sábado, agosto 23, 2014

NOVO ESCRITO DE MANUEL GONZÁLEZ PRIETO


“A TERRA E O CARÁCTER DAS SÚAS XENTES”

por Manuel González Prieto.
-------------------------
Discurso apoiado nos poemas de Fernández y Morales.
(Terra combativa, terra solidaria, terra vigorosa, terra robusta, terra de duras ceifas, terra que converxe nunha soa dirección, terra con dereitos lingüísticos é terra que non cala)
Terra combativa; desde o punto máis céntrico do mesmo corazón unimos a nosa voz na reivindicación do noso pobo a ser e decidir.
Terra solidaria; apoiamos ás súas xentes que co seu exemplo dan leccións de honestidade, desa honestidade que sempre caracterizou o espírito dos veciños e veciñas de ben.



Dérame o Cielo pe d´ aquel rio
ver o arrebol
d´ os dias nacientes d´ o grato estío,
é cual refracta sobre o rocío
sua luz o sol.
(...)
Dérame o Cielo d´ esas túas fontes
ver o raudal
como serpea ô pe d´ os montes,
é cual se pintan os horizontes
´n o séu cristal.

 Terra vigorosa. É fundamental a unión das persoas coa terra, a montaña é corazón, a montaña é alicerce.
Terra robusta. Cadeas montañosas unidas por un elo vigoroso e indestrutíbel para formaren un escudo forte construído co esforzo das súas xentes.



Aquestes gigantes montes
Q´ a cresta esconden ´n o Cielo,
Amenguan os horizontes,
é manan d´ éles mil fontes
q´ as presas forman d´ o suelo

Terra de duras ceifas, terra de campesiños e campesiñas, terra de castañas e cereixas, terra na que encher o bandullo sexa unha cuestión comunitaria.
Terra que converxe nunha soa dirección e nun só bloque, terra que camiña xunta.
As mais pobres se contentan
con levar o campo un mego
de castañas, é de viño
un calabazo ben cheo.
(...)

Pra facer boca, un gotin
cada cual bebe priméiro
sin que náide a calabaza
toque c´ os morros, póis esto
fora unha mala crianza,
é son ben criáos ´n o Bierzo.

Terra con dereitos lingüísticos. Con dereito a ser educada na lingua na que se comunicaron os seus habitantes con normalidade durante moitos séculos, a lingua galega.
Terra que non cala, responde a tal falcatruada e fachendosa de seu disque di ter “honores de Ciudá”. A fachenda.


Non déixes d´ ir á esta villa
franca, garrida, sencilla,
c´ os honores de Ciudá,
que de dous rios ´n a orilla
é ´n un val clavada está.

Terra de poetas e cantores unidos nun mesmo cantar. Todos, cada un ao seu xeito, sentiron e cantaron, sufriron as súas penalidades, expresaron os seus soños e déronlle voz ás aspiracións das súas xentes. Fernández y Morales convídanos a participar do “Fiandón d´a Aldea”. Despois de tanto cantar e bailar, nun acto de sinceridade o poeta revive os seus recordos e canta deste xeito:

Farto ya  d´ o meu lugar
déume un tempo por viaxar
á Madrid, mais presto idea
déume outra vez de trocar
á Madrí por miña aldea.
(...)

O postre me decidín,
é sin traballo ningun
da Babilonia salín
á lombos d´ un burro ruin,
é por esas terras fun.
(...)

Mais como o meu rúcio fiel
era o pobriño tan ruin,
ö levaba no camin,
unhas veces eu á el,
óutras veces él á min.
(...)

Así as Castillas crucéin
y ô  fin d´a vella, un xardin,
que chaman Bierzo, atopéin,
é díxen logo pra min:
estas terras me convéin.



Terra de lampantíns; non te fíes muller, palabra de berciano. Escoita o porqué:

Cuando acaban de berrar,
enmaráñanse con élas;
mais élas, pra se librar,
fuxindo téin que tirar
os cestos ´n as suas canelas.
…………………

Adaptación da intervención de Manuel González Prieto no recital poético na Festa da Chuvia, organizada no pobo de Órreos, O Caurel, ano 2014.

En agradecemento a Pilar e Pedro, veciños do Courel; ambos demostran a teimosa honradez dunha verdade sentida. Honestidade, traballo e valorosidade.

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es