PEDIMENTO DE AXUDA PARA O RECOÑECEMENTO ESTATUTARIO DO GALEGO DO BIERZO.
PEDIMENTO DE AXUDA PARA UN MAIOR
RECOÑECEMENTO ESTATUTARIO DO GALEGO.
RECOÑECEMENTO ESTATUTARIO DO GALEGO.
falaceibe@yahoo.es
A Asociación cultural Fala Ceibe do Bierzo (www.falaceibe.tk) diríxese á cidadanía de O Bierzo e de Galiza en pedimento de axuda para demandar ante as Cortes de Castela e León unha maior protección da lingua galega na reforma do Estatuto de Autonomía desta Comunidade Autónoma. Pretendemos máis recoñemento legal para o galego de O Bierzo e da Alta Seabra que permita a necesaria normalización lingüística destes dous territorios. Neste sentido a declaración de oficialidade do galego debe ter lugar no devandito Estatuto de Autonomía, o cal permitiría o uso administrativo deste idioma nas instituciois públicas. Ademáis é lexítimo e xusto que todas as comunidades galego-falantes do noroeste peninsular (Galiza, Navia-Eo, O Bierzo e A Alta Seabra) teñan recoñecidos iguais dereitos lingüísticos, para salvar as discriminaciois que sofren os habitantes dos tres territorios estremeiros con idioma galego sen declaración de oficialidade.
Fala Ceibe lembra que xa a presión social e política tivo os seus resultados positivos en 1998, cando se conseguiu a inclusión da lingua galega no actual Estatuto de Autonomía de Castela e León, que quedou recollida da seguinte forma: “Gozarán de respeto y protección la lengua gallega y las modalidades lingüísticas en los lugares en que habitualmente se utilicen” (artículo 4.2). Agora temos que esixir unha redacción alternativa que mellore a protección do galego cun novo artículo. Esta actual conxuntura política de reforma estatutaria debe ser aproveitada pola cidadanía para participar activamente, mediante a oferta de propostas favorables ao recoñecemento de máis dereitos, caso dos lingüísticos. Estamos ante unha oportunidade histórica para conseguir unha maior protección legal do idioma galego que precisa da mobilización social e política. E isto é así porque cremos firmemente que no fundo deste debate político está en xogo a propia existencia futura do galego, tanto en O Bierzo coma na Alta Seabra.
Fala Ceibe anima de novo á cidadanía de O Bierzo e, especialmente á de Galiza, ás súas instituciois (Parlamento, Xunta, Consello da Cultura Galega, universidades, etc), os partidos políticos, os sindicatos, as asociaciones (culturais, mocidade...), os medios de comunicación e demais para que remesen as súas cartas e declaraciois oficiais á Comisión de reforma do Estatuto de Autonomía, das Cortes de Castela e León (www.ccyl.es), en demanda dunha maior protección legal para a lingua galega de O Bierzo e maila Alta Seabra. Os escritos dirixiranse a: “Comisión de reforma del Estatuto de Autonomía, Cortes de Castilla y León, 47194 Fuensaldaña”. A ditas cartas deberán chegar ao seu destino antes do 29 de novembro de 2006, data en que se aprobará definitivamente o Estatuto polo pleno das Cortes de Castela e León. ¡Grazas a todos e todas pola vosa axuda solidaria!.
Ponferrada, setembro de 2006.
Xabier Lago Mestre, Pte.de Fala Ceibe do Bierzo.

Apdo. postal 257, 24400 Ponferrada.
http://obierzoceibe.blogspot.com
10 Comments:
seguiremos loitando ata acadar todo o que nos deben e nos merecemos porque os nosos dereitos lingüísticos non están en venda. Que nos dean o que nos pertence por historia. sempre na loita.
hai que facer unha manifa ante as Cortes de Castela-León para demandar a defensa do galego por parte da Junta de C-L. Veña, hai que animarse, caralludo
Claro que podemos conseguir a oficialidade para o galego do Bierzo. Falta capacidade de loita para negociar axeitadamente cos políticos de Castela e León. se lles asustamos contactanto co nacionalismo galego seguro que ceden de novo na tramitación ante o Congreso dos Deputados.
Aaah...moi bem...mais, ¿cando vades a recoñecer o leonés en Valdiorras e apoiar por conseguinte que ista lingüa teña un trato xusto tanto em Galiça como en Llïón? Ainda que en Llïón, lémbroche, o galego só sexa propio de dúas comarcas de El Bierzu...
curso de galego no concello da Veiga de Valcarce, podedes apuntarvos ata o 29 de setembro. chama xa ao tfno. 987543006 de 9h a 13horas.
En las Cortes de Castilla y León se deben enterar de que queremos mayor protección para nuestra lengua gallega. En caso de que no hagan nada por nuestro patrimonio cultural fomentarán el anticastellanismo en El Bierzo.
VIVA EL PUTO BIERZO CASTELLANO!!!!!!
soy salmantina y mi novio es de Ponferrada y se siente salmantino como yo. Me encanta que se sienta castellano como yo sin olvidar su tierra natal.
Claro que axudaremos coas nosas cartas a causa do pedimento de máis axuda para o galego do Bierzo, madia leva!. Póñome xa a escribir a estes politicos da Xunta de Castela e do Parlamento rexional. Que fermosiña idea que tedes. Puxa o Bierzo
o partido do bierzo vai aliarse con outras 20 partidos políticos para acudir xuntos ás eleccions autonómicas. Coido que así hai que facer as cousas nesta política rexional.
Publicar un comentario
<< Home