miércoles, octubre 08, 2014

ROMARÍA DA VIRGEN DEL CAMINO DE LEÓN.


ROMARÍA DA VIRGEN DEL CAMINO EN LEÓN,

por Fala Ceibe do Bierzo.
falaceibe@yahoo.es

Había moito tempo que non iamos á romaría da Virgen del Camino de León. Esta romaría posiblemente sexa unha das máis multitudinarias, ademais da Virxe de Catrotierra, preto de La Bañeza. En fin, que xa había gañas de voltar para desfrutar deste acontecemento relixioso e etnográfico. 

Partimos no bus de Alsa de Ponferrada para dirixirmos ao pobo da Virgen del Camino, pertencente ao concello de Valverde del Camino, moi cerca xa da cidade de León. Todas estas poboacióis están no Camín de Santiago. Mentres cavilamos nestes datos subimos o porto do Manzanal. Comentamos a última demanda do partido rexionalista do Bierzo que pide que os pobos de Manzanal, Montealegre e maila Silva sexan incorporados á rexión do Bierzo. Tarsicio Carballo pide que sexa o Consello Comarcal do Bierzo quen demande a segregación do concello de Brañuelas. Este debate formar parte dos problemas territoriais e históricos da nosa rexión. 



Baixamos para a chaira leonesa, o tempo xorde nubrado, e os carteis da estrada anuncian xa Astorga. Nesta cidade soben moitos viaxeiros, case que todos con destino apra a romaría da Virgen del Camino. No resto de paradas o bus segue recollendo viaxeiros peregrinos ata ateigar os asentos. Na entrada do pobo da Virgen del Camino atopamos as ringleiras de automóbeis e autobuses. Segundo comentan hai moitos asturianos e leoneses.

Por fin baixamos do bus e botamos a camiñar para o santurario. Atopamos a estrada principal tomada polos chamados carros engaiolados que forman unha longa ringleira. Segundo avanzamos as beirarrúas están cheas de vendedores de todo tipo. Roupa deportiva e interior para mulleres, abalorios, pans, doces, froitos secos do tempo (avelás, noces...). Neste día véndese moito froito seco, coñecidos como os perdois, grazas a eles podes conseguir o perdón dos teus pecados segundo a tradición popular.


Por fin estamos xunta ao santurario. Moita xente intenta entrar no recinto relixioso que se amosa ateigado de fieis. Case todos eles queren tirar do nariz ao San Froilán e tocar o manto da Virgen del Camino. Estas pequenas accióis populares din que son moi benefeitoras. Nós aproveitamos para facer fotos deste novo edificio relixioso de formas rectilíneas. Salientan as esculturas de ferro da fachada.

A inauguración deste santuario tivo lugar o 5 de setembro do ano 1961. Curiosamente, neses anos do réxime franquista finalizaron as obras de moitas outras igrexas, casos de San Ignacio e San Pedro de Ponferrada. Aínda hoxe hai moitas desputas sobre as bondades do vello santuario fronte ao actual. Curioso resulta destacar que o santuario de hoxe foi patrocinado por un empresario e indiano Pablo Díez, fabricante de cervexa en México. Como din a nivel popular, "Díez impuxo e León acatou", en todo o relacionado co derribo do vello santuario e a contrución do novo edificio vangardista. Coméntannos tamén que o matrimonio indiano, patrocinador do santuario, tivo como previlexio ocupar os dous únicos reclinatorios do día da inauguración do novo templo. Outros fieis máis vellos aínda lembran as visitas do Xeneral Franco baixo palio.



Saímos do santuario para visitar a parte traseira. Eiquí hai un amplo espazo onde se concentran os fieis e tamén descansan os pendois que representan a moitos pobos de León, e tamén do Bierzo. A ámbolos dous lados do improvisado altar exterior forman os pendois que representan os pobos do vello reino de León. Lembremos que a Virgen del Camino ten o título de patrona do reino de León. Cando desfrutamos do colorido de tantos pendois recordamos a anterior romaría da Virxe de Castrotierra, onde tamén se demostrou a forza e orgullo dos pobos presentes.



Paseando entre a multitude de romeriros vemos os tambores e gaitas dunha agrupación do concello berciano de Fabeiro. Igualmente, entre os moitos pendois atopamos no alto dun deles a bandeira pequena do Bierzo, de seguro que este non foi o único da nosa rexión. Parécenos acertado facer concentraciois de pendois para estimular o orgullo dos pobos polos seus símbolos locais e fomentar a solidariedade festivaleira e vindicativa. Agardemos que se faga o mesmo na nosa rexión do Bierzo.

O Bierzo, outubro de 2014.
WWW.OBIERZOCEIBE.BLOGSPOT.COM
http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

0 Comments:

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home