miércoles, octubre 11, 2006

IMPORTANCIA DO GALEGO DE O BIERZO NA HISTORIA.

IMPORTANCIA DO GALEGO DE O BIERZO NA HISTORIA,
Por Xabier Lago Mestre.
obierzoxa@lycos.es

Constátase a existencia do idioma galego en O Bierzo dende Idade Media. Os nosos mosteiros posúen parte da súa documentación medieval en galego. Tamén conservamos nesta lingua o foro dado a Vilafranca do Bierzo pola Coroa. Estes exemplos demostran a importancia do galego medieval, así como o seu carácter histórico e institucional. A presenza deste idioma con codificación escrita indica que compartía o carácter “oficial” (co latín e mailo castelao). O uso institucional do galego implicaba efectos xurídicos derivados da regulación de todo tipo de relaciois (compra-vendas, doaciois, foros enfitéuticos, testamentos, arrendamentos e demais) contidas na dita documentación.

Dende fins do século XV a relación entre as linguas castelá e galega de O Bierzo vese alterada por un maior pulo institucional da primeira. Neste contexto incluímos a reforma monástica (control dende Valladolid, abades foráneos...), establecemento da nobreza castelá no marquesado de Vilafranca (casos de Pimentel e Alba), a expulsión da nobreza galega (condes de Lemos), a chegada de oficiais reais (corrixidores de Ponferrada, soldados, recadadores, etc), a obriga de exame de castelao para os escribáns (Cortes de Toledo, 1480), etcétera. Esta conxuntura procastelanista favorece a perda do uso institucional e mailo escrito do galego e, polo tanto, do seu carácter oficial, pero non así a nivel social en onde as clases populares continúan empregándolo con plena vixencia de xeito oral.

Nos séculos seguintes o carácter oficial e institucional do castelao determina a inexistencia do galego escrito. Sen embargo teimamos en que pervive o maioritario uso social do galego oral en determinados eidos idiomáticos (veciñal, máxico-relixioso, rural-agrario, comercio feiral, etc). A utilización institucional do galego queda restrinxido secularmente ao dereito consuetudinario (administración de concellos, organización comunal, ordenación territorial, actividades agropecuarias, etc), e isto ten lugar malia a esixencia de editar as ordenanzas concellís en castelao. Pola otra banda, as tradiciois participan máis intensamente da cultura e a lingua galegas, caso de Os maios, Os antroidos, Os magostos, As fogueiras de S. Xoán, As matanzas y demás. O mesmo acontece coa variada literatura oral (lendas, contos, ditos...), a relixiosidade máxica (responsos, meigallos...), as canciois populares, etcétera onde prima a presenza do idioma galego.

Nos séculos XVIII e XIX prodúcese un interese intelectual respecto ao valor cultural da lingua galega en O Bierzo. O monxe bieito Martín Sarmiento comparte coa época ilustrada a súa pescuda polos estudos sobre o galego (filoloxía, pedagoxía...). Posteriormente as ideoloxías romántica e rexionalista inflúen na recuperación parcial do galego escrito a través da literatura culta (A. Fernández y Morales, Francisco del Llano y Ovalle, etc). A fins do século XX prodúcese o verdadeiro rexurdimento do galego en O Bierzo, coa toma de conciencia social progresiva, en relación coa protección e a promoción desta lingua que favorece a mobilización polo recoñecemento dos dereitos lingüísticos (ensino, administraciois públicas, toponimia, medios de comunicación...). O establecemento do Estado de Dereito e a consolidación das comunidades autónomas permite un contexto político impulsor da recuperación das linguas minoritarias de España polas instituciois.

6 Comments:

Anonymous Anónimo said...

o pp rexeitou nas Cortes de Fuensaldaña os intentos do Consello Comarcal berciano por conseguir a concesión da iniciativa lexislativa. Un novo exemplo do pouco que cre o pp castelán na autonomía do Bierzo.

3:25 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

el viernes 3 de noviembre habrá Jornada Bercianista, organizada por el partido del Bierzo, en ponferrada, previsiblemente en Casa de Cultura. Con conferencia histórica sobre las divisiones territoriales de nuestra región berciana.

12:29 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Tengo ganas de ir al Bierzo porque es la tierra de mi novio. Anque considero que el Bierzo es de Castilla Y León, algunos fanáticos están obsesionados con la pertenencia de esa tierra a Galiza.No lo váis a conseguir nunca, so desgraciaos!!

12:31 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

A nosa lingua galega do Bierzo forma parte do noso patrimonio cultural, só dende León e Valladolid queren que o perdamos para que sexamos máis leoneses e casteláns e menos bercianos,irmaos dos galegos. Puxa a nosa lingua galega.

12:31 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

xornada galeguista en Vilafranca este venres 28 dende as 9.30 horas da mañá. Esperamos a vosa asistencia solidária.

12:39 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

nice post, it's really interesting for me today, thx

12:40 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home