miércoles, septiembre 12, 2012

O BIERZO NA MANIFA PEDANEA DE MADRID





O BIERZO NA MANIFA ESTATAL EN MADRID A FAVOR  DAS PEDANÍAS
(LUNS, 10 DE SETEMBRO DE 2012),

por Xabier Lago Mestre.

A pequena comisión berciana vai a Madrid en defensa das súas xuntas veciñais. O autobús  desprázase rápido pola autoestrada do Noroeste. A noite faise aliada do sono dos viaxeiros. Para espertar dunha vez e poder estirar as pernas entumecidas facemos una parada en Medina do Campo. No bar atopamos un cartel tauriño, das recentes festas patronais, que reza "Nin o Rei oficio, nin o bispo beneficio", en honra da laica dependencia señorial da antiga vila das feiras castelás.

De novo en rota, o sol comeza vai a máis por momentos na chaira castelá. Vemos as saídas de Adanero e Villacastín. Volta á escuridade temporal dos túneis do Guadarrama. Á saída deles, rápido e pronunciado descenso para Villalba. Albiscamos ao fronte Madrid, coa súa nube de contaminación. O tráfego intensifícase e ralentízase. Por fin, tras un longo túnel urbano, a estación Sur de Madrid. Descendemos do bus, despois da longa viaxe, e saímos á avenida Méndez Álvaro. Nada de coller o metro. Ascendemos pola avenida ata chegar a un grande edificio de formigón, a nova estación de ferrocarril de Atocha. Neste traxecto mañaneiro a mayoría das voces son estranxeiras (inglés, alemán, polaco, lenguas africanas…). Xente que vén e vai tirando das súas maletas e mochilas. El verde paseo do Prado protéxenos do sol coa súa arboreda, mentres admiramos a primeira pinacoteca de España.
 
 
 
 
 

Silbatos cercanos anúncianos a presenza da concentración cidadá. Trátase da manifestación en defensa dos chamados legalmente entes locales menores. Pero denominados tradicional e rexionalmente, pedanías, xuntas veciñais, concejos ou parroquias. La Federación estatal de Entes Locales Menores, ante a ameaza de supresión destas administracióis locais polo Goberno central, reaccionou convocando esta manifestación en Madrid, este 10 de setembro de 2012.

Comeza a andar a manifa con lentitude. Encabeza a pancarta "Non á supresión das Entidades Locales Menores. Con nosotros non poderán". Detrás numerosas e coloridas bandeiras pedánesas, municipais e rexionais, descoñecidas para a maioría dos paseantes. Os escritos das pancartas reafirmando a vitalidade política das pedanías. Xentes de Estremadura, Andalucía, Murcia, Cantabria, Asturias, Aragón e Castela e León. E como non podería ser menos a bandeira cruceira berciana tivo digna presenza entre outras máis bandeiras cuarteadas de Castela e León. Así pois as xuntas veciñais bercianas tiveron representación nesta multitudinaria manifestación. Nesta ocasión botamos en falta as bandeiras leonesas. Recordemos que as pedanías leonesas y bercianas son das máis numerosas do Estado español.
 
 
 
 

Dende a praza de Cibeles a manifa avanza lentamente pola céntrica rúa de Alcalá. Os furgóns policiáis abren paso e os viandantes, tan acostumados a manifestacióis de todo tipo, pregúntanse por esta ruidosa e colorista concentración cidadá pois non logran identificar tantas diferentes bandeiras. Os madrileños e turistas asisten abraiados ante estos manifestantes de acentos diversos. Son moitos os que enfocan cos seus teléfonos móviles para recoller a mellor e máis curiosa foto. Seguro que cientos desas fotos e videos pronto subiranse a internet e mailas redes sociais, dando lugar a interesantes debates sociais e políticos que fomentarán a participación cidadá.
 
 
 
 

A cidadanía española máis rural demostra así o seu apoio aos seus entes locais menores. Xentes que fixeron longas viaxes para estar hoxe eiquí en defensa da súa autonomía pedánea. Agora fai falta que o Goberno central escoite esta chamada desesperada da rúa social dende os seus despachos ministeriais. Os gobernantes teñen que recapacitar e non tramitar o anteproxecto de reforma da Lei do Réxime Local estatal no que se refiere a esta inxusta supresión dos entes locais menores. Os dirixentes destas pequenas administraciois son elexidos por democracia directa e representan a comunidades rurais reducidas de forma altruista e sen remuneración. Os bercianos non podemos permitir este atropelo político contra esta secular tradición política e institucional. A nosa presencia na manifestación de Madrid ten sido un acto máis de resistencia social.



O Bierzo, setembro de 2012.





http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

¿Eres El Bierzo?

Ni los concejos de nuestros pueblos dejas sin manchar con tu odio.

Además El Bierzo tiene tres lenguas no dos.

1:05 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home