lunes, diciembre 17, 2012

MARCHA CICLOTURISTA POR PONFERRADA



MARCHA CICLOTURISTA POR PONFERRADA,
por Xabier Lago Mestre.
falaceibe@yahoo.es

A mañá do domingo xorde anubrada e ameazante dechoiva. Pero algúns ponferradinos percorren as rúas da cidade cara á zona vella. Montados nas bicis acuden á praza do concello para ter unha xornada cicloturista. A Concellaría de Deportes fixo un novo chamado público para esta nova edición da Marcha da bicicleta. O tempo climático non acompaña pero si o ánimo xeral dos amantes das dúas rodas.

Xuntos na praza do concello principiamos a marcha. Diante o auto da policía local abre paso pola rúas Ancha para continuar, tras arrodear o parque do Plantío, pola avenida do Bierzo. Tomamos o descenso para a ponte do Centenario. Eiquí hai parada para recoller aos rezagados. Recordemos que moitos dos participantes eran cativos que non tiñan a forza dos seus país ou dos veteranos ciclistas bercianos. Daba gusto ver o sentido esforzó dos neniños polo barrio de Compostela-Compostilla. Saímos á estrada de Asturias para torcer para o barrio da Rosaleda. Preside a imaxe da torre, o faro do Bierzo.



Comeza a choiva mentres baixamos para o barrio de Flores do Sil. O auto da organización enche de música o barrio e esperta aos viciños que dormen máis por ser  domingo. Hai medo entre algún ciclistas a que a chuvia vaia a máis e pensan en voltar para casa antes de tempo. Por sorte, parece que amaina a auga sobre as nosas cabezas.  A suba pola avenida de Portugal provoca algunha caída sen complicacióis.



 Chegamos ao avituallamentyo, nun centro de comida rápida, xunto á estación do ferrocarril de vía estreita.
Mentres   tomamos uns sorbos de auga neste descanso, parolamos sobre o futuro Mundial de Ciclismo de Ponferrada. Unha data histórica que pode traer moitos bens para esta rexión berciana (publicidade, turistas, aloxamentos, investimentos públicos…), e oxalá novos carrís para bicis. Nada de pintar liñas brancas discontínuas no asfalto, compartindo espazos cos autos, pois son moi perigosos para nós. Os ciclistas queremos os nosos propios espazos de circulación, no centro e nos barrios periféricos da cidade, e camíns rurais acondicionados e sinalizados no amplo termo municipal de Ponferrada.



Principiamos a marcha pola avenida do Castelo, cara á praza de Luis del Olmo, seguindo pola costa do Castelo. Mentres subimos pensamos nos ciclistas que van sen casco de seguridade, sobre todos xente veterana. Isto é un mal exemplo para os cativos do pelotón. Tampouco debemos olvidar que nas estradas resulta convinte levar o chaleco reflectante para ser vistos nos días de baixa visibilidade.


Chegados de novo á praza do Castelo hai reparto de bolsas con refresco, doces e fritos.  E para os máis pequenos xoguetes. Eastamos seguros que se o tempo tivera sido mellor habería máis ciclistas. Agardemos que a vindeira edición do 2013 sexa aínda mellor, anuncio do éxito que traerá o Mundial de Ciclismo berciano do 2014.

O Bierzo, decembro de 2012.

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

0 Comments:

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home