A TELEVISIÓN GALEGA NON SE VE NO BIERZO
O COLETIVO CULTURAL FALA CEIBE DO BIERZO
DENUNCIA QUE NO BIERZO NON VEMOS
A TELEVISIÓN PÚBLICA DE GALICIA.
O coletivo Fala Ceibe do Bierzo denuncia que
a Televisión Pública de Galicia nos se ve desde fai semanas na rexión do
Bierzo. Temos recibido numerosas queixas de televidentes de diferentes
localidades en relación á falta de percepción do sinal dos canles da dita
Televisión Pública veciña.
Desde
o coletivo Fala Ceibe dirixímonos ás administraciois públicas de Castela e León
e Galicia, a saber, Junta de Castela e León, Xunta de Galicia, Cortes de
Castela e León, Parlamento de Galicia, Procurador dol Común e Valedor do Pobo
para que interveñan na resolución desta problemática visual e lingüística. Porque
para normalizar a presenza visual do idioma galego na rexión berciana resulta
fundamental a súa difusión através da Televisión Püblica de Galicia.
Neste
sentido, queremos lembrar á Xunta de Galicia que o seu ordenamento xurídico
recoñoce o apoio lingüístico aos territorios exteriores. Así, a Lei de
Normalización Lingüística de Galicia (1983) refírese a que o Gobierno Galego
“fará uso do previsto no artigo 35 do Estatuto de Autonomía a fin de protexe-la
lingua galega falada nos territorios limítrofes coa Comunidad Autónoma” (art.
21.2). Pola outra banda, a Junta de Castela e León ten a obriga de cumprir co
mandato fixado no Estatuto de Autonomía, “gozará de respeito e proteción a lingua galega
nos lugares en que habitualmente se utilice” (art. 5.3). Ámbalas dúas
administraciois autonómicas deben colaborar para facilitar a percepción
audiovisual do galego no Bierzo.
POR UN CONVENIO DE COLABORACIÓN
ENTRE JUNTA E XUNTA.
Velaí
que agardamos que a Xunta de Galicia tome a iniciativa política para garantir
que os bercianos poidamos ver de novo a Televisión Pública de Galicia. Neste
sentido, aproveitamos esta ocasión para demandar de novo a sinatura dun
convenio de colaboración entre a Junta de Castela e León e maila Xunta de
Galicia para facilitar a recepción das canles das televisiois e das radios de
Galicia na rexión do Bierzo, cos medios económicos e técnicos axeitados e abondos.
Lembramos
que a Carta Europea de Linguas rexionais ou minoritarias, ratificado polo Reino
de España en 2001, insta ás administraciois públicas a “adoptar as medidas
axeitadas para que os medios de difusión programen emisiois nas linguas
rexionais ou minoritarias” (art. 11, a, iii). Sen embargo, a TVCYL non emite
nada na lingua galega para os ciudadaos galegofalantes de Sanabria e mailo
Bierzo.
Por
iso para o mantemento do idioma galego no Bierzo resulta fundamental a
recepción das canles de difusión da RTV Galega. A comunicación radiotelevisiva,
en galego, entre os territorios veciños de Galicia, Eonavia, O Bierzo e maila
Sanabria facilita a pervivencia da lingua minorizada común. Estes territorios
sofren un aislamiento xeográfico e dependencias administrativas diferentes que
dificultan as relaciois en galego. Velaí que as comunicaciois por radio,
televisión e internet sexan imprescindibles para o mantemento da lingua galega
que nos une culturalmente.
O Bierzo, decembro de 2019.
www.obierzoceibe.blogspot.com
http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home