martes, mayo 15, 2012

O BURÓN: VOCABULARIO DOS FORNELOS


O BURÓN: VOCABULARIO DOS FORNELOS.
Por Xabier Lago Mestre.

Moitos dos viciños do val de Fornela estaban especializados na venda ambulante. Estes vendedores tiñan un peculiar vocabulario que utilizaban para entenderse só entre eles. Deste xeito evitan ser comprendidos por persoas que non eran de Fornela nin vendedores. Como nota curiosa, as mulleres fornelas non coñecían esta linguaxe porque quedaban nas casas e non participaban destas actividades comerciais. Segundo os estudosos da filoloxía, estas palabras son préstamos doutras linguas, dutras xergas, substitucióis metafóricas, metáteses, sinónimos e demais. Esta breve recompilación de palabras por orde alfabética será a título orientativo.

PALABRAS COA LETRA A.
ADUCAR por roubar.
ANSIA equivale ao líquido coñecido coma auga.
ARTÓN é o pan de cereal.
AFEITAR cando se trata de vender caro un produto.

PALABRAS CON B.
BARBUDO por billete de mil pesetas.
BARROS equivale ao pene masculino.
BRACOSA, por saba da cama.

PALABRAS COA LETRA C.
CAITANA, órgano xenital feminino
CALIENTE por café.
CARABICA é a prenda de vestir coñecida coma gravata
CHIFO por garda civil.
CHIMPAR por beber ou tamén vender.
CORTAGUIFOS polo oficio de xastre.
CHERFO é o diñeiro.



OUTRAS PALABRAS CON E.
ENTANOITA por orella.
ENTERBAR por entender, darse conta.
ESPAGUIZAR, por pagar.

PALABRAS CON F.
FATES por mal.
FILOSA é a prenda de vestir coñecida como camisa.
FULE por feo.
FURNIA por Fornela.
FICAR por gañar.
FESTAR por cagar.
FUELLE, muller fea.

PALABRAS COA LETRA G.
GARABULLO por traballo.
GARLIPIAR por falar.
GORO é vila ou pobo.
GUIFA pola antiga peseta
GUIPAR por ver.
GEBRE por bo ou guapo.

PALABRAS CON L:
LARXAN é o diñeiro.
LLAMES son os zapatos.
LLARDOSO por touciño

OUTRAS PALABRAS CON M:
MACABEO, moeda de cinco pesetas.
MACHACAR, vender ou traballar de ambulante.
MANXAR por comer.
MELTO, cobetor da cama.
MOL por viño
MAÑON, por home ou paisano
MOTRIL, mozo solteiro.
MUTRILÍN, por neniño.



PALABRAS CON P.
PARÍS, por Fornela.
PARRELO é o traxe.
PEÑATO, neniño
PICOSO, por chourizo.
PITA é o diñeiro.
PREFERUNCHIR por preferir.
PRICAL o leite.
PULLEIRA, por cama.

PALABRAS CON S.
SARELO por sardiña.
SONA por muller, señora.
SORNEAR é durmir.
SOTERRANES, por patacas.
SUQUIMOS FULE, por comemos mal.
SUQUER, por comer.
SUQUIMOS GEBRE, comemos ben.

OUTRAS PALABRAS CON T.
TALEGO por carteira.
TALÓN por casa, fonda.
TORDA, é a peseta.
TROVAR, estar calado.
VIXAGO, por ollo.

MÁIS PALABRAS CON X.
XABECA, por albarda de animal.
XERA por carne.
XIRO, por persoa guapa.
XONA por sona.

O Bierzo, maio de 2012.

http://sites.google.com/site/obierzoxa
http://www.facebook.com/xabierlagomestre
 www.twitter.com/obierzoxa
 http://www.blogoteca.com/obierzoxa
 http://obierzoceibe.wordpress.com
 http://www.ciberirmandade.org/falaceive
 www.ponferrada.org
www.todobierzo.com
www.partidodelbierzo.es

0 Comments:

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home