lunes, septiembre 27, 2010

ARQUITECTURA RURAL DO BIERZO OCCIDENTAL (2ª PARTE)


ARQUITECTURA RURAL DO BIERZO OCCIDENTAL (2ª PARTE),
Xabier Lago Mestre, colectivo Fala Ceibe do Bierzo.
falaceibe@yahoo.es

AS CABANAS DAS BRAÑAS.
As brañas eran zonas de pasto de alta montaña onde pastaban os rebaños de merinas de Castela e Estremadura nos meses máis cálidos. Tamén eses pastos eran aproveitados polas veceiras de vacas ou cabalos dos pobos. Dentro da braña aparecen as cabanas con muros de pedra e teitos vexetais para resgardo dos pastores e do seu gando trashumante.

OS CORRAIS DE LOBOS.
Eran trampas para cazar lobos. Consistían en foxos no chan cubertos de ramaxe onde caían os lobos trala persecución dos lugareños. Chamábanse calechos en Asturies, callexos en Galiza ou foxos, cousos, cortellos e corráis de lobos.

Localizados en Campo da Auga, Valouta, Pereda e Teixedo de Ancares e Burbia (cortello de chao das cervas), Aira da Pedra (en Cruz de Pando).

OS HÓRREOS.
A estructura principal aséntase sobre catro cadrais ou pontois con tornaratos. Os esquinais ou cantaos con vigas verticais. Aprovéitanse para gardas froitos e cereais.
Atopamos algún deles en Vilariños, Sorbeira, Lindoso, Campo da Auga, Valouta, Suárbol, Paradaseca, Barxelas, Susañe, Vilarbón…

OS MUÍÑOS.
Atopamos este tipo de construcción no val de Burbia (Aira da Pedra, Vilar de Aceiro, Porcarizas, Burbia, Cela, Moreda…), Val de Ancares (Pereda, Candín, Teixedo, Suárbol, Valouta, Suertes…), Valcarce (Veiga de Valcarce, Ambasmestas, Outeiro, Ferrerías…), Valboa (muíño de Quintela), Val do Selmo (muíño de Oencia), Val do Seo (muíño de Quintela de Barxas), etc.

OUTRAS CONSTRUCCIÓIS RURAIS MENORES.
Referímonos ás fontes, os fornos comunais para cocer o pan (en Vilaverde hai 7 fornos públicos), os pombares das aves, as fraguas para as cabalerías, os abrevadeiros do gando vacún, os cortíns para protexer as colmeas de abellas dos lambeiros osos, os lagares para facer viños, as ermidas, as capelas, etcétera.

ANEXO DE PARTES DA CASA E MOBLERÍA.
O lar ou lareira da casa tradicional labrega refírese á actual cociña. O lume do lar quema os cepos de uces e os tollos de toxos que arden facendo chspedas ou chispelas. Mentres que as brasas remóvense co garabato ou as tenaces. Ao final quedan as brasas que se apagan en cinza e borrallo, que poden estar encesas formando o rescaldo.

Outros elementos anexos son o forno e a cheminea. A campota da lareira é un conduto piramidal que canaliza o fume do lar cara á cheminea. Mentres que a campá vaise estreitando dende a súa base ata a cheminea. O forno caseiro consiste nunha cámara onde se prende o lume e se coce o pan. Lembremos que existían na rexión berciana fornos comunais de concellos ou barrios. Do teito pende a preganza cun gancho onde colgan potes e caldeiros.

Outros utensilios son a roca para fiar polas mulleres dando lugar a fiandeiros onde se contaban historias e contos populares. Tamén había teares nalgunhas casas.

Nas cortes do gando, coñecidas en Ancares coma estrevarizas (estreva ou capa de toxo para o piso). Neste espazo tamén están os apeiros de labranza e mailo carro. Na barra, plataforma colocada á altura do muro que cobre a corte, gárdase a herba para o gando en inverno, as patacas e a leña.

Moblaxe.A arca era un baúl para gardar a roupa. A artesa servía para gardar o pan de centeo que era amasada unha vez ao mes. A paneira era o armario de madeira para gardar carne ou queixo. No galleiro colocábanse as fogazas. A lacena garda os útiles de cociña.

BIBLIOGRAFÍA.
-Félix Benito Martín: Arquitectura tradicional de Castilla y León, Junta de Castilla y León, 1998.
-J. R. Fernández González: Etnografía del Valle de Ancares, Estudio, Universidad de Santiago, 1978.
-Ramón Grande del Río: El lobo ibérico. Biología, ecología y comportamiento, Amarú, 2000.
-Pedro del Llano: Arquitectura popular en Galicia. Razón e construción, Fundación Caixa Galicia-Xerais, 2006.
-Juan Carlos Ponga Mayo y Mª Araceli Rodríguez Rodríguez: Arquitectura popular en las comarcas de Castilla y León, Junta de Castilla y León, 2000.
-Xosé Manuel Santos Díaz: Sierras de Ancares y Courel, Anaya, 2000.

O Bierzo, setembro de 2010.
www.obierzoceibe.blogspot.com
www.facebook.com/xabierlagomestre
http://www.blogoteca.com/obierzoxa
http://www.ciberirmandade.org/falaceive
www.partidodelbierzo.com

0 Comments:

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home