COÑECEMOS OS PEIXES? POR MANUEL GONZÁLEZ PRIETO.
Coñecemos os PEIXES a través das coplas de Sarmiento?
Mergullemos
entón.
por Manuel González Prieto.
Panchoces e xardas,
polbos
e abadexos,
buraces e sollos,
escachos e reos.
Catro
mans a branca
ían
os xurelos,
de
tres as xoubiñas
antonte;
que prezo!
Robalos e raias,
curuxos e meros,
Cabalas e barbos,
e
mais bucareos.
de tranchas,
moi poucas,
rodaballos menos.
lenguados a pote
airoas sen termo.
Significado e tradución ao castelán
dalgún dos peixes citados nas coplas.
Abadexo, airoa,
buraz, panchoces/xardas/buraces, reo, robalo, rodaballo, sollo e trancha
Abadexo: Peixe mariño da familia dos gádidos, de cor tirando a verde
no lombo e prateada nos costados, que vive en fondos rochosos ata os douscentos
metros de profundidade e que pode chegar a medir máis dun metro de lonxitude.
Castelán: Abadejo.
Airoa: Peixe da familia dos anguílidos (Anguilla anguilla), de corpo
longo e cilíndrico, cuberto por escamas moi pequenas e unha substancia viscosa,
co lombo negro e o ventre prateado na fase adulta, que vive nos ríos e se vai
reproducir ao mar. Castelán: Anguila.
Buraz: ollomol pequeno. Castelán: Pancho.
Panchoces, xardas e buraces: Peixe mariño de cor verde ou azul irisada con listas
verticais negras no lombo e prateada ou branca no ventre. Castelán: Caballa.
Panchoces: Son uns peixiños de barriga ancha.
Xardas: Uns peixes maiores que sardiñas e moi
saborosas.
Buraces: Creo son os panchoces e con moitas espiñas.
(Martín Sarmiento
(1746-1770): Colección de voces y frases de la lengua gallega; J.L. Pensado
Tomé; 1970)
Reo: Peixe de cor prateada ou castaña con pintas negras, que nace
nos ríos de augas claras e frescas, onde vive os primeiros anos, logo baixa ao
mar, e torna ao río onde naceu para desovar. Castelán: Reo.
Robalo: Robaliza grande. Peixe mariño de corpo alongado, cor gris
prateada, máis escura no lombo, con dúas aletas dorsais, moi voraz e de carne
moi apreciada que pode chegar a medir un metro e a pesar doce quilos. Castelán:
Lubina.
Rodaballo:
Peixe mariño de corpo aplanado case circular, sen escamas e
cuberto de tubérculos óseos, ollos no lado esquerdo da cabeza e cor xeralmente
castaña agrisada ou verdosa con puntos amarelos ou negros por arriba e
abrancazado por abaixo. Castelán: Rodaballo.
Sollo: 1.Peixe mariño de grandes dimensións e peso, corpo e fociño
alongados e placas óseas facendo de escamas, que nace nos ríos e é moi
apreciado polas súas ovas, coas que se elabora o caviar. Moi abundante en
Galicia, hoxe en día case extinguido. Castelán: Esturión. 2. Peixe mariño duns sesenta centímetros de lonxitude,
corpo romboidal, ollos sobre o lado esquerdo da cabeza, pel con escamas
cicloides, de cor castaña clara ou verdosa. Castelán: Solla.
Trancha: Peixe duns quince centímetros e cor azulada no lombo e
prateada no ventre, que ten as escamas da zona ventral dispostas a modo de
quilla. Castelán: Espadín.
http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home