RELACIÓN DE TRIBUTOS SEÑORIAIS NA REXIÓN DO BIERZO (1ª PARTE).
RELACIÓN DE TRIBUTOS SEÑORIAIS RECADADOS NA REXIÓN BERCIANA (1ª PARTE),
por Xabier Lago Mestre, do colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.
por Xabier Lago Mestre, do colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.
Os labregos bercianos tiñan que pagar diversidade de tributos aos seus señores. Consideramos señores tanto os laicos coma eclesiásticos ou monásticos. Áparte deixamos á Coroa, primeiro de León e logo de Castela. Por suposto que o sistema tributario foi evolucionando pero se mantivo básicamente durante a Idade Media e Idade Moderna, ata a derrota do Antigo Réxime pola revolución liberal do século XIX.
A imposición fiscal, como non podería ser doutro xeito, foi variable ao longo dos séculos que tratamos. Ademais tamén houbo diferencias fiscais entre os diversos señoríos: laicos, eclesiásticos e monásticos. Dentro de cada espazo territorial os señores tiñan autonomía suficiente para fixar a súa política fiscal que variaba segundo meirindades, xurisdiciones e terras, e incluso entre vilas, aldeas, vilares e casais.
A clasificación da imposición fiscal que facemos non procura a sistematización senón a sinxela agrupación divulgadora. Os trabucos solariegos inciden máis no seu carácter persoal e vasalático. Os territoriais, como o seu nome indica, céntranse máis na terra ou superficie ca nos propios vasalos. Logo veñen os servizos persoais e os dereitos reais enaxenados, nestes últimos tamén non ofrecemos a integridade dos impostos xa que tamén hai deles nos apartados anteriores. Seguen as rentas de capital, as cargas da xustiza señorial e rematamos coa imposición eclesiástica, aínda que esta última necesitará un desenvolvemento posterior.
TRABUCOS SOLAREGOS:
FOROS AGRARIOS (INDIVIDUAIS OU COLECTIVOS), sobre vasalos foreiros. Dereitos do señor sobre os terreos baldíos, incultos, por romper e labrar por primeira vez.
MARTINIEGA, pagábase por San Martiño (11 de novembro) de cada ano, por terra cultivada ou por recoñecemento de señorío ou vasalaxe. Cobrabanse martiniegas na gobernación da Cabreira para os marqueses de Vilafranca do Bierzo. En 1563, “el que labrab con dos bueyes satisfacía al marqués ocho eminas y el que lo hacía con un buey, cuatro eminas (…)” (Alfonso Franco Silva, El señorío de Villafranca del Bierzo).
QUINTOS E QUARTOS, trabuco señorial pola rotura de montes, “somos muy agravyados del dicho abad (de Carracedo) que nos haze pagar quartos y quintos de lo que coxemos en las rroturas de los montes bravos e concejiles de los dichos lugares (…)” (ano 1502). “Quejándose de que les exigía el Real Monasterio de lo que sembraban y cogían en el primer año de la tierra montuosa, que habían rozado, y roto, de quatro fanegas de trigo, una, y de cinco de otro pan, otra (…)” (ano 1512).
TALLA, tributo que se impón no marquesado de Vilafranca do Bierzo na terra de Valcarce (35 maravedís por veciño), o couto de Valboa (50 maravedís) e na terra de Aguiar (45 maravedís). Estaba vinculado ao pago de touciños polos cabezas de familia e viúvas, un e medio respectivamente, segundo os padróis conservados. En relación coa talla, dicir que por tallos son coñecidos os leiros rectangulares e en pendente, e que tallón son trozos de terra plantada ou porción de terra entre sucos. Por iso pensamos que a talla tiña unha clara relación coa terra cultivada polos vasalos.
LUCTOSA, NUNCIO, pago polo dereito do vasalo a transmitir a súa propiedade agraria. Podía consistir na entrega da mellor cabeza de gando que poseíran os colonos falecidos. N aterra de Valcarce, os veciños pagan aos marqueses de Vilafranca o mellor boi ou a mellor vaca que posúan.
MAÑERÍA, o señor herda bens á morte do seu servo por carecer de sucesión (sen testar) que continúe coa explotación e siga traballando para o seu dono.
FUMAZGO, por cada fogar aberto, dereito persoal sobre o chan do casa.
ROUSUM, polo matrimonio precisábase licenza do abade de S. Pedro de Montes, ao cal compraban o seu consentimento co pago do trabuco señorial.
XANTAR (YANTAR), obriga de dar xantar e aposento ao señor nas súas visitas. En Vilarrubín pagan aos marqueses de Vilafranca un boi que poden substituír por 600 maravedís (ano 1500).
OS DEREITOS TERRITORIAIS SEÑORIAIS.
PORTÁDEGO (PORTAZGO, PONTAZGO), pago por tránsito de persoas, animais ou bens polas pontes señoriais do dominio territorial señorial. Temos o caso de Ponferrada e a súa ponte que lle deu nome á vila real. Os marqueses de Vilafranca tiñan este trabuco en Vilafranca, Ponte Domingo Flórez e Congosto. O portádego de Vilafranca cobrábase en S. Andrés, Frieira e Borreis, e reportaba 374.000 maravedís no ano 1500.
OS DEREITOS TERRITORIAIS SEÑORIAIS.
PORTÁDEGO (PORTAZGO, PONTAZGO), pago por tránsito de persoas, animais ou bens polas pontes señoriais do dominio territorial señorial. Temos o caso de Ponferrada e a súa ponte que lle deu nome á vila real. Os marqueses de Vilafranca tiñan este trabuco en Vilafranca, Ponte Domingo Flórez e Congosto. O portádego de Vilafranca cobrábase en S. Andrés, Frieira e Borreis, e reportaba 374.000 maravedís no ano 1500.
CASTELAXE, pago fiscal por pasar polo término territorial da vila ou castelo.
MOSTRENCOS, dereito señorial sobre bens perdidos e que o seu dono non aparecerá en ano e día.
A VACA DE SAN XOÁN, Na Cabreira pagaban aos marqueses de Vilafranca este trabuco por mor das crías que había nesta terra.
MONTAZGOS, dereitos derivados por usufruto de leña de montes, madeira, aproveitamento de pastos, rozas e cortas. Os marqueses de Vilafranca do Bierzo tiñan grandes ingresos por ofrecer os pastos (herbaxes) da Cabreira aos rabaños de ovellas merinas.
DEREITOS SOBRE OS RÍOS, caso da navegación coas barcas, aceñas, encoros, caneiros, pesqueiras, etc. Os pescadores de lago de Carucedo tiñan que pagar parte da súa pesca ao mosteiro de Carracedo. Cacabelos preiteou cos marqueses de Vilafranca polos dereitos de pesca no río Cúa e de caza, xa que os señores demandaban trabucos por elo. A Chancelería de Valladolid sentenciou, en 1561, a favor de Cacabelos e contra as demandas do marqués.
DEREITOS DE CAZA. Trabucos a deber por cazar en terras señoriais que se pagan na especie animal obtida. O marqués de Vilafranca impuxo cargas sobre a caza nos montes da súa gobernación da Cabreira. Carlos V, en 1527, prohibeu aos veciños cazar nos montes destes lugares.
ALMOXARAZGO (¿?). Os vasalos do mosteiro de Carracedo quéixabasen, no ano 1497, “e que asy mismo son obligados a coger un derecho que se dize el almoxarazgo segund e como los cogen los otros vasallos del dicho monasterio de los otros lugares del e aún otros de la comarca (…)”. Temos dúbidas sobre a caracterización deste chamado almoxarazgo. Existía na Coroa de Castela o imposto do almojarifazgo, que ten certa semellanza léxica, e que era de carácter aduaneiro para gravar o traslado de mercadorías entre portos. Quizais o almoxarazgo gravara o traslado de mercadorías entre pobos pero non hai certeza nesta interpretación.
DOS AGOSTOS (¿?), obriga fiscal que pagaban os veciños de Corullón aos marqueses de Vilafranca, e que consistía en 40 maravedís anuais.
O Bierzo, febreiro de 2011.
O Bierzo, febreiro de 2011.
<< Home