo nos ataques aos comunais. Antonio Serrano recoñeceu que os arrendamentos dos coutos redondos das institucióis da Igrexa foron xeralmente favorabeis aos labregos. No proceso desamortizador salientou a corrupción cando os poderosos burgueses ou nobres chegaron a sobornar aos funcionarios (notarios, escribáns, peritos…). Os especuladores fixeron as súas compoñendas nas subastas e no reparto dos lotes en prexuízo dos campesiños. Foi ministro Madoz o que desamortizou os propios dos concellos, a pesar de ser moi escasa en León (ao redor do 5%) e maior en O Bierzo polo tema das ferrarías. As xuntas veciñais reaccinaron ante tanto ataque mediante os chamados expedientes de excepción de vendas. Ademais, moitas producíronse moitas crebas pola falta dos pagos fixados nas subastas, o que favoreceu a recuperación dos terreos desarmortizados polos concellos.
AS XUNTAS VECIÑAIS COMO ADMINISTRACIÓIS PÚBLICAS.
A seguinte conferencia de Carlos González-Antón analizou as xuntas veciñais como adminstracióis públicas. Comezou o seu autor coa pertinente crítica ás outras administracióis, casos do Goberno Central, Junta de Castela e León e Deputación de León, esta última por non defender suficientemente ás xuntas veciñais provinciais.
Seguidamente González-Antón fixo referencia aos novos requisitos legais que imponen as Leis estatais de estabilidade presupostaria e economía sostible ás xuntas veciñais. Falamos da eficacia da prestación de servizos públicos a través do control periódico mediante auditorías con estándares de calidade. Outro tanto acontece coa esixencia de contabilidade, intervención do gasto público, onde os secretarios municipais teñen que estar presentes na aprobación dos acordos plenarios, liquidación dos presupostos e transparencia das contas (publicidade ante os viciños). É dicir hai unha maior esixencia de controis administrativos para unha administración pedánea con escasos recursos (persoais, técnicos, económicos…).
Ante a ameaza estatal de supresión das xuntas veciñais leonesas e bercianas non queda outra que asociarse na defensa dos dereitos comunais. Esta é a intención da recentemente creada Federación Leonesa de Entidades Locales Menores.
O DEBATE PEDANEO.
Os alcaldes pedáneos aproveitaron o debate final para destacar a falta de axuda por parte doutras administracióis superiores, por exemplo cando non envían os secretarios municipais ás asembleas das xuntas veciñais ou non se conta coa pedáneos no debate territorial de Castela e León. Incluso se denunciou que os dous grandes partidos políticos fan todo o que poden para desmobilizar a revolta pedánea e mailos correspondentes procesos de asociacionismo. Dende O Bierzo non estaría mal que o Consello Comarcal tomase conciencia desta problemática e dera un apoio máis decidido ás nosas xuntas veciñais.
O Bierzo, outubro de 2012.
www.obierzoceibe.blogspot.com
http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home