miércoles, octubre 08, 2014

QUEREN ELIMINAR O GALEGO DA EOI DE PONFERRADA.


AGORA QUEREN ELIMINAR O GALEGONA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE PONFERRADA,

Polo colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.

Comeza o curso escolar na rexión do Bierzo e reaparecen os problemas co ensino do galego. De novo xorden as denuncias da comunidade escolar sobre a aprendizaxe deste idioma. Nesta ocasión, o alunado de galego da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada nos comunica a intención de suprimir o ensino desta lingua no primeiro curso. Tamén nos anuncian que se pretende non ofertar primeiro de portugués e que non se nomeou aínda o profesor de galego. 

A pesares de haber alunado abondo para impartir o primeiro curso de galego na EOI non se lles garantan as clases neste idioma durante o novo curso 2014-15. De novo os recurtes presupuestarios da Junta de Castela e León están detrás da pretensión de suprimir a oferta de lingua galega. Este mesmo razonamento institucional xa foi alegado para eliminar este idioma no instituto Europa de Ponferrada o curso pasado. Lembremos que finalmente a Dirección Provincial de Educación de León, trala presión social, acetou recuperar o ensino do galego no dito instituto. Por iso, agardamoss que as actuais protestas educativas fagan recapacitar á Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada para que retome a oferta de galego como nos cursos anteriores.



O colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo denuncia, outro curso máis, os problemas sucesivos que ten o ensino da lingua galega. Non é normal que a comunidade escolar berciana teña que aturar estes continuos atrancos institucionais na aprendizaxe deste idioma. Porque coidamos que esta problemática antigalega só causa desmotivación e desconfianza respecto ao ensino deste idioma por parte dos potenciais demandantes. Tódolos anos temos recibido numerosas queixas cidadáns verbo do ensino do galego. Así pois, a ineficacia neste tema da administración educativa é incuestionábel. Ben se pode dicir que a repetición de diversas limitaciois ao ensino do galego deriva dunha política educativa arbitraria con este idioma.

REMESA DE CARTAS-QUEIXA ÁS INSTITUCIOIS POLÍTICAS.

Por todo o comentado, dirixímonos coas nosas cartas ao Procurador do Común de Castela e León e mailo Valedor do Pobo Galego para que inicien os respectivos expedientes informativos sobre esta problemática educativa relacionada co galego. Outro tanto faremos cos partidos políticos representados tanto nas Cortes de Castela e León coma no Parlamento Galego para que saiban deste conflito escolar e debatan sobre a súa posíbel solución definitiva. 


O GALEGO NO PROTOCOLO INTERAUTONÓMICO.

Cómpre recuperar o debate político entre a Junta de Castela e León e maila Xunta de Galicia para normalizar o ensino do galego na rexión do Bierzo. Visto o visto, queda claro que a aprendizaxe deste idioma segue tendo moitos problemas sen resolver. Publicitouse a futura sinatura dun Protocolo de Colaboración interautonómico entre a Junta de Castela e León e maila Xunta de Galicia no relativo a diversas políticas comúns (comunicaciois, fogos forestais, sanidade, turismo, etc). Pois bien, demandamos que neste dito Protocolo o tema do ensino do galego teña un importante contido para superar os actuais e futuros problemas. 



E para acadarmos isto hai que partir da premisa principal de que o galego do Bierzo é unha especificidade lingüística que merece toda a proteción institucional. Neste senso non se pode discriminar máis  á lingua propia e tradicional da rexión do Bierzo occidental, o galego, fronte aos idiomas esxtranxeiros, sexa inglés, alemán ou francés. Resulta claro que a lingua galega, minorizada durante séculos polas instituciois, xoga en desvantaxa por ter falantes maiores, menor demanda educativa, reducidos contextos sociolingüísticos, etc. Sen embargo, o galego vén potenciado pola influencia de Galicia e Portugal. Nestes dous territorios o galego é necesario para continuar os estudos universitarios, para optar por un emprego noss sectores público ou privado, ou emprender relaciois comerciais foráneas. Teimamos en que esta peculiaridade lingüística do galego no Bierzo debe ser respetada pola administración educativa á hora de fomentar a súa  aprendizaxe sen os actuais atrancos. A Junta de Castela e León non pode uniformizar o ensino de idiomas na Comunidade Autónoma eliminando o galego na EOI de Ponferrada. 

Ponferrada, 8 de outubre de 2014.
www.obierzoceibe.blogspot.com


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

Etiquetas: , , ,