lunes, agosto 27, 2012


SISTEMAS TERRITORIAIS HISTÓRICOS
DE REFERENCIA IDENTITARIA
 NA REXIÓN BERCIANA,
Por Xabier Lago Mestre.

Os complexos territoriais tradicionais de referencia identitaria están sendo alterados polo sistema económico capitalista e tamén pola acción política. La política internacional de prezos agrarios á baixa (cereal, froita doce e seca, madeira, gando vivo, leite, carnes…) e mailos altos custos de produción (combustible, electricidade, transporte…) condiciona negativamente o desenvolvemento socioeconómico do medio rural na rexión do Bierzo.  Esta grave conxuntura provoca o despoboamento, envellecemento, e a emigración dos pobos para as cidades. A isto temos que engadir a praxe política actual que intervén contra o medio rural. Como exemplo disto temos o peche de escolas públicas, ameazas de supresión de concellos, mancomunidades e xuntas veciñais, traslado de médicos, redución de investimentos e financiamento local…). Tampouco podemos pasar por alto que as crises económicas periódicamente afectaron ao medio rural berciano, pero cremos que agora se manifesta dun xeito catastrófico e irreversible.






O POBOAMENTO TRADICIONAL.

            Miramos cara ao pasado para revisar os peculiares complexos de poboamento rural. Entre eses salientamos os pequenos núcleos, casos do casar, vilar, lugar, aldea, quinteiro, barrio e demais. Os señoríos medievais organizaron os seus territorios entorno ás vilas (Bembibre, Vilafranca, Corullón, Ponferrada,  Toreno…) que someteron as aldeas dependentes (alfoces, arrabaldes, contornas…). Os señoríos laicos (Lemos, marquesado de Vilafranca, condes de Alba de Liste, Toreno…) e eclesiásticos (bispados de Lugo, Astorga e Oviedo, mosteiros de Carracedo, S. Pedro de Montes, S. Andrés de Espiñareda…) estruturaron os seus territorios en distintas xurisdiciones (meirindiades, coutos, quintería, préstamos ou xurisdicióis). En cada territorio señorial colocáronse oficiais para controlar aos seus vasalos (alcalde maior, meiriño, alcaide, mordomo, notarios, escribáns, rexidores…).






            Este sistema de poboamento territorial, a través dos señoríos e xurisdicióis, creou lazos de solidariedade entre os seus vasalos ou viciños que perviviron durante séculos. Pois los señoríos non desapareceron ata o século XIX en que foron sustituídos polos concellos liberais. Tamén os grandes señoríos crearon grandes asembleas, as xuntas xerais, formadas por representantes das pequenas xurisdiciois que os integraban para debater sobre asuntos común. Pola outra banda, os concellos tradicionais se fortaleceron mediante a participación democrática dos seus viciños. Froito deste traballo político é o coñecido como dereito consuetudinario, concretado por exemplo nas ordenanzas concellís. A todo isto engadimos a peculiar orografía da montaña berciana, formada por multitude de vales por onde corren varios ríos e regueiros, que deu orixe a outras organizacióis xurídicas organizadas entorno aos vales (Fornela, Ancares, Somoza, Aguiar, Cabreira, Valdueza, Boeza… ) para o aproveitamento en común dos seus respectivos recursos agrogandeiros e mailas esixencias colectivas aos seus señores.
(CONTINUARÁ)

O Bierzo, agosto de 2012.
http://sites.google.com/site/obierzoxa
 http://www.facebook.com/xabierlagomestre
 www.twitter.com/obierzoxa
 http://www.blogoteca.com/
obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es