jueves, febrero 28, 2013

VIAXANDO POR CORTIGUEIRA E HERVEDEDO.




VIAXANDO POR CORTIGUEIRA E HERVEDEDO, 
polo colectivo berciano Fala Ceibe do Bierzo.
falaceibe@yahoo.es

Saímos de Ponferrada coas nosas bicis. De principio circulamos pola estrada para Asturies. Coma sempre observamos os antigos topónimos dos Pedrascais e Toralín, agora totalmente urbanizados. Máis adiante os barrios obreiros de Compostilla (antigo Compostela medieval) e O Lago. Tras pasar por debaixo da ponte da estrada do Noroeste, viramos para a esquerda e entramos en Columbrianos. Pola rúa Real avanzamos mentres vemos un antigo pazo fidalgo sen escudo, e tamén a casa do concello rural. Esta xunta vecinal tivo moita importancia, incluso agora os seus termos concellís chegan polo sur ata a antiga estrada nacional VI, lindando con Toural de Meraio. Na pequena ermida de S. Roque, co gran fresco exterior do personaxe histórico que recibe aos peregrinos. Á esqueda do pobo as eras e as poulas comunais.


                                           ERMIDA DE SAN ROQUE DE COLUMBRIANOS

Saímos da poboación para ascender a lomba. Dende o pequeño cumio vemos o casarío de Cortigueira ao lonxe. Primeiro o regueiro de Valdemolín. Lembramos o seu conflictivo pasado, cando a familia fidalga vilafranquina dos Cancelada, aló polo século XVII, fixeron forzas sobre os viciños de Cortigueira. O dito presunto fidalgo prohibiu segar herba dos prados de Valdemolín. Os viciños tiveron que pedir axuda aos concellos viciños. Os de Fontesnovas, Columbrianos e Bárcena, de xeito solidario, deixaron aos de Cortigueira meter os seus gandos nos seus términos.



Xa no casarío vemos a fachada da fermosa e nova Casa da Cultura deste pobo. Na seguinte rúa á esquerda, tomamos a suba para a igrexa parroquial. Na chamada costa das Pozonas tomamos a estrada para Hervededo. Velaí o Tesón e máis aló o cerro Carrapito (607 metros de altitude) que afasta Cortigueira de Cabanas Raras, a capital do concello. Dende este pequeño alto vemos ben os montes Aquilanos nevados. De seguido o descenso entre un labradío de viñas continuas. Á dereita A Barranca e os prados de Abaixo, que foron obxecto de preito entre os pobos de Herbededo e As Cabanas del Portiel. Segundo lemos nos texto histórico do preito (ano 1697), “en la cimada de la debesa de hervededo, junto al prado de los baqueros, para que desde allí corra derecho el término der la encrucijada de Cortiguera que divide las tres jurisdiziones referidas, quedando incuso y dentro del dicho lugar de Cavanas de mi parte, el sitio y término que llaman de Valdelarrosa (hoxe prados de Abaixo)”.



O casarío de Hervededo xorde moi reformado. Debatemos na importancia dos beneficios obtidos polas ventas deste froito, outros argumentan que son os aforros dos bercianos emigrados. A verdade é que hai predios con modernas e vistodas casas. Todo este desenvolvemento urbanístico provoca que xa case non haxa casas típicas rurais. Aproveitamos o abandono dalgunha destas para tirar unas fotos para a lembranza.
O Chao, As Marcelas, As Campas… sucesivos topónimos hoxe viñateiros. Máis adiante A Válgoma. A súa igresa parroquial no outeiro da dereita. Xa no pobo paramos na praza para ver uns sucesivos corredores de varias casas viciñas. Tamén detemos a vista nos peculiares taboleiros do concello de Camponaraia.


                                          CASA TRADICIONAL DA ALDEA DE HERVEDEDO

Tanto A Válgoma coma Hervededo están constituidos coma xuntas veciñais cos seus términos lindeiros ben delimitados. Saindo temos A Marquesa, topónimo que recorda o poder señorial, O Outeiro, O Carballón, onde xa non quedan árbores de tal caste pola deforestación. O viaducto da Autoestrada do Noroeste xorde impoñente rachando a paisaxe tradicional, outro tanto do mesmo fai a fábrica totalmente acristalada que xa non é o que foi.

                                                 CORREDORES DE CASAS DA VALGOMA.

Xa na vella encrucillada de camíns, ao oeste a nova estrada para Vilafranca. Nosoutros tomamos o camín para a cercana Camponaraia. Esta capital do concello é a única que medrou considerablemente. Máis adiante Fontesnovas e Catroventos, nunha sucesión de poboacións ata a mesma Ponferrada.

O Bierzo, febreiro de 2013.
www.obierzoceibe.blogspot.com



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es