jueves, diciembre 20, 2012

MEMORIA FOTOGRÁFICA DE VILAFRANCA.



MEMORIA FOTOGRÁFICA DE VILAFRANCA DO BIERZO,
por Xabier Lago Mestre.

De cando en vez paga a pena revisar a nosa biblioteca berciana para recuperar vellas lembranzas. Neste caso collemos nas mans o libro de Santiago Castelado Diñeiro, Memoria fotográfica de un siglo, Villafranca del Bierzo, editado no ano 2002. Trátase dun libro baseado nun amplo repertorio de fotografías antigas da vila do Burbia.

A primeira parte está adicada ás diversas festas vilafranquinas. Xorden así os festivaleiros cabezudos. A multitudinaria procesión do Cristo da Esperanza pola praza do concello, tamén baixando na escalinata de San Nicolás, onde vemos na súa fachada un lenzo do pintor Primitivo Armesto.  Tamén hai referencias ás fogueiras de Santo Tirso, onde podemos ver algunas desas peculiares fallas que foron pasto do fogo purificador. Traxes de entroido e charangas desfilan ante os nosos pescudadores ollos. Despois a Semana Santa cos seus coros e procesióis. Non pode faltar a referencia aos populares Maios, que inclúe parte dose seus textos galegos, “estas portas son de ferro, onde vive un cabaleiro. Esta casa é de cristal, onde vive un xeneral. Esta casa é de lousa, onde vive unha roñosa (…). Que non falten xamais os nosos maios galegueiros!.



Na segunda parte atopamos imaxes dos mercados e feiras que se celebraban diante do vello Castelo vilafranquno. Especial é a foto dun acordó entre vendedor, comprador e terciador que colle as máns dos anteriores, ante a mirada das testemuñas que asisten ao pacto público pola venda do gando. Noutras escenas hai maias no Campo Baixo e maila Colexiata. A desaparecida adega de venda de viño, coñecida como o Senado tamén ten o seu protagonismo fotográfico. Touradas no campo da Ruquela, por influxo forzado da castelanización franquista. Outras escenas de caza  e pesca.  O teatro vilafranquino de 1905 traenos tantos recordos de cinema local. Relación de bandas de música, bandas de tambores, rondallas e charangas, salientando a Escola de Gaitas.

A terceira parte dedícase a fotografar personaxes célebres da vila. Os gardas municipais de 1951, bodas, visitas reais, enterro de Felicitas Alfayate, membros da Cruz Vermella, Joaquín Suárez coa súa primeira moto, partícipes do Auxilio Social en 1961, franquistas na inauguración do monumento ao Comandante Manso, manifestantes en 1933 e 1936, fotos grupais dos colexiais da Divina Pastora, S. Lorenzo de Brindis, Escola Fogar, ou seminaristas dos Paules de 1930. A loita contra o trasvase do Burbia tamén ten o seu espazo fotográfico. As piraguas e o futbol destacan. Imaxes antigas dos comercios e farmacias.



As imaxes vellas do Castelo non podían faltar nesta reportaxe, ou de San Nicolás, a Colexiata, S.Francisco e demais. Pero tamén das nosas pequenas rúas, do barrio dos Texedores, campo da Galiña, rúa Santiajgo, rúa Nova, praza Santa Catalina, Campo Baixo, rúa Liberdade ou Salina entre outras. Para chegar ao parque da Alameda vella coas súas árbores orixinais. E as pontes e veigas.

A última parte conta con fotos de vilafranquinos ilustres, Noberto Beberide no seu obradorio cos cabezudos, o paseo matinal de Ramón Carnicer, o poeta Gilberto Ursinos xogando co seu can, e mailos ilustres Balbino Álvarez de Toledo e Ramón Carnicer. Segue unha serie de imaxes das portadas de xornais vilafranquinos. Non falta a relación de alcaldes do século XIX coas súas inéditas fotos. E así remata este libro que gusta de ver de novo.

O Bierzo, decembro de 2012.



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es