miércoles, marzo 11, 2020


XUNTA PROVINCIALISTA GALEGO-BERCIANA,
CARRACEDELO, 28 DE MARZO DE 2020.

                O coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo vai acudir á xunta provincialista galego-berciana que terá lugar no concello de Carracedelo para o sábado 28 de marzo de 2020. Este coletivo quere fomentar o debate social facendo un feixe de propostas para esa xunta.

1.       Fortalecer o provincialismo histórico berciano. No vindeiro 2021 celebramos o 200 cabodeano da creación da provincia liberal de Vilafranca do Bierzo (1821-2021). Parece unha boa conxuntura para recuperar o debate provincialista histórico entre a cidadanía e presionar ás administraciois públicas para que non esquezan este acontecemento tan salientable no ano 2021.

2.       Fomento da simboloxía propia do Bierzo, caso da bandeira, escudo, cores, etc.


3.       Reivindicar os dereitos lingüíticos dos galegofalantes do Bierzo cun maior uso social deste idioma asoballado polas institiciois públicas.

4.       Demandar a cooficialdiade do galego do Bierzo para acadar plenos dereitos lingüísticos na nosa rexión bilingüe.

5.       Acadar un maior uso e visibilidade da nosa lingua galega en tódolos ámbitos sociolingüísticos (institucionais, xornais, etc), especialmente nos dixitais.


6.        Medrar as relaciois culturais con Galiza, coa presenza da nosa problemática nos seus medios de comunicación.

7.             Estreitar os vincallos culturais coas bisbarras veciñas de Valdeorras, Ancares e mailo Courel.
8.       Representación berciana nas mobilizaciois políticas e sociais da Galiza (Día das letras galegas, Día da patria galega, etc)

9.       Crear espazos en internet abertos para o uso do galego do Bierzo (blogues, redes sociais, etc). A temática do galego debe ser variada (cultura, política, deporte, etc).

        Que a xunta provincialista de Carracedelo sirva para acadar unha nova representación dos bercianos e das bercianas, tanto na reivindicación provincialista como lingüística.

FALA CEIBE DO BIERZO.



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

1 Comments:

Blogger Ferreirín said...

https://youtu.be/Jo9EJcPkXvw

O Bércio,El Bierciu,El Bierzo é/yía/es trilingüe, Xabier!

3:27 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home