viernes, septiembre 07, 2012



A DEFENSA DO MONTE BERCIANO,
Por Xabier Lago Mestre.

Este traballo comeza cun recordo para o noso monte ponferradino emblemático do Paxariel. Recentemente un desalmado provocou un novo lume nas súas ladeiras. Unha vez máis neste verán os bercianos asistimos atristurados a ver como as chamas roxas remataban coas árbores, matoeira e demás patrimonio vexetal e animal. De pouco serviron as patrullas de voluntarios ciclistas que vixilaron o dito monte durante meses. Dende logo non hai quen poida co aloucado incendiario que ataca todos os veráns sen xeito. Velaí que xa se fale de colocar cámaras de videovixilancia para poder localizalo o vindeiro verán.



                                         A ALDEA BERCIANA DOS MAZOS.

                Os bercianos de ben pouco podemos facer por evitar eses desastres. Quizais concienciar máis á poboación, mediante escritos coma este, sementar as zonas queimadas, coidar máis o monte durante as nosas andainas, evitando botar lixo, non contaminando acústicamente, nin cazando animais, nin estragando a flora de fóra dos carreiros e sendeiros, entre outras actividades cívicas co Paxariel.
OS DANOS ABIÓTICOS DO MONTE.

                O monte berciano en xeral é un espazo delicado, máis alén dos lumes forestais. Referímonos a que sofren dos danos chamados abióticos, os que teñen relación coa prolongada sequedade ambiental que reduce considerablemente a humidade da terra. Todo isto afecta gravemente ás árbores permitindo que proliferen as pragas bacterianas.

Pola outra banda, nesta categoría de danos abióticos contamos co exceso de densidade vexetal do monte berciano pola falta de limpeza. A parte das árbores temos moita matoeira que crea un combustibe a ras que favorece a rápida extensión dos lunes forestais. A limpeza desta matoeira esixe moitos cartos públicos que escasean en época de crise como a que sufrimos. En tempos pasados o monte era moito máis aproveitado polos propios viciños das aldeas. O monte formaba parte da economía complementaria das familias pois del tiraban leña o uces para os fogares, estrume para os eiros, cortiñas ou cortes, follas para alimento de gando, cogumelos outoñais para a alimentación humana, herbas coma menciñas, corcho para tapóns, froitos (castañas, piñóis, belotas…), madeira para facer casas, pedra para pontes, lousa para tellados, carbón vexetal, ocupacióis temporais de labradío con queimas controladas mediante facedeiras en bouzas, rozadas, searas… A principal labor de limpeza facíana el pastoreo de gando maior (bois, vacas, cabalos…) ou menor (piaras de gochos, rebaños de ovellas, cabras…). Así ata as altas brañas bercianas chegaban incluso as ovellas meiriñas de Castela e Estremadura, e as cabras eran as encargadas da limpeza de camíns porque comían os vexetais máis expiñosos. Por desgraza, a gandeiría berciana está sendo reducida tamén drásticamente.




OS DANOS BIÓTICOS.

                Por desgraza cada vez son máis agresivas as bacterias que atacan mediante pragas as nosas especies vexetais autóctonas. En parte el cambio climático favorece a súa proliferación sen xeito. Igual diezman os piñeiros que os castiñeiros ou as árbores frutais da chaira (maceiras, pereiras…) provocado sucesivas alertas fitosanitarias. A loita contra estes axentes patóxenos esixe unha cara investigación en laboratorios especializados e lonxanos que se concreta en la elaboración de feromonas, dentro da chamada biotecnoloxía. Non resulta extraño apreciar visualmente os efectos dos seus ataques, decoloración das follas, desfoliación da parte baixa das árbores, o cancro nos castiñeiros, a seca total dos piñeiros, etc.

                Por iso cada novo estudo fitosanitario esixe máis complexidade para ter en conta diversos factores, altitude, litoloxía, solo, pendente, vexetais afectados, geoformoloxía ou a exposición solar (solaina ou umbría), rede hidrolóxica (ríos, regueiros…), poboamento humano (cidade, vilas, aldeas illadas…), etcétera. 





OS COIDADOS FORESTAIS.

                A necesidade de maior protección dos nosos montes bercianos provoca grandes cambios na paisaxe con novas infraestruturas. Así temos a apertura de numerosas pistas forestais ou devasas (cortafogos) nas pendentes ladeiras. O grande problema que ten o monte berciano é o do seu aproveitamento axeitado. Os baixos prezos forestais prexudican a súa explotación, tanto da madeira, resina de piñeiros, castaña dos soutos… Todo isto provoca que os propietarios non invistan no monte, sobre todo na súa conservación mediante sembras, plantacióis, desbroces, clareos, podas, eliminación de residuos, cortas de entresacas e a matarrasa e demais. A isto engadimos o problema social, referido á despoboación, emigración, envellecemento dos propietarios sen intereses a medio prazo, minifundismo (excesiva división das propiedades), etc. E maila xa comentada falta de gandeiría que limpe parte da vexetación que nace sen control nos montes bercianos.
                
Para rematar comentar que non estaría mal que os urbanos tomemos unha actitude máis activa en defensa do monte berciano. Animamos a todos a gardar as sementes das froitas que comemos nas casas para logo, durante as nosas excursióis polo monte, plantemos esas sementes nas parcelas queimadas. Dende logo que moitas desas sementes non sairán pola falta de coidados axeitados, pero outras seguro que si e así axudamos á rexeneración do monte berciano. Grazas anticipadas.

O Bierzo, setembro de 2012.
www.obierzoceibe.blogspot.com

http://sites.google.com/site/obierzoxa
 http://www.facebook.com/xabierlagomestre
 www.twitter.com/obierzoxa
 http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

...en vez de "rexión", millor bisbarra
d:D´

5:36 a. m.  

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home