miércoles, septiembre 03, 2014

OUTRA ESCRITA DE MANUEL GONZÁLEZ PRIETO


OS DEDOS DAS MANS E AS DEDAS DOS PÉS”

por Manuel González Prieto.
EN GALEGO!!!!

“Catro mans e catro pés”
“Cinco dedos cada man, cinco dedas cada pé”
“Nas dúas mans eu conto dez”
“Espello dos dedos das mans, son as dedas dos pés”



XOGAMOS?
“Un, dous, por cinco fan dez;
 fago novamente o cálculo e sumo,
o resultado son dúas mans e dous pés”
.................


Si o polgar é moi gordecho,
o maimiño é o pequecho;
os dous arriba,  boca orella
ruxerruxe: TELÉFONOOOOO!!!!
-Dígame, quen chama?



Índice de novo arriba,
reprimenda da mentira,
dereitiño a algún dos ollos
dirixido o furabolos.


Ola, preséntome: son nipoa,
catro arriba das dúas mans
festexamos “CAMPIÓÓÓÓNS”;
os cordiais e os furabolos.


Chámanlle da cordialidade,
o medio seu lugar;
útil de levantar
amosa certo cabreo.


Desprovistos de destreza
o sobriño e o maimiño
axudantes dos demais,
de andares vagariño.

O BIERZO, SETEMBRO DE 2014.

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

0 Comments:

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home