domingo, julio 01, 2012

POLA VILA DA PONTE DOMINGO FLÓREZ

POLA PONTE DOMINGO FLÓREZ NA ENTRADA DA CABREIRA,
Por Xabier Lago Mestre

Recíbemos o pobo galego de Quereño. Esta poboación é dende finais do século XIX, cando chegou o primeiro tren a vapor, a saída ferroviaria das xentes da Cabreira Baixa. A uns metros a man esquerda atopamos a ponte sobre o río Sil que separa os concellos viciños da Rubiá e da Ponte Domingo Flórez. Pola veiga do Sil xorden casas dun barrio novo mentres avanzamos cara á zona vella. Na moderna Casa do concello xorden as tres bandeiras, iso si, coa leonesa e sen a berciana. As zonas periféricas procuran reafirmar a súa identidade provincial fronte aos seus viciños galegos, non vaian ser acusadas de confusionismo identitario.

                Vemos carteis nas paredes que avisan dun festival gaiteiro, grupos de Galicia, Asturias e O Bierzo. Que mágoa non poder quedar ás celebracióis da noite de S. Xoán onde seguro que haberá fogueira purificadora. A nosa andaina lévanos ata o barrio da igrexa, onde hai un pazo moi fermosiño. Na espadaña do edificio relixioso vemos a lápida dos caídos por José Antonio Primo de Rivera e pola Patria. A igrexa sen teito parece estar en reconstrucción. Agardemos que cando rematen a obra se leven de alí a dita lápida franquista. Baixamos pola rúa real para a ponte que cruza o río Cabreira. Tras pontealo, tiramos para a esquerda, subindo pola rúa As Nogais, onde hai unha ringleira de casas que se utilizan como adegas. Estas teñen moita actividade durante as fins de semana grazas ao lecer bebedoiro.
         
         A vila da Ponte Domingo Flórez é un concello no que se integran os pobos de S. Pedro de Trones, Salas da Riveira, Yeres, As Veigas de Ieres, Robledo de Sobrecastro e Castroquilame. Estamos en territorio galegofalante e isto nótase ben na toponimia da contorna. Como feito curioso, a fines da década dos 90 do século pasado, a xunta veciñal das Veigas de Ieres reclamou o seu nome en plural fronte ao oficial Vega, iso si, en castelán Vegas. Tamén temos S. Pedro de Trones, que ten outra pronuncia tradicional en galego (troes, máis pechada en -is). A nosa norma é recuperar a toponimia tradicional en galego-berciano aínda que algúns nos poidan criticar por este exercicio de liberdade cultural autóctona. Despedimos a nosa estadía na Ponte recordando que foi vila de feiras, celebradas o día 4 de cada mes, onde se vendían gandos, grans (centeno principalmente) e lenzos coñecidos como Vierzos.

AGATUÑANDO PARA SAN PEDRO DE TRONES.

Á saída da vila vemos aló enriba da montaña o noso seguinte obxectivo, S. Pedro de Trones. Este pobo xorde acurralado polas grandes canteiras de lousa que xorden ameazantes sobre o seu casarío. Canteiras que trouxeron traballo aos seus viciños e tamén moitos cartos para a súa xunta veciñal. Por iso o pobo xorde ben comunicado por estrada por mor do transporte de lousa. Andaina chea de boas imaxes vexetais e paisaxísticas. Deixamos atrás a toponimia, As Nogais e Nogaliña, clara referencia ás árbores, para virar e entrar no val do regueiro das Canteiras. O bo firme da estrada Le 191/13 facilita o noso continado ascenso. Un tellado de lousa anuncia a ermida da Estrela. Novo edificio relixioso froito dos cartos mineiros. Nomes galegueiros en Teiro, Poulón, A Poula (antigo terrádego do centeo), Pousadela, Rideira pola zona norte. Chegamos a S. Pedro de Trones, polo seu barrio de Carballeda. A nova estrada de circunvalación, pola esquerda, facilita un acceso  ao casarío sen tanta costa. Un fermoso miradoiro, acondicionado moi ben con fonte fresquiña, protector tellado, mesas e bancas, permite o axeitado descanso e acougo. Vaia vista do val do río Cabreira ao fondo!. Tiramos fotos por todos lados do noso fermoso horizonte paisaxístico. Un sinal avisa da fonte de Gumeiros máis adiante pero nosoutros por hoxe xa temos abondo. Da conversa cun viciño sabemos que hai boa estrada para Robredo de Sobrecastro. Pero deixamos este percorrido alternativo para outra xornada de fin de semana.

Arrodeando o pobo desfrutamos tamén da ordenación territorial polos viviños. As paisaxes eiquí ten fermosos nomes, Lagoroz, Fresno e aló Logazos. Para topar despois Foxo, Casarois, Pomar, Cancela, Filgueira máis enriba Chao de Rubio e Retela, todo isto polo sur. Outros tantos cara ao val das Canteiras, Decaro, Val de novo, Chao de Cruz, Pousadela (lugar de descanso), Fontiña, Reitoría, vinculada á ermida da Estrela, e Treitoiro, que se relacionaba con madeira cortada lista para transportar. Por desgraza os bosques xa hai tempo que desapareceran, pero restan as referencias toponímicas xa vistas. Máis na pendente ladeira as escombreiras superiores cubren moitos dos antigos pastos onde pacerán os gandos comunais. A verdade é que eses lixos de lousa non deixan de medrar e xorden ameazantes cada día máis.   

O Bierzo, xullo de 2012.
www.obierzoceibe.blogspot.com

http://sites.google.com/site/obierzoxa 
http://www.facebook.com/xabierlagomestre
 www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa
 http://obierzoceibe.wordpress.com
http://www.ciberirmandade.org/falaceive
www.ponferrada.org
www.partidodelbierzo.es
www.todobierzo.com
www.elecodelbierzo.es

2 Comments:

Anonymous Sergio said...

Respecto a “[…]Estamos en territorio galegofalante e isto nótase ben na toponimia da contorna. Como feito curioso, a fines da década dos 90 do século pasado, a xunta veciñal das Veigas de Ieres reclamou o seu nome en plural fronte ao oficial Vega, iso si, en castelán Vegas. Tamén temos S. Pedro de Trones, que ten outra pronuncia tradicional en galego (troes, máis pechada en -is). A nosa norma é recuperar a toponimia tradicional en galego-berciano aínda que algúns nos poidan criticar por este exercicio de liberdade cultural autóctona.”

A miña familia é das Vegas de Yeres; tanto os que falan en galego na aldea coma os que non chámanlla as Vegas, do mesmo xeito que se fala das distintas partes da aldea con termos de orixe galega: los/os Balcóis, la/a Portela, el/o Souto, la /a Caborca, etc. (engado o artigo tamén en castelán pra denotar que fálese en galego ou en castelán, os nomes vain en galego). A palabra “veiga” tamén existe no galego da zoa, mais non se usa para designar ó pobo. Isto ven en referencia a tua frase “A nosa norma é recuperar a toponimia tradicional en galego-berciano aínda que algúns nos poidan criticar por este exercicio de liberdade cultural autóctona”, e tamén en referencia ós que pintaran fai uns anos o cartel que indica a dirección a Yeres tachando o “Y”. Vós téis dreito de propoñer a volta as formas galaiquizadas e presuntamente máis “naturáis” respecto ós topónimos, mais non por riba dos dreitos (e a libertade tamén) dos que viven no lugar e non fain uso desas formas que vós teis coma máis enxebres. En definitiva quen vive eilí non fala de “Eres”, “A Ponte de D.F.” nin das “Veigas de Eres”, senón de “Yeres”, “O Puente”, e “As Vegas” e istas son as formas máis naturáis, sexan máis o menos galegas ou máis o menos dialectalizadas (nótese que “El Puente” ten o artigo galaiquizado en masculino). O máis xusto en propor un cambio de nome tería que ser deixarlles ós habitantes que o decidesen eles; en definitiva son eles quen utilizan esa designación tódolos días, os de fora non o fain máis que cando ollan nun mapa. Si nas Vegas gústalles falar do seu pobo en plural (contra o nome en singular) e con A e non EI (falen galego ou castelán), é a sua aldea e a sua elección. Tan artificial é castelanizar un nome galego (como se fixo no pasado) como galaiquizar un nome en castelán; en definitiva non se sabe se os fundadores do pobo falaban unha ou outra lingua; de feito nas hijuelas máis antiguas que temos xa sai o nome de “Vegas”.

Aparte deste comentario, grácias por falar dos pobos desta zoa meio esquecida. Estaría ben que aparte da ruta do Camiño de Santiago por Ponferada se fomentase o turismo rural polas rexióis un pouco máis afastadas.

Grácias.

9:59 a. m.  

10:00 a. m.  

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home