XEOGRAFÍA DA LINGUA GALEGA DO BIERZO
XEOGRAFÍA DA LINGUA GALEGA DO BIERZO,
Por Xabier Lago Mestre.
Por Xabier Lago Mestre.
www.falaceibe.tk
A lingua galega do noroeste peninsular abranque tres bloques (occidental, central e oriental). O chamado bloque oriental divídese nas áreas asturiana, ancaresa, zamorana e oriental-cental. Dentro desta última atopamos as dúas subáreas de A Fonsagrada-O Courel-O Bierzo e maila de Valdeorras-Viana. Así pois, vemos como a rexión do Bierzo amosa peculiaridades polo que se refire ao dialectismo ancarés (gheada, palatización do a tónico, vocalismo nasal en caes, collí e fice en vez de collín e fixen, etc). No resto do Bierzo atopamos as variedades muito e muto, mantense o -l- latino, formas cantaste, colliu, plural –is en pantalois, terminación –ín en camín, ditongo –ua- en cuatro, perfectos verbais en cantein, futuros verbais en cantarein e demais. Sen embargo, estas particularidades dialectais bercianas (léxicas, morfolóxicas, sintácticas, etc) non son esenciais para determinar unha grande diferencia respecto ao resto de territorios con falas galegas, porque é máis o que nos une como falantes do mesmo idioma que o que nos afasta. No fondo as diferencias dialectais bercianas teñen a mesma valoración filolóxica cás das outras comarcas da Galiza e, a pesar desas variantes, podemos sentenciar que o idioma galego conserva unha grande unidade histórica e xeográfica.
Dende a Idade Media ata hoxe temos constancia secular da presenza da lingua galega no Bierzo. Nos últimos períodos históricos o noso idioma propio foi perdendo espazos públicos ante o empuxe do castelán polo apoio dos poderes político, administrativo, económico, relixioso e demais. A pesar de todo isto, o idioma galego está moi presente no Bierzo occidental. Os 18 concellos que podemos denominar galego-falantes son os seguintes: Candín, A Veiga de Espiñareda, Vilafranca do Bierzo, Balboa, Trabadelo, Barxas, Oencia, Corullón, Sobrado, Arganza, Cacabelos, Camponaraia, Viladecais-Toural dos Vaos, Carracedelo, Carucedo, Borreis e A Ponte Domingo Flórez.
Pero como xa podemos deducir, a lingua galega do Bierzo non se adapta totalmente aos lindeiros das administraciois locais. Razón pola cal hai otros 7 concellos que parcialmente podemos considerar galego-falantes. Sen embargo fixar claramente os límites entre as dúas linguas territoriais e propias do Bierzo, a saber, leonés e galego, non sempre é tan doado, por iso o eiquí comentado pode ser obxecto de revisión segundo avancen os estudos históricos e filolóxicos futuros.
Referímonos pois aos concellos de Peranzais, Fabeiro, Sancedo, Cabanas, Ponferrada, Priaranza do Bierzo e Benuza. Testemuños galego-bercianos atopamos nestes concellos de transición. Así Peranzais abranque o coñecido como Val de Fornela, e tein topónimos como Couso, Fervenza ou Fresnedelo. No concello de Fabeiro, “no que predomina hoxe, aínda que non faltan restos gallegos” (J. García y García, 1998), amosa Lamocos, Vellaengo, Fontoria, Cúa e demais. En Sancedo, é “zona intermedia hoxe galeguizada, pero na toponimia –especialmente na documentación- hai abundantes restos leoneses” (A. Seco Orosa, 1998), aparecen A Bouza, Bucineira, Pena Furada, A Salqueira, Arbedal, barrio Vallongo e demais. No concello de Cabanas Raras atopamos Cortigueira, de novo Ana Seco Orosa comenta que é unha “zona de transición, predominio leonés”. Ponferrada amosa Valdecanada, Fontesnovas, Cembriña, Toraliña, Toural de Meraio, Devesas, Ozola-Ozuela, Vales, Chaos, Xardual, Valdefigaes, Viñalóis e outros xa estragados como Compostela-Compostilla ou Quintela. En Priaranza existen Santalla, Rioferreiros, Paradela, Xardual, Rebolal, Lameira, Ribeiría, etc. E o último concello de Benuza, a profesora Ana Seco Orosa catalógao como “zona de transición na Cabreira”, onde xorden os topónimos A Breteira, Uxeira, Regueirais, Santaolalla, Portela de Cancibreiro, Reconquiño e demais.

Ponferrada, xuño de 2006.
5 Comments:
os quiero a todos desde Salamanca. Xabier ya se siente salmantimo. Mi novio quiero que se sienta salmantino y aún tira por el Bierzo pero pienso que primero estoy yo que El bierzo.
alyal_1991@yahoo.es
cada día os bercianos somos máis galegos tamén pese aos leonesistas que non queren deixarnos marchar. Pero ao final conseguiremos desatarnos de tanto asoballamento leonés e castelán. Puxa o Bierzo ceibeo
El Consejo Comarcal del Bierzo representa a os castelas e a os leoneses e tamen os queren que sea una provincia leonesa de feito a sua revista e en castela.
Xa pechou RTE esto e una derota para esta xente renegada.
VIVA O BIERZO AUTENTICO FORA
KAZURROS-CASTELAS E RENEGADOS
o que ti nos digas, pero o certo é que a revista do consello Comarcal xa ten artigos en galego, que en leonés non aparece nada. O Consello Comarcal do bierzo tira máis para Galiza que para Castela-León. Os galeguistas do Bierzo demostraremos o noso casamento co Consello Comarcal porque vai ser unha institución galego-berciana, como xa comeza a ser. Viva o Bierzo libertado
O Bercio sempres foi Lión, nen Galiza nen Castela. Mesmo as palabras "berzio"ia "butelo" vennen de dúas palabras sturlionesas (bierzu)ia (butiellu) buscáilas nu dicionário da ALLA que significan "cuna" ia "estómago".
A bandeira berciá é inspirado nu pendón d´armas du conceillo de ponferrada, logo úa sinna guerreira lionesa.
Que quede ben claro, o feito de que falemos Berciao ou galego oriental non quer decires que sexamos galegos. En México fálase hespannol ia non por iso van seres hespannois; como tamén non son lioneses nin sturianos us mirandeses. Estes son us nosos erros.
POR UNH BERCIO BERCIÁO DE VERDADE
Publicar un comentario
<< Home