martes, diciembre 17, 2019

REFRANEIRO LABREGO DO BIERZO.


REFRANEIRO LABREGO DO BIERZO,
polo coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.
falaceibe@yahoo.es

REFRANEIRO BERCIANO DE DECEMBRO.
“Santa Lucía (13 de decembro) saca da noite e mete no día”.
“Pola Santa Lucía mengua a noite e crece o día”.
“Teme máis á veciña, cá neve macelina”.
“Por S. Silvestre e Santa Coloma (31 de decembro), cando o mes de xaneiro asomaba”.
“Nadal o sualleiro, Pascuas o subeiro”
“San Silvestre (31 de decembro), co ano acabestre”



REFRÁNS BERCIANOS DE XANEIRO.
“Sol madrugador de xaneiro, mete o can no palleiro”
“As berzas de xaneiro gustan a carneiro”.
“A neve de xaneiro, fai o pan no eido”.
“En xaneiro sete lobos no carreiro”.
“Polos Reis, os días coñeceredes”.
“Xaneiro xabreiro, febrero esmuriceiro, marzo airoso, abril chuvioso, sacan a maio florido e fermoso, San Xoán claro, Sanata Mariña dalle coa fouciña, agosto dalle co xostro, setembro come e vende”. 
“En xaneiro, non te separes do braseiro”.
“En xaneiro, de día ao sol e de serán ao braseiro”.
“Dende San Antón (17 de xaneiro), unha hora máis de sol”.
“En San Antón a galiña pon, e polas Candelas todas elas”.
“O sol de xaneiro, pouco duradeiro”.
“O polo de xaneiro a San Xoán é comedeiro”.
“As chuvias de xaneiro, traen ano de diñeiro” (a auga de inverno é boa para a seca do verán).
“Por S. Vicente, o inverso perde un cliente” (a friaxe provoca falecementos).
“Por S. Xulián (28 de xaneiro), garda o viño e garda pan”.
“Por S. Antón non hai néboas que cheguen ás dúas” (as néboas son só mañaneiras).


REFRANEIRO DE FEBREIRO.
“Durea a mala veciña, o que a neve en febreiriña” (nevaradas de longa duración).
“Febreiriño louco, un día pior que outro”.
“Febreiro merendeiro”.
“Se malo é xaneiro, pior é febreiro”.
“En febrero busca a sombra o can, en marzo o can e o amo” (pola calor que pica xa).
“Perdiz en febreiro, búscaa no xebreiro (lugar frío)”.
“En febreiro un rato ao sol e outro ao humero”.
“Anque a Candelaria (2 de febreiro) chore, que deixe de chorar, a metade de inverno está por pasar”.

“Vimos das Candelas e imos para o San Blas (3 de febrero), aproveitaros mociñas que festiñas non hai máis” (en Cuaresma non hai festas).

O Bierzo, decembro de 2019
www.instagram.com/bierzoxa

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es