ESCRITO DE MANUEL GONZÁLEZ PRIETO.
TRES CONVERSAS DE IDA E VOLTA,
por Manuel González Prieto.--------------------------------
Tres conversas de ida e volta
Tres períodos, tres circunstancias e tres mozos nesta ocasión.
“ Fala, xente e cantares”
Sarmiento, Morales e Manu.
………….
Ei che a ti de contar. Pregunta e resposta, ausencias. Os nosos cantares calados.
Agora pois vamos
decindo nos versos,
que cousas falaron,
que cousas dixeron.
Non falaréin aiquí ahora,
nin d´ o caldo pra xantar,
nin d´ os ganzos pra alumar,
nin d´ ö demáis, porque fora
cóusa de nunca acabar.
Máis dun século e medio foi calada
a túa nosa parolada,
sen mediar mentira amosaches
fiandóns, magostos e paraxes,
a costume inqueda alada.
As nosas xentes. En troques os tempos mudaron meus ben queridos amigos.Antes chegaban agora liscan.
Xentío? Si, muito,
que temos con eso?,
cando hai aforcado
non sucede o mesmo?
De galeguiñas con megos
e de robustos galegos
chegan cuadrillas a villa,
todos obedientes cegos
o cachicán d´ a cuadrilla.
Parten mozos desde a vila
man abaixo, man arriba
rumbo a ningunha parte,
disque non teñen maneira
de se gañar a vida con dignidade.
Canta ti que sabes. Fronte a adversidade paciencia. Bótalle un grolo!
Cantos maloutáns,
cantos lacoeiros,
cantos polainudos,
e máis manteigueiros!
Máis, pois túas áurea eu non respiro
´n esta ocasión,
nin os encantos d´ o Bierzo admiro,
déixa que lance por ti un suspiro
méu corazón.
Ben querido amigo, stop!
un gotín a rentes do camiño,
falangueiro bo orador
e turre a fala paseniño.
Ben querido amigo, adiante!
O Bierzo, agosto 2014.
http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home