O DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA NO BIERZO.
DÍA
INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA.
Por Xabier Lago Mestre.
O 21 de xaneiro foi declarado como Día
internacional das linguas maternas. No Bierzo ocidental hai unha comunidade
galegofalante. A orixe deste idioma está na Idade Media. Non sen dificultades ten
chegado o galego até hoxe coa fala popular, toponimia, literatura oral, etc.
No
século XX o galego do Bierzo foi considerado dialeto ou chapurreao, nunha
dinámica de desprestixio social. Ademais, para algúns non tiña unidade
lingüística pola presenza das falas locais segundo os vales veciños. Outros
dicían que estaba mesturado co leonés, velaí a denominación galego-leonés, por
iso se pretendía desvincular da Galiza.
Os
estudos filolóxicos determinaron a clara relación lingüística e histórica de
tódalas variedades galegas do noroeste peninsular. O idioma galego tiña que
modernizarse cos procesos de normalización e normativización, como o fixeron as
grandes linguas. O galego do Bierzo estivo relacionado coa economía rural e
agraria durante séculos. Mais agora necesita normalizar o seu uso noutros
ámbitos sociolingüísticos (urbano, administraciois, internet…). Para favorecer
o progreso idiomático houbo que normativizalo cunhas regras gramaticais,
fonéticas, léxicas, etc. O dialetismo territorial e histórico é unha herdanza
tradicional, agora ben, necesitamos favorecer a comunicación sinxela de
millones de falantes no século XXI.
Porque
tampouco podemos pasar por alto a relación lingüística entre o galego e o
portugués. Ámbolos dous idiomas teñen a mesma orixe histórica máis aló das
diferenzas formais. Somos moitos os que temos evolucionado con facilidade do
galego dialetal ao normativo, e deste ao
portugués e brasileiro. Así pois, pasamos do local ao ámbito máis internacional.
O coñecemento de idiomas é moi considerado nos niveis educativo e profesional.
Non desaproveitemos esta tradición linguïstica feita modernidade.
Na
rexión do Bierzo as administraciois locais teñen feito moi pouco pola
normalización lingüística. A Lei da Comarca do Bierzo recoñece expresamente o
galego no seu articulado, mais non ten uso institucional. Outro tanto acontece
coa presenza do galego no Estatuto de Autonomía de Castela e León, no cal lemos
que “gozará de respeito e proteción a lingua galega”. A visualización do galego
nas nosas administraciois locais é nula. Non ten lóxica este voluntario proceso
de desgaleguización institucional.
Os
galegofalantes do Bierzo seguiremos presionando por un recoñecemento
institucional do noso idioma. Por iso, se as Cortes de Castela e León aprobaran
un proxeto de reforma do Estatuto de Autonomía, habería que reacionar. Ese dito
proxeto debería tamitarse e aprobarse posteriormente polas Cortes Xerais. Pois
ben, de seguro que habería deputados e senadores sensibles ao recoñecemento de
cooficialidade para o galego no dito Estatuto de Autonomía.
Ante
a falta de uso institucional do galego polas administraciois locais do Bierzo,
a única saída é o recoñecemento de cooficialidade. Este estatus legal obrigaría
ás administraciois a protexer o galego mediante o seu uso institucional. Xamais
perderemos a esperanza polo rexurdimento do galego no Bierzo.
O BIERZO, febreiro de 2020.
www.instagram.com/bierzoxa
http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es
1 Comments:
شركة نقل عفش بالقصيم
Publicar un comentario
<< Home