lunes, mayo 07, 2012

DEIXÁNONOS CAER POLA VILA DA RÚA E PETÍN.




DEIXÁNDONOS CAER POLA VILA DA RÚA E POR PETÍN,
Por Xabier Lago Mestre.

De novo madrugón para achegarnos a Galiza, concretamente á vila da Rúa e a poboación de Petín. O rexional ferroviario avanza polo val do Sil que vai medrando paseniño mentres entra na Comunidade Autónoma viciña. Tras 55 minutos de curta viaxe paramos na solitaria estación da Rúa.

O repartidor de xornais bota os exemplares de La Rexión de Ourense polos portalóns e bares. A vila dorme aínda este sábado primaveiro. Subimos pola comercial rúa do Doutor Vila con sucesivos comercios tradicionales que loitan con moitas dificultades por saír adiante fronte á crise socioeconómica actual. Esta vila ten claro carácter comarcal para diversos concellos viciños de Pobra de Trives, Larouco, Petín e tamén O Bolo. Pero tamén sufre a cercanía do Barco de Valdeorras que fai a súa competencia no sector terciario. A Rúa tivo gran desenvolvemento económico coa construción dos saltos ou encoros hidroeléctricos da época franquista. Segundo nos contan, nesa época fixéronse moitas casas que logo foron alugadas para os traballadores temporais.





                           A PONTE ROMANA DA CIGARROSAS EN PETÍN.


O nome da vila da Rúa resulta ben ilustrativo. A principal vía de comunicación articula a súa trama urbana. O camiño real entre O Bierzo, O Barco para Quiroga e, Monforte de Lemos pasaba por eiquí. Nosoutros imos para a esquerda, pola rúa Progreso, a máis principal e comercial. Nunha placa lemos “Rua zona A Casilla y Puente”, lamentable que esta vila galega non dea máis importancia á lingua galega, a través da súa correcta ortografía e toponimia propia. Camiñamos xunto ao encoro de San Martiño porque procuramos un monumento moi antigo. Trátase da ponte romana da Cigarrosa, por suposto sobre o noso río Sil. Esta ponte foi o límite occidental da vella provincia de Vilafranca do Bierzo, durante o Trienio Liberal (1820-1823). Cruzamos con orgullo berciano autonomista e tiramos as fotos para a lembranza posterior. Varios fermosos edificios anexos á ponte que suponemos que eran o lugar de cobro de trabucos por pontazgo, caso das alcabalas, durante as Idades Media e Moderna. Eiquí mesmo temos a poboación de Petín que abre camíns para as bisbarras do Bolo e terra de Trives. De volta para A Rúa cruzamos agora pola paralela e moderna ponte por onde pasa a N-120, sempre obxecto de vindicación interterritorial común do Bierzo e Galiza que queremos a súa transformación en autoestrada.







Chegados de novo á Rúa, avanzamos pola rúa Progreso. Desviámonos pola súa esquerda, subindo para a praza Toural, onde atopamos amplos espazos para o comercio minorista e gandeiro. Fermosiñas casas tradicionais con longos corredores de galerías acristaladas. A parroquia tamén está presente neste espazo mercadoiro. Dúas torres adornan o conxunto relixioso, en fronte del o cruceiro galego que non falte. Os barrios de Fontei e Vilela parecen agatuñar pola montaña enriba.

OUTRAS PARAXES DA CONTORNA.

Pero esta pequeña vila da Rúa, de 4800 viciños, amosa cercanas montañas que paga a pena valorar. Son Lagoa Grande (1246 m.), Pincheira (1139 m.) e A Torrenta (1134 m.), pertencentes á serra de Creixido, que afasta estas terras de Quiroga, máis lonxe as serras dos Cabalos e da Enciña da Lastra. Así pois, se hai tempo e ganas recomendamos visitar calquera paraxe vexetal cercana, por calquera dos catro puntos cardinais, que de seguro nos traerá semellanzas coa nosa viciña rexión berciana. Ao sur, en fronte da estación, temos de novo o encoró de San Martiño, e máis aló, tamén impoñentes montañas onde xorden pequeñas aldeas como Sampaio, Nones, O Porto ou Carballal.

O Bierzo, maio de 2012.


http://sites.google.com/site/obierzoxa
http://www.facebook.com/xabierlagomestre
 www.twitter.com/obierzoxa
 http://www.blogoteca.com/obierzoxa
 http://obierzoceibe.wordpress.com
http://www.ciberirmandade.org/falaceive
 www.ponferrada.org
 www.partidodelbierzo.es
www.todobierzo.com