miércoles, julio 22, 2020

VALDEORRAS E A PROVINCIA DE VILAFRANCA DO BIERZO.


VALDEORRAS E MAILA PROVINCIA DE VILAFRANCA DO BIERZO 
Por Javier Lago Mestre.
Grupo Bierzo provincia de facebook.com

                As dúas bisbarras viciñas de Valdeorras e O Bierzo teñen moitos vincallos históricos. Salientamos a participación dos dous territorios baixo un mesmo ente institucional. Foi este a chamada provincia de Vilafranca do Bierzo durante o Trienio Liberal (1820-1823). Sempre é unha boa xeira para lembrar esta institución política e achegar datos daquela descoñecidos para a meirande parte dos valdeorreses e bercianos.

                A constitución desta provincia de Vilafranca tivo uns importantes debates políticos, exemplos dos lindeiros territoriais, o nome da provincia e a capitalidade. Neste caso trataremos o problema dos seus límites territoriais. Antes convén dicir que durante toda a Idade Moderna (séculos XVI ao XVIII) existíu a provincia do Bierzo, polo mandato dos Reis Católicos no ano 1486, baixo a xefatura do corrixidor da vila reguenga de Ponferrada. A orixe desta peculiar provincia foi consecuencia da rebelión do conde de Lemos, tralas desputas pola herdanza do seu señorío. A derrota militar do conde Rodrigo, fronte aos ditos Reis, provocou a  perda dos seus territorios bercianos que pasaron a formar o novo marquesado de Vilafranca, ademáis da merca de Ponferrada pola Coroa, e a ordenación territorial do Bierzo mediante a constitución da provincia fiscal.

                Esta provincia do Bierzo, do período coñecido coma Antigo Réxime, estaba formada por algúns territorios da actual Valdeorras, comprendidos na meirindade de Aguiar (Porto, O Real, Veiga de Cascallá entre outros), así como da Carballeda (Sobradelo, O Trigal, A Portela, Lardeira e demais). Pero a novidade da posterior provincia de Vilafranca do Bierzo foi a inclusión de toda a bisbarra de Valdeorras. Esta provincia do século XIX abranguía un maior  territorio delimitado pola serra do Eixe ata a ponte de Petín.


OS CRITERIOS DELIMITADORES DAS PROVINCIAS.

                Convén pescudar nesta peculiar inclusión da bisbarra de Valdeorras na provincia de Vilafranca do Bierzo. Como antecedentes temos un ditame de 1821, dos relatores Felipe Bauzá y José Agustín de Larramendi, que indica que “dentro de esta provincia (de León) se ha formado, con el valle de Valdeorras, la de Ponferrada, que aunque pequeña, necesaria por hallarse el país que la compone todo cerrado, con puertos intransitables mucha parte del año, conformidad de costumbres y producciones (…)”. Así pois, temos eiquí varias razois da unión de Valdeorras co Bierzo, o intento de medrar o novo territorio provincial, ademais de motivos orográficos, derivadas do seu illamento, así como os costumes comúns e produciois agrogandeiras.

                A difícil orografía foi motivación axeitada para demandar a provincia do Bierzo. O deputado leonés Benito Lobato afirma que unha cabalería "no podía hacer seis (leguas), ni aun cuatro al día, porque la escabrosidad del terreno no lo permitía (...)" (DSC. 7 de outubro de 1821). Mentres que o político Mariano Villa teima no aspecto montañoso para esixir a exención do requisito mínimo de poboación, "para que las provincias situadas sobre un terreno estéril y escabroso consigan alguna comodidad, es necesario dejarlas reducidas a menor población, como sucede a la del Vierzo, situada entre montañas de primer orden (...)" (DSC. 1 de outubro de 1821).

                Como vemos uns deputados alegaron esta variada caracterización territorial das dúas bisbarras para fundamentar a necesidade da nova provincia. O presidente da Comisión, Diego Clemencín, declara que "ésta (provincia do Bierzo) se halla rodeada de montañas que la aislan y naturalmente la constituyen en un estado de provincia. Gran parte de sus habitantes viven muchos meses del año como en un mundo aparte, y no será justo abandonarlos, olvidrse de su comodidad, y privarlos de los medios de gobernarse en su mismo circuito (...)" (DSC. 2 de outubro de 1821). Esta tese defendía acercar a institución provincial ao territorio cun criterio de descentralización administrativa.


                Sen embargo, outros deputados criticaron a novo provincia do Bierzo. Porque ésta era moi pequena, cos seus 86.385 habitantes e, polo tanto desaconsellable baixo todos os puntos de vista. Neste senso falaba o vallisoletano Antonio Ramonet, "las provincias pequeñas, o de cuarta clase, que propone la Comisión, son en primer lugar, perjudiciales; en segundo, antieconómicas, y en tercera, anti-políticas (...)" (DSC. 6 de outubro de 1821).

                En fin, os deputados utilizaron diversos criterios para deseñar o mapa provincial do Estado español. Segundo os sintetiza o profesor Jacobo García Álvarez, por orde decrecente, poboación (con límites máximos e mínimos), extensión (tendo en conta a distancia á capital), a topografía (en relación coas comunicaciois), historia e cultura (linguas comúns) e mailos intereses políticos locais.


REXEITO GALEGO Á PROVINCIA DE VILAFRANCA DO BIERZO,

                A meirande parte da bisbarra de Valdeorras formou parte do reino de Galicia durante a Idade Moderna (séculos XVI ao XVIII), menos os territorios comentados da meirindade de Aguiar e da Carballeda que estaban incluídos na chamada provincia do Bierzo. Ademais, temos en conta a pertenza destas e doutras bisbarras galegas no bispado de Astorga. Malia disto, resultaba lóxica a conciencia colectiva secular destes territorios de seren galegos. Logo o rexeito á integración de Valdeorras na provincia do Bierzo foi un feito normal.


                Había unha estratexia política por rematar cos lindeiros históricos entre os reinos peninsulares. Para entender isto, seguimos as palabras do deputado Diego Clemencín, "la Comisión ha creído que convenía oponerse y combatir oblicuamente el provincialismo, ¿Y qué ha hecho para esto?. Reducir los nombres que podían ser, dejámoslo así, la manzana de la discordia, a territorios más limitados. Ha creido que tratándose de mudar una costumbre, sólo el alterarla es destruirla, y que si se quería alguna novedad en la materia, se conseguiría mejor reduciendo estos nombres célebres a pequeños distritos, que no suprimirlos de una vez (...)" (DSC. 6 de octubre de 1821). Ese comentado provincialismo se equiparaba aos históricos reinos do Antigo Régime que pretendían destruír. Para elo se suprimía o nome dos reinos (como Galicia), dividíase o territorio en provincias, cuxos nomes serían os das capitais respectivas. E, incluso, alterando os lindeiros exteriores, coa inclusión de Valdeorras na nova provincia do Vilafranca do Bierzo.

OS CUESTIONADOS LINDEIROS ENTRE GALIZA E O BIERZO.

                Lóxicamente, ante esta desfeita territorial, a protesta colectiva dos políticos galegos non se fixo agardar. O deputado Xosé Moscoso alega que "un gallego, por más que se le diga que pertenece de ahora en adelante a la provincia del Vierzo siempre será gallego, pues lo que principalmente distingue las provincias es el dialecto que se habla en cada una de ellas (...)" (DSC. 2 de outubro de 1821). Dende logo, ese político descoñecía que no Bierzo occidental falamos tamén galego por tradición secular.

                Voltamos ao deputado Diego Clemencín para recoller as súas declaraciois a prol da segregación territorial de Galicia, por razois demográficas, "porque sobraba población para la formación de las provincias de Galicia y faltaba para la del Bierzo (...)" (DSC. 2 de outubro de 1821).
 
                Sen embargo, un proxecto de ordenación territorial de Galicia, feito polo Ministerio de Gobernación, propón uns limites máis amplos para este antigo reino. "Los límites de aquella provincia (Galicia) en la grande división hasta la montaña que cae sobre Foncevadón, punto en que empiezan otras cualidades de clima, figuar terrtorial, virtud productiva, costumbres, lengua y demás circunstancias enteramente opuestas a la que hasta allí son comunes con la Galicia" (1820). Como vemos, Galicia e O Bierzo están vencellados por varias características comúns, entre elas costumes e lingua galega.


                Como resulta lóxico, os deputados galegos en feixe demandan o mantemento dos lindeiros históricos entre os reinos de León e Galiza, "pedimos que los límites de la provincia de Orense y de la del Vierzo se fijen por los antiguos entre León y aquel reino desde el Cebrero hasta Peña Trevinca, subsistiendo incorporados en la de Orense todos los pueblos del partido de Valdeorres que la comisión propone se agregen a la del Vierzo, lo que no podrá verificarse sin perjudicar a los intereses de los havitantes de ambas provincias, especialmente a los de la de Orense (...)" (DSC, 21 de octubre de 1821).

                Neste debate sobre os lindeiros da nova provincia de Vilafranca do Bierzo, salientamos tamén a proposta do deputado Antonio Valcárcel que medra moito o territorio desta pola conca do río Sil. "Pido que los límites de esta provincia por parte del O. se estiendan, como más naturales y marcados, al puente Navea siguiendo hacia el N. el curso de este rio hasta su desembocadura en el Sil por debajo de Montejurado, y continuando por el valle de Quiroga hasta el límite señalado por la comisión, que desde el mismo puente Navea hacia el S. vengan por la Sierra de San Mamed al lugar de la Entrecinsa y pasando el río Cesuba contiuando por Sierra-Seca y vuelvan al N. por la de Porto entre el lugar de este nombre y Viana del Bollo a reunirse en la Sierra Segundera y Peña Trevinca propuesta por la comisión (...)" (DSC, 21 de octubre de 1821).

RESISTENCIAS DOS POBOS DE VALDEORRAS FRONTE Á PROVINCIA DO BIERZO.

                Convén agora facer unha pescuda nas oponiois dos pobos de Valdeorras ante a súa inclusión na provincia de Vilafranca do Bierzo. Así, na deputación de León se leu unha proposta do concello de Priaranza sobre a provincia berciana que dicía que "a fin de que no accedan a la solicitud de varios ayuntamientos de Galicia, que pretenden se forme una nueva provincia designando por capital a Villafranca (...)" (doc. de 25 de octubre de 1820). Logo deducimos que había pobos galegos a prol da constitución da provincia de Vilafranca.

                Respecto desta postura dos habitantes de Valdeorras a favor de Vilafranca do Bierzo traemos a colación a opinión de certos cregos da meirindade de Aguiar. Éstes relixiosos fixeron un escrito colectivo demandando a agregación dos seus pobos ao concello de Vilafranca. Razonaban así os cregos contra a xustiza administrada polos seus alcaldes pedáneos, "sin conocimientos ni esperiencia que digan relación a otros objetos, que sin sugetarse a la fijación de Audiencias en la Capital, ni proporcionar medios prontos y ciertos de administrar justicia, dedicándose solamente al fomento de sus particulares intereses, abandonando las sagradas obligaciones de su Ministerio (...)" (doc. de 20 de junio de 1817, Isidro García Tato, 1996). 



                Segundo o historiador Jesús Burgueño Rivero (1995), os pobos da Rúa e Freixido foron favoráveis á integración na provincia berciana. Incluso estes dous solicitaron a fixación dos lindeiros da nova provincia nas pontes de Petín e Bibei (DSC, 13 de decembro de 1821). Pola  contra, os pobos galegos da antiga meirindade berciana de Aguiar, Veiga de Cascallá, Robledo, O Porto, O Real, Barrio, Castelo e Leira, manifestáronse claramente sobre a súa inclusión en Valdeorras (DSC, 13 de abril de 1821).

                A capital actual de Valdeorras se manifestou contraria á inclusión na provincia de Vilafranca. Así o deputado manchego Ramón Giraldo declarou que recibíu peticiois da bisbarra do Barco, "no puedo menos de hacer presente la representación que acabo de recibir de los ayuntamientos de Valdeorras, porque me parece fundamentadísima, y no encuentro inconveniente en que se acceda a lo que solicitan dejando a esta provincia con este número menos de habitantes (...)" (DSC, 5 de outubro de 1821). Na sesión seguinte de Cortes volve a debaterse sobre a protesta do Barco de Valdeorras, "del ayuntamiento del Barco, en solicitud de que no se aprueben los límites demarcados por la comisión entre las provincias de Lugo, Orense y la nueva del Vierzo y que no se segregue la villa del Barco de la provincia de Orense".


                Para rematar, un curioso razonamento dos pobos de Valdeorras sobre a necesidade de manter a súa representación territorial e política na nova provincia de Vilafranca. "Entre los fundamentos de su exposición, uno de los principales es que siendo tan corto número de los pueblos pertenecientes a Galicia que se agregan a la provincia del Vierzo, sucederá que cuando se trate de elecciones, no podrán equiligrarse los votos de modo que se reparta este honroso cargo entre los de una y otra provincia con igual esperanza de ejerecer todos los derechos de ciudadano, quedando en otro caso perjudicados los pocos pueblos que se agregan de Galicia por la mayoría tan grande de los del Vierzo (...)" (DSC, 15 de outubro de 1821). Un claro exemplo da súa defesa da conciencia colectiva galega fronte ao provincialismo bercianeiro viciño. 

O BIERZO, XULLO DE 2020.
www.obierzoceibe.blogspot.com
www.instagram.com/bierzoxa


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es